Seguimos xogando coa nosa EscornaRá, esta vez traballando coas matemáticas. Neste xogo os nenos de 2º teñen que aproximar á decena.
É moi sinxelo. Hai que levantar unha tarxeta dun mazo de cartas, ler o número e dicir a que decena se aproxima. O seguinte é mover a ra polo noso taboleiro.
Material aproxima á decena
Material aproxima á decena 100-200
5/6/19
3/6/19
Datas voz natura: Xuño
Sen plásticos
Día 5: Día mundial do Medio Ambiente
Día 8: Día Mundial dos Océanos
Día 12: Día Mundial da descontaminación acústica
Día 15: Día Mundial do vento
Día 17: Día Mundial contra a desertificación e a seca
Día 21: Día Mundial do Sol
Día 24: Día Mundial contra a contaminación electromagnética
Os maiores de infantil en Monforte
Excursión a Monforte: visita ó Museo do Ferrocarril, subida á torre da Homenaxe e comida no parque dos Escolapios. Regreso en tren de Monforte a Ourense. Ah!!! e de sobremesa, para refrescarse, uns ricos xeados.
2/6/19
24/5/19
Aprendendo ó aire libre
No patio, na horta, na rúa, no parque... nas moitas saídas que cada semana facemos: sempre aprendendo e mellor ó aire libre. Aquí temos ó alumnado de 6º de ed. Infantil na horta e no espazo onde están algúns dos animais que baixamos estes días da incubadora: ocas, pato indio, pavos e poliños.
Esta semana, o día 23 de maio, celebrouse o Día das clases ó aire libre. E o alumnado de 4º de Ed. Infantil estivo en Lodoselo; velaquí un enlace á web do CDR O Viso onde os podemos ver amasando e preparando a fornada de pan no forno comunitario, dando un paseo no carro que tira o burro Fariñeiro, no recuncho do "Carballo con Botas", cos patos, poliños, coellos, ovellas...
23/5/19
Celanova: Poetas, Arte e Música.
Este pasado mércores, 22 de Maio, os/as alumnos/as de terceiro ciclo do CEIP “Rosalía de Castro” de Xinzo de Limia fomos de excursión a Celanova onde visitamos a Casa Museo do poeta Curros Enríquez, a Capela Mozárabe de San Miguel e o Mosteiro de San Salvador, onde participamos no “X Ciclo de Concertos Didácticos de Órgano”, no cal a profesora de Órgano do Conservatorio de Ourense, Marisol Mendive, nos explicou o segredos deste espectacular instrumento.
O que máis nos gustou foi tocar dúas pezas coa frauta acompañados polo órgano, intepretadas polo alumnado de quinto e sexto coa frauta e por Marisol Mendive e o noso profe de Música co órgano. Tocamos o “Vals dos Vellos”, un vals tradicional da música galega, e “A Herba de Namorar”, do grupo Luar na Lubre.
Foi unha experiencia extraordinaria poder participar nun concerto de frauta e órgano. Grazas Pablo.
21/5/19
Todo preparado para termos o galiñeiro coas aves que están nacendo na incubadora
E velaquí a transformación das gaiolas... Moita man de obra, algunha máis especializada que outra: grazas a tod@s os que participaron; tamén a Fran.
E seguimos gozando, día a día do nacemento de aves (porque ademais de diferentes razas de galiña, tamén naceron ocas, pavo común, este pato indio... e estamos agardando por máis galiñas (cruces de araucana, kikas, moñuda holandesa, barmeverdel ), faisáns, perdices e pavo real.
Nesta semana agardamos poder ir baixándoos para estas gaiolas.
Contos populares, patrimonio inmaterial galego e A. Fraguas
Na xornada deste mates 21 de maio o alumnado de 2º, 3º e 4º de Primaria estivemos na Casa de Cultura de Xinzo para gozar cun Contacontos Musicado. Os artistas foron Charo Pita e Xoan Curiel que baixo o título " Canta miña pedra, canta" nos agasallaron cun espectáculo que xira ao redor de relatos populares e cancións de Antonio Fraguas. A actividade, cun custe de 5 €, levaba incorporada a entrega a cada participante no acto dun exemplar de " O fillo do rei e outros contos populares" de Maruxa Barrio e Henrique Harguindey (ed. Galaxia).
biblioteca escolar
casa da cultura,
contacontos,
fomento lectura,
letras galegas,
música
15/5/19
Seguimos celebrando o Día das Letras
Hoxe e todos os días.
