29/9/17

Cadro de asignación horaria da biblioteca por cursos


CEIP Rosalía de Castro
Curso 2017- 2018
CADRO DE ASIGNACIÓN HORARIA DA BIBLIOTECA POR CURSO

Luns
Martes
Mércores
Xoves
Venres
09.00- 09-50
Pepa
Aurora
2º C
Pepa
María
4º A
María
Toño
09.50-10.40
4º A

Aurora
Toño
2º B
Lía
4º B

10.40-11.00
RECREO
Equipo BE
RECREO
Equipo BE
RECREO
Equipo BE
RECREO
Equipo BE
RECREO
Equipo BE
11.00-12.05
María
3º A
Lía
Pepa
Aurora
1º A

María
Aurora
Toño
4 anos B
Aurora
6º B

12.05-12.55

Lía

     5º A
Aurora
Toño
4 ANOS A

5 anos B

2º A

Lía

Pepa
6º C


12.55-13.05
RECREO
Equipo BE
RECREO
Equipo BE
RECREO
Equipo BE
RECREO
Equipo BE
RECREO
Equipo BE
13.05-14.00
María
Tina
5 anos A
Pepa
María
Tina
5º B
3º B
6º A

1º B
  equipo de biblioteca

Comezan a viaxar

Os libros gustan da viaxe e da sorpresa, agardan nos andeis ou nos expositores por esa man que, ao abrilos, poña en funcionamento a maxia da lectura.
Hoxe poñemos a andar as MOCHILAS VIAXEIRAS, unha actividade que xa está funcionando no noso Ceip desde hai moitos anos. Facémola co alumnado de infantil de 5 anos e nos cursos pares de primaria.
A mochila viaxeira permite á biblioteca escolar o contacto coas familias nunha actividade que pretende a súa colaboración na formación dos lectores e lectoras máis novos.

27/9/17

Unha fantástica curtametraxe

A cloudy lesson” pode ser unha excelente lección para os adultos. Foi realizado en 2010 pola directora Yezi Xue e dura só dous minutos. Trata dunha historia extraordinaria inspirada na relación entre un avó e o seu neto. A liña entre educar e limitar é moi sutil.

O apoio é fundamental. Se o avó do corto lle rifara e  non lle houbera animado a facer novas nubes, seguramente o neno tería vivido esa experiencia como un fracaso e mesmo alimentar unha sensación de culpa. Ocorre que o apoio, a confianza e o amor cámbiano todo. 
 Non son as experiencias, senón a nosa reacción ante elas, o que determina se nos estancamos o crecemos.

26/9/17

Día Europeo das Linguas

 Por iniciativa do Consello de Europa en Estrasburgo, o Día Europeo das Linguas  vense celebrando, desde 2001, tal día coma hoxe, 26 de setiembro de cada ano. O seu principal obxectivo é fomentar a aprendizaxe de idiomas en toda Europa.


Os obxectivos xerais do Día Europeo das Linguas son:

  • Destacar a importancia da aprendizaxe de linguas e diversificar a variedade de idiomas que se aprenden co obxectivo de incrementar o plurilingüismo e a comunicación intercultural.
  • Promover a riqueza da diversidade lingüística e cultural de Europa, que debemos preservar e potenciar.
  • Promover a aprendizaxe permanente de linguas tanto dentro como fóra dos centros educativos.

Diversidade lingüística en Europa

  • En todo o continente europeo existen arredor de 200 linguas nativas.
  • A Unión Europea é a institución do mundo máis plurilingüe ao recoñecer 24 linguas oficiais, ás que cómpre sumar arredor de 60 linguas denominadas rexionais ou minoritarias.
  • Por outra banda, no territorio da Unión fálanse algo máis de 100 linguas procedentes doutros continentes do mundo que usan a diario persoas inmigrantes.

25/9/17

Triptico informativo comezo de curso

Hoxe tivemos a reunión informativa para todo os pais/nais da nosa comunidade escolar onde os titores/as de cada alumno/a presentaron as novidades para este curso 2017/18. A maioría delas están recollidas nun folleto informativo que se repartiu nesta reunión e que está ao voso dispor na Administración do centro

24/9/17

Dous días intensos de Abraço!

