12/3/19

Coñece as túas Institucións 2019

Hoxe, o alumndo de quinto de Educación Primaria viaxou ata Santiago de Compostela para coñecer como funcionan dúas das nosas institucións máis importantes no goberno da nosa Autonomía: O Parlamento de Galicia e a sé da Xunta de Galicia en San Caetano. Acompañados por Carlos Gómez Salgado Vedmar no primeiro e Jesús Oitavén no segundo, comprobamos cales son as funcións destes dous órganos de goberno e fixemos de conselleirxs por un día.... Experiencia inesquecible
Tamén aproveitamos o dia para ser o primeiro colexio de toda Galicia en visitar a exposición "Leonardo da Vinci", onde poidemos ver as principais obras pictóricas e manipular moitos dos inventos deste visionario renacentista.

















Planetario de EduCaixa no Ceip

Esta semana temos unha ferramenta extra no Centro. Un Planetario Móbil. Así que estamos aprendendo moita Astronomía: contemplar o firmamento de cada unha das estacións, as constelacións, orientarnos localizando a Estrela Polar, lendas e mitos...







https://www.educaixa.com/-/planetamovil_astronomia

8/3/19

Participaremos na III Feira de Educaçao en Ponte de Lima


O vindeiro xoves 14 de marzo o alumnado de 4º de primaria participaremos, un ano máis, na xornada de inauguración da III Feira de Educaçao en Ponte de Lima. Este é o programa dese día.








6/3/19

8 de marzo, día Internacional da Muller

O día 8 de marzo celébrase o Día Internacional da Muller, unha data que cómpre seguir lembrando en favor de maiores cotas de igualdade na sociedade para un colectivo que supón algo máis da metade da sociedade galega, sen ir máis lonxe. 
As bibliotecas escolares aproveitamos esta data para realizar propostas de traballo para a educación en valores, a prol da igualdade de alumnas e alumnos, e para o recoñecemento das importantes achegas que as mulleres fan á sociedade e que carecen, en moitos casos, de visibilidade.
Velaquí algúns exemplos: 
                                     http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/?q=node/637

Enlaces a materiais de interese:




28/2/19

Somos Rosalía


Con motivo do día de Rosalía, unha das actividades que fixemos por aulas foi un marcapáxinas xigante cun sentimento o seu pictograma e algúns versos, estrofas da obra de Rosalía. Agora , ploastificados está Aurora poñéndoos polo patio.

As mandas do Meco



27/2/19

No entroido, disfraz de coiro

Unidade didáctica do Entroido de Xinzo da Asociación A Pantalla 




Coma peixes na auga!!

O pasado venres 22 o alumnado de 3º, 4º, 5º e 6º de Primaria participou nunha xornada de natación na Piscina Municipal de Xinzo de Limia.
No mes de marzo os/as nadadores/as con mellores tempos que así o desexen participarán na fase comarcal desta disciplina.









21/2/19

Compadres!!!

Xoves de Compadres no CEIP Rosalía.
Como ven sendo costume o alumnado de 1º, 2º e 3º de Primaria correron cos compadres no patio.
Actividade que lles encanta e na que poñen toda a súa enerxía...
Con estas imaxes sobran as palabras...

Día internacional da Lingua Materna

                                                             


O Día Internacional da Lingua Materna foi proclamado pola Conferencia Xeral da UNESCO en novembro de 1999 e celébrase anualmente dende o 21 de febreiro de 2000 cos obxectivos de promover o plurilingüismo e a diversidade cultural.


A Xunta de Galicia e a Rede de Dinamización Lingüística veñen sumándose nos últimos anos a esta celebración, contextualizándoa na nosa comunidade e orientándoa á promoción e transmisión da lingua galega.
http://www.lingua.gal/o-galego/promovelo/conmemoracions/dia-internacional-da-lingua-materna



Co gallo do Día Internacional da Lingua Materna, o galego foi protagonista por primeira vez na historia dunha comunicación da ONU. Fernand de Varennes, relator especial para as minorías da Oficina do Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Dereitos Humanos, aproveitou esta conmemoración para difundir unha declaración oficial en 27 idiomas entre os que, por primeira vez, o de Galicia tamén está incluído. 
“É a primeira vez que unha declaración da ONU está en galego”, destaca A Mesa pola Normalización Lingüística sobre un documento no que o relator das Nacións Unidas destaca que a lingua “é, para moitas persoas, un dos principais marcadores do centro da súa identidade, e a súa dimensión é un trazo humano único que se debe asumir e celebrar". 
https://praza.gal/movementos-sociais/a-onu-por-primeira-vez-en-galego-fuxamos-da-idea-de-que-os-estados-deben-ter-so-unha-lingua


https://www.lavozdegalicia.es/noticia/lavozdelaescuela/2018/02/21/dia-internacional-lengua-materna/0003_201802SE21P1991.htm

15/2/19

Oliñas veñen..... Oliñas van !!

Día de entrenamento para o vindeiro domingo oleiro..... Grazas a Adriana tivemos unha ola hoxe no recreo do comedor... e ... a facer canteira! Explicáronos cal é a orixe deste dia e o porque das olas. O relevo xeracional está garantido!









14/2/19

Eu son Rosalía

A vindeira semana celebraremos o Día de Rosalía. Xa se están argallando polas aulas, na biblioteca, polos corredores... accións, actividades. Aquí tedes dous enlaces para ler poemas de Rosalía de Castro e saber da proposta que nos fai a AELG.
  



Semilleiros nas aulas

Con estes días de sol, dentro das aulas -polo tanto con cristal polo medio- e moi boa temperatura xa estamos asistindo ó abrollar das sementes que temos nos testos para, cando o tempo o permita poñelos na horta.