6/6/19

Apagamos a incubadora

O día 5 de abril puxeramos en marcha a incubadora que temos no Centro; cada día fomos metendo ovos de kikas, galiñas de varias razas, pato mudo, pato indio, faisán, oca, galiña de Guinea, perdiz e pavo real. Non nos naceu ningún exemplar de pato mudo, de galiñola ou pita de Guinea e de pavo real; si de todo o demais.
 Consideramos así e todo que tivemos unha tasa grande de nacementos, algunha baixa e gozamos deste proceso que ocorre dentro do ovo e que temos recreado con fotos colocadas na incubadora día a día. Aquí poñemos un vídeo con ese mesmo proceso.

O luns 3 de xuño baixamos os últimos ovos das bandexas á espera de que nazan nos próximos 2 ou 3 días. E o 6 (dous meses despois da posta en marcha) apagamos e limpamos/desinfectamos a parte de abaixo da incubadora.
Moitos dos que naceron (máis de 50) xa os foron levando o alumnado, profesorado... Outros baixámolos para o espazo que habilitamos no patio, no recuncho que antes ocupaba o depósito de gas; os máis noviños aínda seguen dentro.   

Viaxe fin de curso a Asturias

Catro días de aventura, vistas e convivencia. Oviedo, Colombres, Carbárceno, o MUJA, .... e tantas e tantas cousas vividas.... Un recordo imborrable !!! 

5/6/19

Os de 1ª de primaria en Marcelle


Onte, 3 de xuño, os nenos e nenas de primeiro de primaria visitaron o zoo de Marcelle en Lugo. Cóntanos Sonia Y. que o día apareceu anubrado mais eso non lles quitou as ganas de divertirse. Viron moitos animais, entre eles osos pardos, lobos, avestruces, monos, suricatas... Pasaron un día fenomenal! 

Letras Galegas 2019

Este ano está adicado a Antonio Fraguas. Co material que publicou o Seminario Galán, preparamos un taboleiro.




A parte de pasalo moi ben, aprendimos moitas cousas de Antonio Fraguas.

 Materiais Antonio Fraguas

Adiviña con...( mímica ou son)

Outro xogo para pasalo moi ben. É moi fácil, so hai que tirar o dado, levar  o EscornaRá ata a casiña e levantar a carta da cor do mazo correspondente.




As paisaxes

Para avaliar os coñecementos, dun xeito lúdico, traballados no proxecto "Imos de excursión!", creamos  unha plantilla coas distintas paisaxes. Como o facemos? Pois, moi sinxelo, tiramos o dado e levamos a nosa EscornaRá ata a casiña onde se ve unha imaxe. Os nenos e nenas teñen que dicir todo o que aprenderon sobre ela. A que é divertido!!!!

Materiais A paisaxe

Aproxima á decena

Seguimos xogando coa nosa EscornaRá, esta vez traballando coas matemáticas. Neste xogo os nenos de 2º teñen que aproximar á decena.
É moi sinxelo. Hai que levantar unha tarxeta dun mazo de cartas, ler o número e dicir a que decena se aproxima. O seguinte é mover a ra polo noso taboleiro.
Material aproxima á decena
Material aproxima á decena 100-200

3/6/19

Datas voz natura: Xuño

Sen plásticos


Día 5: Día mundial do Medio Ambiente
Día 8: Día Mundial dos Océanos
Día 12: Día Mundial da descontaminación acústica
Día 15: Día Mundial do vento
Día 17: Día Mundial contra a desertificación e a seca
Día 21: Día Mundial do Sol
Día 24: Día Mundial contra a contaminación electromagnética

Os maiores de infantil en Monforte

   Excursión a Monforte: visita ó Museo do Ferrocarril, subida á torre da Homenaxe e comida no parque dos Escolapios. Regreso en tren de Monforte a Ourense. Ah!!! e de sobremesa, para refrescarse, uns ricos xeados.

24/5/19

Aprendendo ó aire libre


No patio, na horta, na rúa, no parque... nas moitas saídas que cada semana facemos: sempre aprendendo e mellor ó aire libre. Aquí temos ó alumnado de 6º de ed. Infantil na horta e no espazo onde están algúns dos animais que baixamos estes días da incubadora: ocas, pato indio, pavos e poliños.