Aquí tedes un breve resumo de todas as actividades que o noso alumnado de cuarto de Educación Primaria levou a cabo durante os pasados 21 e 22 de setembro no VIII Abraço ao Rio Lima celebrado en Ponte de Lima. Agradecer a todas as persoas e institucións (Cámara Municipal de Ponte de Lima e Concello de Xinzo de Limia) que fan posible estes dous días de convivencia. Especialmente  ao persoal da EB1 de Ponte de Lima, a  Sandra e a todo o seu equipo da Area Protegida das Lagoas de Bertiandos e S. Pedro d'Arcos e ao Centro Educativo das Lagoas, por atendernos e acollernos estes dous días nas súas instalacións cunha atención tan exquisita. Queremos facer mención especial ao profesorado (Pepa, Manolita, Pilar e Lía) que acompañou a este grupo. Sen a súa dedicación e compromiso este tipo de actividades sería imposible de levar a cabo.
Quedamos citados para maio en Xinzo de Limia... No VIII Abrazo ao Río Limia! Ate já!

20/9/17

VIII Abrazo ó río Limia en Ponte de Lima








Xa no comezo de curso, este xoves e venres, o alumnado de 4º de primaria vai participar no VIII Abraço ó río Lim(i)a. A VIII edición espera, este ano, a presenza de máis de 1200 participantes dos seguintes centros: E.B. 1 de Ponte de Lima, Centro Educativo da Gandra, Centro Educativo de Refoios, Centro Educativo de Ribeira, E.B. Rebordões Souto, Centro Educativo de Freixo, Centro Educativo das Lagoas, Centro Educativo de Arcozelo, Centro Educativo de Trovela, E.B. 2,3 António Feijó, Academia de Música Fernandes Fão, AAPEL (Associação dos Amigos da Pessoa especial Limiana). Dous colexios de Xinzo de Lima, “Carlos Casares” e “Rosalía de Castro” e a Escola Básica Diogo Bernardes da Ponte da Barca. 



Este é o programa previsto para estes dous días. 
Dia 21 de setembro
 09h30 – Receção dos alunos participantes no Castelo do Lindoso Visita ao Castelo do Lindoso com acompanhamento dos técnicos da Porta do Lindoso  3 turmas de Ponte da Barca (Centro Escolar de Ambos Rios e Centro Escolar de Castro)  1 turma da Escola Básica de Ponte de Lima  1 turma do Centro Educativo das Lagoas  4 turmas de Xinzo de Límia 13h00
 – Almoço no Centro Educativo das Lagoas 14h30
– Saída para Viana do Castelo, visita à foz do rio Lima 16h30
– Lanche 18h00
– Instalação no Albergue da Quinta de Pentieiros.
20h00 – Jantar no Centro Educativo das Lagoas 23h00 – Ceia no Albergue 




Dia 22 de setembro 
08h30 – Pequeno Almoço no Centro Educativo das Lagoas
09h30 – concentração no recinto da Expolima
10h00 – receção dos participantes no “VIII Abraço ao rio Lima”
10h15 – Aula interativa do rio Lima /Teatro
11h45 – VIII Abraço ao Rio Lima nas margens do rio.
12h30 – Almoço para os alunos envolvidos no protocolo de colaboração nas margens do rio Lima 14h00 – Visita ao centro Histórico de Ponte de Lima
16h00 – lanche 16h30 – Regresso às instituições

19/9/17

Supervisión ambiental. Programa Voz Natura

   
  O proxecto de educación ambiental "Custodiando o territorio e á procura dos referentes patrimoniais limiás" que presentamos ó programa Voz Natura para o curso académico 2017/18 foi tamén seleccionado. Tras a avaliación do Comité científico a Fundación Santiago Rey Fernández-Latorre otorgounos un financiamento de 522 euros.
   Unha das accións deste proxecto é a realización dos equipo de supervisión ambiental, pero tamén o coidado da horta, prantas, animais e árbores (recollida de folla, compostaxe, vermicultura...), o emprego do patio e contorna como lugares de aprendizaxe, a implicación de tod@s no plan de mellora de eficiencia enerxética que temos no Ceip, a separación do lixo ( reutilización e reciclaxe), a posta en marcha da estación meteorolóxica, a participación nos traballos que fai a Sociedade Galega de Historia Natural na nosa comarca (Operación conícora e Custodia do territorio) e o seguir inventariando os recursos patrimoniais materiais e inmateriais da nosa contorna...
 
EQUIPOS DE “SUPERVISIÓN AMBIENTAL” NO CEIP ROSALÍA DE CASTRO

·  Están constituídas polo alumnado de primaria do Centro. Son grupos dunhas 4 persoas, aproximadamante, que irán rotando.

·  Pretenden manter un “bo clima” entre o alumnado, fomentar e educar no coidado do entorno.

