O pasado venres 22 o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria participou nunha xornada de natación na Piscina Municipal de Xinzo de Limia.
No mes de marzo os/as nadadores/as con mellores tempos que así o desexen participarán na fase comarcal desta disciplina.
27/2/19
21/2/19
Compadres!!!
Xoves de Compadres no CEIP Rosalía.
Como ven sendo costume o alumnado de 1º, 2º e 3º de Primaria correron cos compadres no patio.
Actividade que lles encanta e na que poñen toda a súa enerxía...
Con estas imaxes sobran as palabras...
Como ven sendo costume o alumnado de 1º, 2º e 3º de Primaria correron cos compadres no patio.
Actividade que lles encanta e na que poñen toda a súa enerxía...
Con estas imaxes sobran as palabras...
Día internacional da Lingua Materna
O Día Internacional da Lingua Materna foi proclamado pola Conferencia Xeral da UNESCO en novembro de 1999 e celébrase anualmente dende o 21 de febreiro de 2000 cos obxectivos de promover o plurilingüismo e a diversidade cultural.
A Xunta de Galicia e a Rede de Dinamización Lingüística veñen sumándose nos últimos anos a esta celebración, contextualizándoa na nosa comunidade e orientándoa á promoción e transmisión da lingua galega.
Co gallo do Día Internacional da Lingua Materna, o galego foi protagonista por primeira vez na historia dunha comunicación da ONU. Fernand de Varennes, relator especial para as minorías da Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos, aproveitou esta conmemoración para difundir unha declaración oficial en 27 idiomas entre os que, por primeira vez, o de Galicia tamén está incluído.
“É a primeira vez que unha declaración da ONU está en galego”, destaca A Mesa pola Normalización Lingüística sobre un documento no que o relator das Nacións Unidas destaca que a lingua “é, para moitas persoas, un dos principais marcadores do centro da súa identidade, e a súa dimensión é un trazo humano único que se debe asumir e celebrar".
https://praza.gal/movementos-sociais/a-onu-por-primeira-vez-en-galego-fuxamos-da-idea-de-que-os-estados-deben-ter-so-unha-linguahttps://www.lavozdegalicia.es/noticia/lavozdelaescuela/2018/02/21/dia-internacional-lengua-materna/0003_201802SE21P1991.htm
15/2/19
Oliñas veñen..... Oliñas van !!
Día de entrenamento para o vindeiro domingo oleiro..... Grazas a Adriana tivemos unha ola hoxe no recreo do comedor... e ... a facer canteira! Explicáronos cal é a orixe deste dia e o porque das olas. O relevo xeracional está garantido!
14/2/19
Eu son Rosalía
A vindeira semana celebraremos o Día de Rosalía. Xa se están argallando polas aulas, na biblioteca, polos corredores... accións, actividades. Aquí tedes dous enlaces para ler poemas de Rosalía de Castro e saber da proposta que nos fai a AELG.
13/2/19
Día Mundial da Radio
Celébrase cada 13 de febreiro para homenaxear o nacemento de Radio Nacións Unidas (1946).
En algúns Ceip(s) teñen incorporada esta actividade. No noso, aínda que a solicitamos este curso, non fomos un dos centros ó que lla concederon.
Velaquí algúns enlaces do que se está a facer:
No CEIP Plurilingüe de Covas en Viveiro os
nenos e nenas de 5º de primaria grabaron o primero programa sobre os Dereitos
Humanos para conmemorar o Día MUNDIAL DA Radio. Queredes escoitalos?
Na Biblioteca do CEIP de Celeiro acabamos de
rematar o programa conmemorativo para a celebración do Día Mundial da Radio.
Podemos velo no seguinte enlace
DÍA MUNDIAL DA RADIO 2019: 13 DE FEBREIRO
O pasado luns 4 de febreiro tivemos o
obradoiro de Radio Escolar coa Asociación Cultural e Pedagóxica "Ponte...
nas Ondas". Foi todo un éxito, onde aprendemos un montón e elaboramos o
noso primeiro programa de radio.