O alumnado dos institutos e colexios da vila pintou nos pasos de peóns versos de escritores da comarca para conmemorar o día das Letras Galegas deste ano.
Por Beatriz G. Caneda | Xinzo de Limia | 15/05/2019 |
O alumnado dos centros de primaria e secundaria de Xinzo de Limia saíu este mércores 15 de maio á rúa co obxectivo de "poetizar a vila". A iniciativa, que consistiu en escribir versos de autores da comarca nos pasos de peóns da capital limiá, parte dos departamentos de Dinamización Lingüística dos centros educativos da vila.
O alumnado dos centros de Xinzo 'poetiza' as rúas da vila En total "poetizáronse" 12 pasos de peóns, os dous máis próximos aos centros de primaria e outros dez nunha das rúas principais. Os versos foron elixidos polo profesorado atendendo a que tivesen un sentido completo e fixeran referencia á comarca con topónimos ou xentilicios. Os poetas seleccionados teñen un forte vínculo coa comarca e entre eles atópanse Xabier XiI Xardón ou Chus Pato.
O obxectivo do proxecto é "crear un sentimento identitario respecto á lingua e á comarca a través das palabras de autores próximos" explicou Asun Caneda, profesora e integrante do equipo de Dinamización Lingüística do IES Cidade de Antioquía. "Intentamos buscar un sentido identitario nos versos a través de topónimos como Antioquía ou referencias aos habitantes", engade.
Na actividade participou alumnado dos IES Cidade de Antioquía e Lagoa de Antela e dos CEIP Carlos Casares e Rosalía de Castro, contando coa colaboración do Concello da vila.
http://www.galiciaconfidencial.com/noticia/94141-poesia-invade-ruas-xinzo-celebrar-dia-letras
A poesía invade as rúas de Xinzo para celebrar o día das letras
O alumnado dos institutos e colexios da vila pintou nos pasos de peóns versos de escritores da comarca para conmemorar o día das Letras Galegas deste ano.
Por Beatriz G. Caneda | Xinzo de Limia | 15/05/2019 |
O alumnado dos centros de primaria e secundaria de Xinzo de Limia saíu este mércores 15 de maio á rúa co obxectivo de "poetizar a vila". A iniciativa, que consistiu en escribir versos de autores da comarca nos pasos de peóns da capital limiá, parte dos departamentos de Dinamización Lingüística dos centros educativos da vila.
O alumnado dos centros de Xinzo 'poetiza' as rúas da vila En total "poetizáronse" 12 pasos de peóns, os dous máis próximos aos centros de primaria e outros dez nunha das rúas principais. Os versos foron elixidos polo profesorado atendendo a que tivesen un sentido completo e fixeran referencia á comarca con topónimos ou xentilicios. Os poetas seleccionados teñen un forte vínculo coa comarca e entre eles atópanse Xabier XiI Xardón ou Chus Pato.
O obxectivo do proxecto é "crear un sentimento identitario respecto á lingua e á comarca a través das palabras de autores próximos" explicou Asun Caneda, profesora e integrante do equipo de Dinamización Lingüística do IES Cidade de Antioquía. "Intentamos buscar un sentido identitario nos versos a través de topónimos como Antioquía ou referencias aos habitantes", engade.
Na actividade participou alumnado dos IES Cidade de Antioquía e Lagoa de Antela e dos CEIP Carlos Casares e Rosalía de Castro, contando coa colaboración do Concello da vila.
http://www.galiciaconfidencial.com/noticia/94141-poesia-invade-ruas-xinzo-celebrar-dia-letras
14/5/19
Comprometid@s coa Lingua e a Cultura, seguindo a Antón Fraguas

Con motivo do Día das Letras temos unha manchea de actividades nas que estamos a traballar estes días: - O Escape Room: co alumnado do segundo e terceiro ciclo artellando a maneira de "abrir os cadeados" que Geli pacientemente preparou, na Biblioteca, cunha combinación que nos levará a averiguar moita información de Antón Fraguas.
- Poetizando os pasos de peóns: co profesorado e alumnado de 6º nunha actividade na que tamén participan os outros centros da vila.
- Poetizando os pasos de peóns: co profesorado e alumnado de 6º nunha actividade na que tamén participan os outros centros da vila.