·  Os luns, mércores e venres -no primeiro recreo- levarán un distintivo (chaleco verde), un recolledor e unha escoba e coidarán que toda a comunidade educativa que transite polo centro teña un bo comportamento cívico (convivencia pacífica: somos conscientes dos nosos dereitos e deberes). Non se dedican a recoller o que outros tiran: facemos unha labor de concienciación, de conservación e mellora do entorno. Coidan que o noso espazo, si, estea limpo e se alguén tira lixo ó chan, amablemente indícaselle que ese comportamento non é axeitado, que o recolla e onde debe gardalo (se lle caeu, sen darse conta) ou tiralo (papeleiras, contedores diferentes...). Se o alumn@ non lle fai caso ós membros da patrulla, inmediatamente avísase ó profesorado que está de garda nese espazo do patio. Antes de volver deixar os recolledores en recepción deben baleirarse nos contedores que temos no patio do centro (porta principal automática).

·  Os martes e xoves coidamos as plantas, árbores e a nosa horta no cole. Regar, recoller folla para os composteiros, plantar…

·  Todos os titor@s debemos estar atentos á semana que nos toca facelo. E pedir e/ou pasarlle o “cartel recordatorio” á aula seguinte. Moitas grazas







CALENDARIO CURSO 2017/18 _____________________________________________

 6º C  25 a 29  de setembro -  22 a 26 de xaneiro  -    14 a 18 de maio 
  6º B   2 a 6 de outubro-  29 xaneiro a 2 de febreiro - 21 a 25 de maio

6º A    9 a 13 de outubro - 5 a 9 de febreiro- 28 de maio a 1 de xuño

5º B   16 a 20 de outubro -   19 a 23 de febreiro   -  4 a 8 de xuño

5º A    23 a 27 de outubro-   26 febreiro a 2 de marzo- 11 a 15 de xuño
4º B    30 outubro  a 3 de novembro-   5 a 9 de marzo– 18 a 20 de xuño

4º A    6 a 10 de novembro   -  12 a 16 de marzo

3º B    13 a 17 de novembro   - 19 a 23 de marzo
3º A     20 a 24 de novembro   -  3 a 6 de abril

2º C    27 Novembro a  1 de decembro -   9 a 13 de abril
2º B    11  a 15 de decembro   -   16 a 20 de abril

2º A    18 a 21 de decembro    -  23 a 27 de abril

1º B     8 a 12 de xaneiro    - 30 abril a 4 de maio

1º A     15 a 19 de xaneiro    -  7 a 11 de maio 


Un curso máis participamos no programa Prensa-escola

  "La Voz de la Escuela" é o suplemento escolar que publica La Voz de Galicia cada mércores con información de interese para entender o periódico e orientacións sobre como enfocar as noticias desde un punto de vista pedagóxico. Un curso máis participaremos nesta programa.

13/9/17

Ler é sempre un pracer

Lendo o Principiño coa miña nena (sobre o hábito de ler)

Posted by franciscocastro - 11/09/17 at 02:09 p.m.

Onte, cando a miña pequena se deitou, máis cedo que durante os tres meses anteriores, porque hoxe empezou 4º de primaria e tocaba madrugar, eu fíxeno, como cada noite, ao seu carón porque é o momento do conto, da historia, da ficción, da lectura. Un hábito que ten, como no seu día o seu irmán, igual que lavar os dentes ou cepillar a melena.
Ler un intre na cama é un hábito, algo que ela ten asumido como algo normal que se fai antes de ir durmir. Penso que esta pode ser unha boa estratexia para todos os que pretendemos facer das nosas fillas e fillos, lectores: que a lectura é tamén un hábito nocturno como recoller a louza da cea e poñer no fregadoiro, poñer as zapatillas no seu sitio para que non queden ciscadas, deixar a bata colgada para atopala ben ao día seguinte, as gafas dentro da súa funda para que non se raien, lavar os dentes para non ter caries… Ademais de que lean en calquera sitio, onde lles pete, e o que lles pete, ademais, pola noite reservamos un tempo de pracer e de lecer lector.
Onte, primeira noite de lectura antes do comezo das clases, preguntoume que podía ler. Deille “O Principiño” (Editorial Galaxia en tradución de Carlos Casares). Propúxenlle que cada noite leamos dous capítulos. Ela tivo a seguinte idea:
-O primeiro capítulo les ti en alto. O segundo léoche eu.
Collemos o libro. Arroupeina e deiteime ao seu carón.
E lin o primeiro capítulo. E ela o segundo.
E limos xuntos e comprobamos, de novo, que ler é, sempre, un pracer.

http://franciscocastro.blogaliza.org/2017/09/11/lendo-o-principino-coa-mina-nena-sobre-o-habito-de-ler/

12/9/17

Aprender a pensar coa biblioteca escolar

"Aprender a pensar coa biblioteca escolar" é o lema escollido para os materiais que a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria edita a comezos do curso 2017/2018 con destino ás bibliotecas escolares dos centros educativos galegos. O ilustrador Xosé Tomás foi o encargado, nesta ocasión, de realizar a  interpretación gráfica do lema anual. 