Esta semana, o día 23 de maio, celebrouse o Día das clases ó aire libre. E o alumnado de 4º de Ed. Infantil estivo en Lodoselo; velaquí un enlace á web do CDR O Viso onde os podemos ver amasando e preparando a fornada de pan no forno comunitario, dando un paseo no carro que tira o burro Fariñeiro, no recuncho do "Carballo con Botas", cos patos, poliños, coellos, ovellas...

23/5/19

I Certame de fotografía





Exposición I certame de fotografía "Así è a miña vila así é a miña xente".

 Aberta dende o luns 20 de maio ata o venres 30 de maio no hall do colexio.


Celanova: Poetas, Arte e Música.

Este pasado mércores, 22 de Maio, os/as alumnos/as de terceiro ciclo do CEIP “Rosalía de Castro” de Xinzo de Limia fomos de excursión a Celanova onde visitamos a Casa Museo do poeta Curros Enríquez, a Capela Mozárabe de San Miguel e o Mosteiro de San Salvador, onde participamos no “X Ciclo de Concertos Didácticos de Órgano”, no cal a profesora de Órgano do Conservatorio de Ourense, Marisol Mendive, nos explicou o segredos deste espectacular instrumento.
O que máis nos gustou foi tocar dúas pezas coa frauta acompañados polo órgano, intepretadas polo alumnado de quinto e sexto coa frauta e por Marisol Mendive e o noso profe de Música co órgano. Tocamos o “Vals dos Vellos”, un vals tradicional da música galega, e “A Herba de Namorar”, do grupo Luar na Lubre.
Foi unha experiencia extraordinaria poder participar nun concerto de frauta e órgano. Grazas Pablo. 

21/5/19

Todo preparado para termos o galiñeiro coas aves que están nacendo na incubadora









E velaquí a transformación das gaiolas... Moita man de obra, algunha máis especializada que outra: grazas a tod@s os que participaron; tamén a Fran.
E seguimos gozando, día a día do nacemento de aves (porque ademais de diferentes razas de galiña, tamén naceron ocas, pavo común, este pato indio... e estamos agardando por máis galiñas (cruces de araucana, kikas, moñuda holandesa, barmeverdel ),  faisáns, perdices e pavo real.
Nesta semana agardamos poder ir baixándoos para estas gaiolas. 

Contos populares, patrimonio inmaterial galego e A. Fraguas


Na xornada deste mates 21 de maio o alumnado de 2º, 3º e 4º de Primaria estivemos na Casa de Cultura de Xinzo para gozar cun Contacontos Musicado. Os artistas foron Charo Pita e Xoan Curiel que baixo o título " Canta miña pedra, canta" nos agasallaron cun espectáculo que xira ao redor de relatos populares e cancións de Antonio Fraguas. A actividade, cun custe de 5 €, levaba incorporada a entrega a cada participante no acto dun exemplar de  " O fillo do rei e outros contos populares" de Maruxa Barrio e Henrique Harguindey  (ed. Galaxia). 

15/5/19

Seguimos celebrando o Día das Letras

Hoxe e todos os días.