E máis... Si, actividades na rúa, nas aulas, polos corredores...
Na nosa biblioteca e nas bibliotecas escolares galegas.
E, un nome: Antón Fraguas.
Actividades relacionadas co autor e o seu compromiso coa lingua e a cultura galegas, destinadas a pór en valor o patrimonio material e inmaterial do noso país:
- CEIP Mestre Manuel García (Oia-Pontevedra): Antonio Fraguas: O entroido, os oficios e as súas biografía
- CEIP A Paz-Tintureira (Vigo-Pontevedra): Pasapalabra
- CEIP P. Víctor López Seoane (A Coruña): Programa da semana das letras galegas
- CEIP Xesús San Luís Romero (Carballo-A Coruña): Carteis premiados, Coplas de Antonio Fraguas, Mostra etnográfica
- CPI de San Sadurniño (San Sadurniño-A Coruña): Recompilación de recursos
- IES Concepción Arenal (Ferrol-A Coruña): Vídeo Letras Galegas 2019
- IES Fontexería (Muros-A Coruña): Presentación Antonio Fraguas
- IES San Paio (Tui-Pontevedra): Liña do tempo de Antonio Fraguas
4 Retos para a Biblioteca Escolar 2020
O sábado 23 de marzo celebrouse en Santiago de Compostela unha xornada técnica organizada pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional (Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos), para pensar a biblioteca escolar do 2020. Esta xornada de traballo reuniu a persoas expertas no ámbito das bibliotecas en xeral, das bibliotecas escolares en particular xunto a representantes das CCAA presentes na Comisión Técnica de Bibliotecas Escolares e do Ministerio, un dos organismos integrantes do Consejo de Cooperación Bibliotecaria a nivel estatal.
Organizáronse grupos de traballo e análise entre profesionais e persoas expertas que debateron e profundizaron sobre diferentes aspectos da situación actual das bibliotecas escolares.
Extraéronse 4 retos concretos para a biblioteca escolar 2020:
Reto 1: Dotar de estabilidade ás bibliotecas escolares.
Reto 2: Promover un modelo de biblioteca escolar como espazo educativo á medida do proxecto de centro.
Reto 3: Concebir a biblioteca escolar como mediadora das lecturas no centro e situala no centro neurálxico das políticas públicas centradas na lectura, en todos os formatos, para todas as finalidades.
Reto 4: Promover unha visión da biblioteca escolar como o contexto privilexiado para o desenvolvemento das competencias mediáticas e informacionais, a alfabetización mediática (AMI) e como requisito para a construción do pensamento crítico.
Como resultado de todo isto, elaborouse un documento de urxencia para seguir a traballar pola Biblioteca Escolar. http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/
7/5/19
Reutilización: gaiolas para galiñas
O pasado venres trouxemos para o colexio unhas gaiolas de galiñas para exterior, regaladas si e bastante deterioradas. Temos andado, coa axuda de Fran, poñéndoas a punto... E xa só nos queda lixar un pouquiño e pintar.
Este espazo, no que estaba o depósito de gas, e unha vez quitado, porque xa se emprega o gas cidade, fómolo acondicionando; tamén coa axuda de dous operarios do Concello de Xinzo; agora metemos estas dúas gaiolas para pasar aquí algúns do poliños que están nacendo na incubadora.
Aquí estamos: reutilización dos espazos e de materiais. Graciñas a todas as persoas que están colaborando: Manuel da ferretería Gregorio, Kisco (ANPA), Fran...
Capoeira no Ceip
A semana pasada tivemos unhas sesións de Capoeira no
colexio. Estiveron con nós Sasqwat e Pocahontas para aprendernos e amosarnos
esta arte marcial que provén de Brasil.
Coa práctica deste deporte desenvólvense
calidades físicas: flexibilidade, forza músculos; desenvólvense a coordinación
e a axilidade, ademais de traballar en gran medida a resistencia
cardiovascular. Tamén é un bo traballo de autocoñecemento, autoestima e desexo de superación. Un camiño para chegar ao equilibrio entre corpo, mente e alma.
Aínda que a capoeira teña movemento danzarios, está dentro das artes marciais. Moitos opinan que ten connotacións relixiosas; descríbena como fusión do corpo e mente e está estreitamente ligada ao espiritismo xa que hai cantos e rituais desa índole.