No seguinte enlace podedes ver o programa e
algunha foto do obradoiro.
Leo, o coello que veu de San Pedro de Laroá
Desde o martes da semana pasada, 5 de febreiro temos un novo animal no Ceip. Esta vez veu desde Laroá. Tróixonolo a nai de Hugo e Lucas, Manoli. Moitas grazas!!!
Está nun dos patios interiores; onde temos a mesa de tenis de mesa. Nos recreos sacámolo para o patio e case non hai un oco para facerlle unha foto; moitas mans para tocarlle, darlle de comer...
É xa un hábito termos algún coelliño no segundo trimestre e, desde o curso pasado, tamén poñer a incubadora e poder facer o seguimento do nacemento dalgunhas aves no terceiro, cando xa o tempo axude máis.
Velaquí un enlace sobre as posibilidades educativas e terapéuticas dos animaisa así como dos seus beneficios na nosa sociedade.
11/2/19
Por que o teu profesor do futuro non vai ser un robot (pero si terá que empregar un)
A intelixencia artificial entra no terreo da educación
O poder das apertas

Na véspera do día en que naceu en 1809 Charles Darwin, autor da teoría sobre a evolución das especies, velaquí algo que todas as persoas sabemos, experimentamos: o poder das apertas, dos abrazos.
Amar, aceptar, tanquilizar...
Seguridade, estabilidade, protección...
Amparo, coidado, conexión...
Enerxía, fraternidade...
Provincial campo a través
Xornada de carreiras en Monterrei o pasado sábado. Moi boas sensacións e resultados aínda que este ano con participación moi escasa. Esperamos que nos vindeiros anos aumente a participación tanto nos campionatos comarcais coma no provincial e non se perdan este tipo de competicións tan bonitas.
5/2/19
Visita da Conselleira de Educación e outras autoridades
Nesta xornada de martes 5 de febreiro tivemos no Ceip á Conselleira de Educación, Carmen Pomar, acompañada doutras autoridades autonómicas, provinciais e locais como a Delegada Marisol Díaz e a Xefa Territorial de Educación en Ourense, o Inspector, o Alcalde e Concelleiros de Xinzo.
Xa estiveran no Ceip Carlos Casares e aquí, despois de estar no edificio administrativo, deron unha volta polo Centro, visitando algunhas aulas, a cociña ... e tamén a biblioteca onde estaba Sonia léndolle un conto ó alumnado de primeiro.
Velaquí dous enlaces para ler máis sobre a visita.
4/2/19
Concepción Arenal, pioneira do feminismo
Tal día coma hoxe, 4 de febreiro de 1893 morre en Vigo a escritora, avogada e pioneira do femininismo, Concepción Arenal, primeira muller que recibiu o cargo de visitadora de cárceres femininas (unha das súas frases máis famosas foi “Odia o delito e compadece ó delincuente”) e voz de moitas mulleres que a finais do século XIX apenas tiñan dereitos.
1/2/19
O casamento dos paxariños
O día 2 de febreiro, véspera do San Brais, di a tradición galega que é
o día que casan os paxariños.
Estamos ante unha das festas do
ciclo da invernía, que ten lugar xusto na metade do inverno e que prepara a inminente chegada da
primavera e, con ela, o renacer da natureza. Coa cristianización, que absorbeu
canta celebración puido, convertiuse na Candeloria e traduciuse no costume de
acender candeas. Coincide tamén coa celebración celta do Imbolc, tamén
vencellada ao lume, que en Irlanda foi cristianizado como o Día de Santa
Bríxida.
Este día sinala o retorno das
aves migratorias e os cortexos que preludian o renacer da primavera. “É unha data
dedicada ao amor e á fecundidade, os paxaros serven como referencia de
observación da natureza e como obxectos de construción simbólica”, segundo
sinala o antropólogo Rafael Quintía, presidente da Sociedade Antropolóxica
Galega.