A poesía invade as rúas de Xinzo para celebrar o día das letras


 O alumnado dos institutos e colexios da vila pintou nos pasos de peóns versos de escritores da comarca para conmemorar o día das Letras Galegas deste ano.
 Por Beatriz G. Caneda | Xinzo de Limia | 15/05/2019 |
 O alumnado dos centros de primaria e secundaria de Xinzo de Limia saíu este mércores 15 de maio á rúa co obxectivo de "poetizar a vila". A iniciativa, que consistiu en escribir versos de autores da comarca nos pasos de peóns da capital limiá, parte dos departamentos de Dinamización Lingüística dos centros educativos da vila.
 O alumnado dos centros de Xinzo 'poetiza' as rúas da vila  En total "poetizáronse" 12 pasos de peóns, os dous máis próximos aos centros de primaria e outros dez nunha das rúas principais. Os versos foron elixidos polo profesorado atendendo a que tivesen un sentido completo e fixeran referencia á comarca con topónimos ou xentilicios. Os poetas seleccionados teñen un forte vínculo coa comarca e entre eles atópanse Xabier XiI Xardón ou Chus Pato.
 O obxectivo do proxecto é "crear un sentimento identitario respecto á lingua e á comarca a través das palabras de autores próximos" explicou Asun Caneda, profesora e integrante do equipo de Dinamización Lingüística do IES Cidade de Antioquía. "Intentamos buscar un sentido identitario nos versos a través de topónimos como Antioquía ou referencias aos habitantes", engade.
 Na actividade participou alumnado dos IES Cidade de Antioquía e Lagoa de Antela e dos CEIP Carlos Casares e Rosalía de Castro, contando coa colaboración do Concello da vila.
http://www.galiciaconfidencial.com/noticia/94141-poesia-invade-ruas-xinzo-celebrar-dia-letras

Vermú literario no Espazo Lector Nobel


14/5/19

Comprometid@s coa Lingua e a Cultura, seguindo a Antón Fraguas










Con motivo do Día das Letras temos unha manchea de actividades nas que estamos a traballar estes días: - O Escape Room: co alumnado do segundo e terceiro ciclo artellando a maneira de "abrir os cadeados" que Geli pacientemente preparou, na Biblioteca, cunha combinación que nos levará a averiguar moita información de Antón Fraguas.
         - Poetizando os pasos de peóns: co profesorado e alumnado de 6º nunha actividade na que tamén participan os outros centros da vila. 

E máis... Si, actividades na rúa, nas aulas, polos corredores...
Na nosa biblioteca e nas bibliotecas escolares galegas. 
E, un nome: Antón Fraguas.
Actividades relacionadas co autor e o seu compromiso coa lingua e a cultura galegas, destinadas a pór en valor o patrimonio material e inmaterial do noso país:

4 Retos para a Biblioteca Escolar 2020

O sábado 23 de marzo celebrouse en  Santiago de Compostela  unha  xornada técnica organizada pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional (Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos), para pensar a biblioteca escolar do 2020. Esta xornada de traballo reuniu a persoas expertas no ámbito das bibliotecas en xeral, das bibliotecas escolares en particular xunto a representantes das CCAA presentes na Comisión Técnica de Bibliotecas Escolares e do Ministerio, un dos organismos integrantes do Consejo de Cooperación Bibliotecaria a nivel estatal.

Organizáronse grupos de traballo e análise entre profesionais e persoas expertas que debateron e profundizaron sobre diferentes aspectos da situación actual das bibliotecas escolares. 

Extraéronse 4 retos concretos para a biblioteca escolar 2020:
Reto 1: Dotar de estabilidade ás bibliotecas escolares.
Reto 2: Promover un modelo de biblioteca escolar como espazo educativo á medida do proxecto de centro.
Reto 3: Concebir a biblioteca escolar como mediadora das lecturas no centro e situala no centro neurálxico das políticas públicas centradas na lectura, en todos os formatos, para todas as finalidades.
Reto 4: Promover unha visión da biblioteca escolar como o contexto privilexiado para o desenvolvemento das competencias mediáticas e informacionais, a alfabetización mediática (AMI) e como requisito para a construción do pensamento crítico.

Como resultado de todo isto, elaborouse un documento de urxencia para seguir a traballar pola Biblioteca Escolar. http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/

7/5/19

Reutilización: gaiolas para galiñas

O pasado venres trouxemos para o colexio unhas gaiolas de galiñas para exterior, regaladas si e  bastante deterioradas. Temos andado, coa axuda de Fran, poñéndoas a punto... E xa só nos queda lixar un pouquiño e pintar.
Este espazo, no que estaba o depósito de gas, e unha vez quitado, porque xa se emprega o gas cidade, fómolo acondicionando; tamén coa axuda de dous operarios do Concello de Xinzo; agora metemos estas dúas gaiolas para pasar aquí algúns do poliños que están nacendo na incubadora.
Aquí estamos: reutilización dos espazos e de materiais. Graciñas a todas as persoas que están colaborando: Manuel da ferretería Gregorio, Kisco (ANPA), Fran...