A capoeira execútase nun círculo dentro
do cal se enfrontan dúas persoas finxindo que lanzan e esquivan os golpes da
loita ao son de berimbau. As pelexas consisten en pasos, patadas, golpes diferentes, varridas, lanzamentos, técnicas de escape e acrobacia. Os practicantes deben pelexar co ritmo da música. Os instrumentos utilizados para tocar a música chámanse: Berimbau, Atabaque e Pandeiro,entre outros.
2/5/19
2ª Xornada de fútbol sala
Hoxe desenvolveuse a última xornada comarcal de fútbol sala no pavillón municipal de Xinzo de Limia, concretamente coa categoría alevín.
Xuntanza de rapaces da zona pertencente aos colexios de Rairiz, Vilar de Barrio e Xinzo
O vindeiro sábado 11 de maio disputarase o campionato provincial no pavillón dos Remedios no que participarán parte destes deportistas.
Xuntanza de rapaces da zona pertencente aos colexios de Rairiz, Vilar de Barrio e Xinzo
O vindeiro sábado 11 de maio disputarase o campionato provincial no pavillón dos Remedios no que participarán parte destes deportistas.
30/4/19
Nacemento dos primeiros poliños
Esta semana xa fomos vivindo con moita ledicia o nacemento dos primeiros pitiños no Colexio. Levamos metendo os ovos na incubadora desde o día 5 de abril; case todos os días imos introducindo media docena aproximadamente. Ovos sobre todo de galiñas (de todo tipo que achegamos o alumnado e profesorado); mencionar unha partida especial de ovos de galiña Piñeira; pero tamén de galiña de Guinea, pavo común, oca, pato mudo e pato indio.
E desde este luns poidemos observar cómo van rompendo os ovos, como saen os poliños molladiños e unha vez secos xa os pasamos a un espazo acristalado para observalos mellor.
Come rico, vive san
No marco do proxecto Come Rico. Vive San, promovido pola compañía galega de distribución alimentaria Vegalsa-Eroski para fomentar a alimentación e os hábitos de vida saudables desde os pupitres, hoxe tivemos no CEIP Rosalía de Castro, como estes últimos anos, para o alumnado de cuarto de primaria esta iniciativa. Permitiu ao alumnado poñer en práctica o aprendido en clase (con materiais que antes nos achegaran para o alumnado, profesorado e familias) sobre alimentación e hábitos de vida saudables.
https://sannipedia-vegalsaeroski.com/Creactivity.
Algún alumnado de 4º e 1º de primaria puideron participar desta actividade-obradoiro da Obra Social La Caixa. Tamén animamos ás familias a que participaran acudindo á Praza Carlos Casares pola tarde e na xornada do 1 de maio onde está o camión.
Que é Creactivity?
Un espazo enmarcado no movemento Design Thinking, que pon en xogo a creatividade, a experimentación e a innovación. Proponse unha exploración libre, individual ou colectiva, que permite planificar, crear e construír para dar resposta a retos suxeridos ou propios, mediante a manipulación, observación e exploración de materiais e fenómenos. As propostas, abertas e interdisciplinarias, abarcan disciplinas STEAM e pretenden empoderar ao alumnado para intervir no mundo que lles rodea.
26/4/19
O escritor Ramón Caride no Ceip
Hoxe, 26 de abril, Ramón Caride, escritor de prolífica obra literaria Infantil e Xuvenil, visitou o noso Cole.
O alumnado de terceiro lera previamente, dentro do proxecto lector de Centro, a súa obra "As viaxes de Ruki".
Ensinounos moitos dos seus libros publicados; falounos do seu proxecto de dar continuidade a este pequeno robot chamado Ruki noutro libro no que está a traballar... E o máis interesante foi, que nos respostou xenerosamente a cantas preguntas lle fixemos:
- sobre a sua nenez en Cea,
- os seus estudos de Bioloxía,
- as súas fontes de inspiración (Sara e Uxia, as súas fillas),
- a importancia da lectura...
- sobre a sua nenez en Cea,
- os seus estudos de Bioloxía,
- as súas fontes de inspiración (Sara e Uxia, as súas fillas),
- a importancia da lectura...
Ademais, agasallounos con dedicatorias preciosas nos nosos libros.
Moi agradable visita. Esperamos verte de novo! Ata pronto!
biblioteca escolar
actividades...,
biblioteca escolar,
ceiprosalia,
fomento lectura
Suscribirse a:
Entradas (Atom)