Desde algúns blogs mesmo se
defende que o día 2 debería ser a data do amor romántico na nosa cultura. O
noso refraneiro popular tamén lembra que “a partir da Candeloria, ningunha ave
voa soa”. E o antropólogo Anxo Rosales ten documentado un exemplo máis
dramático desta tradición en Santa Mariña de Covelo (Pontevedra), onde aínda se
di que “o paxariño que non consiga compañeiro neste día, suicídase”.
Do mesmo xeito, Rosales lembra
que Murguía, ademais doutros estudosos, ten rexistrado o costume de ceibar
pombas por parte dos nenos o día da Candeloria na misa que se dedicaba á virxe
en Compostela.
Como previsión meteorolóxica
A Candeloria tamén serve para
anunciar a chegada máis ou menos próxima da primavera: “Cando a Candeloria
chora, o inverno xa vai fóra; cando a Candeloria ri, o inverno está por vir”. É
o mesmo concepto que o Día da Marmota estadounidense, cando este animal prevé a
chegada inminente da nova estación (ou non). Noutras culturas, como a francesa,
é un oso que sae do seu tobo, sinala Rosales.
En Sorbia, unha festa viva
Os sorbios, unha minoría cultural
e lingüística en Alemaña, celebran o 'Vogelhochzeit' (Casamento dos paxariños)
o 26 de xaneiro. Ese día os nenos póñenlle pratos con comida e lambonadas
típicas para os paxaros e nas escolas celébrano con cantos e outras actividades.
Mentres, en Galiza é unha
tradición que aínda segue viva na memoria sobre todo do rural, pero que se non
se actualiza corre o perigo de desaparecer ao igual que outras moitos costumes
e lendas.
29/1/19
Día escolar da Paz e a Non violencia
Celebramos, como cada 30 de xaneiro, o día escolar da paz e a non violencia.
Desde 1964, o día 30 de xaneiro conmemórase nas aulas o Día Escolar da Nonviolencia e da Paz. Foi nese mesmo día cando, en 1948, Mohandas Karamchand (“Mahatma”) Gandhi –líder espiritual dun dos movementos anticoloniais máis pacíficos e de máis impacto na historia do mundo moderno– morreu asasinado no seu país natal da India. Celébrase nas escolas o día desa tráxica perda para que as novas xeracións nunca esquezan que a única maneira de lle poñer fin non só a actos tan violentos como os asasinatos ou o colonialismo, senón a calquera acto de violencia, é mediante a educación. (Documento Nova Escola Galega)
No Ceip Rosalía de Castro traballamos a partires dunha actividade que nos propuxeron as compañeiras do Equipo de Convivencia. Aquí tedes unha mostra do feito estes días por este motivo. Parabéns artistas!
Desde 1964, o día 30 de xaneiro conmemórase nas aulas o Día Escolar da Nonviolencia e da Paz. Foi nese mesmo día cando, en 1948, Mohandas Karamchand (“Mahatma”) Gandhi –líder espiritual dun dos movementos anticoloniais máis pacíficos e de máis impacto na historia do mundo moderno– morreu asasinado no seu país natal da India. Celébrase nas escolas o día desa tráxica perda para que as novas xeracións nunca esquezan que a única maneira de lle poñer fin non só a actos tan violentos como os asasinatos ou o colonialismo, senón a calquera acto de violencia, é mediante a educación. (Documento Nova Escola Galega)
No Ceip Rosalía de Castro traballamos a partires dunha actividade que nos propuxeron as compañeiras do Equipo de Convivencia. Aquí tedes unha mostra do feito estes días por este motivo. Parabéns artistas!
Enlaces a materiais do Grupo de Educador@s pola paz (NEG)
http://www.nova-escola-galega.org/WebDefault.aspx?MenuInd=4&MenuId=169&Lng=&tl=0
| Documentos | ![]() |
Suscribirse a:
Entradas (Atom)






