Atender a biblioteca escolar do centro supón, para comezar, o reto de deseñar un espazo no que poidan pasar cousas. Un espazo que acolla a todos e todas e que mesmo (como na ilustración de Xosé Tomás), teña a capacidade de "abducir" as persoas usuarias, de trasladalas a situacións gratas de aprendizaxe. Seleccionar os materiais, organizar os recursos, facilitar o seu uso e organizar as actividades para a biblioteca escolar son tamén actuacións que, segundo o enfoque e o criterio co que se realice, poden facilitar ou dificultar esas aprendizaxes posibles. 

Unha biblioteca  escolar actualizada no seu modelo, nos seus recursos e equipamentos, nas súas propostas; atendida con profesionalidade e integrada no día a día do centro educativo, supón unha oportunidade única para axudar a nenas e nenos a desenvolver o seu pensamento crítico, a "aprender a pensar".
 
Aprender a pensar a través dos contos, da tradición oral, das lecturas de ficción, da poesía, do teatro; a través das lecturas de materiais de divulgación científica, a través das investigacións. Aprender a pensar co cine e coa música. Aprender a pensar a través do diálogo, nos clubs de lectura, nas actividades compartidas. Aprender a pensar baixo a guía e orientación dun profesorado consciente da importancia da curiosidade como motor vital e, tamén, da importancia de activar no alumnado os mecanismos  para desenvolver o pensamento complexo.
Aprender a pensar nas clases de filosofía, pero tamén fóra das aulas regladas, onde a vida flúe en todo o seu misterio. 

A biblioteca escolar é un espazo privilexiado para que o alumnado non perda a súa capacidade de asombro; para que aprenda a formularse preguntas diante dos distintos fenómenos naturais ou sociais e, tamén, a procurar algunhas respostas á complexidade que lle toca vivir. 

                                                                      http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/

Benvidas e benvidos: Curso 2017/18

7/7/17

Festival fin de curso


Festival fin de curso 2017

Que ben o pasamos!!! Aínda que lle teremos que dar unha volta porque agora o pavillón coa cuberta, o esceario máis baixo, etc. repercutiron nunhas peores condicións para o son, pasarmos calor...
Así que neste afán de revisar para mellorar achegamos aquí esta entrada do blogue de InnovArte Educación Infantil que nos pode dar outras achegas nesta procura de facermos as cousas mellor.
https://www.facebook.com/innovarte.infantil?fref=nf    (29 de xuño de 2017)

Y desde el punto de vista de los niños ... ¿Qué significatividad tiene el aprendizaje de una danza, canción, coreografía ... elegida por un adulto con el fin de mostrar a las familias? ¿Cuál es el valor que le estamos transmitiendo en ponerlo en una situación de hacer unos movimientos una y otra vez para conseguir reproducirlos con la máxima exactitud? Repetir con esfuerzo es una estrategia que puede tener un gran valor si está contextualizada en una situación vivida por el niño de una forma funcional y significativa, pero no es la única válida, ni tampoco puede ser la única en la que los niños encuentren explícitamente el reconocimiento de educadores, maestros y familias.
http://diarieducacio.cat/blogs/rosasensat/2017/06/28/infancia-exhibida/

22/6/17

Guía de campo (Río Limia)

 





Onte, xoves, o alumnado de cuarto de primaria pasamos media xornada polas beiras do río Limia. Acompañados por dous amigos e especialistas, Xosé Calleja (pai de Anxo) e Tomás García, paxareiro e biólogo (entre outras cousas) estivemos, coa súa axuda, curbrindo un caderno de campo que nos achegaron os de Ponte de Lima. (Centro educativo As Lagoas)
Dous apartados xerais: caracterización xeral do río e estudo do ecosistema acuático foron o noso cometido. Aínda que á sombra e ó lado do río a temperatura foi levadeira, máis que o calor que estamos soportando estes días impactáronnos moitos datos (dos que non somos realmente conscientes) e outros que facilmente poidemos constatar a partires dunha observación guiada.  Moitas grazas a tod@s, especialmente a Pepe e Tomás. 

19/6/17

O Batán, Niñodaguia, X. de Espadañedo, Maceda.

Este luns 19 de xuño o alumnado de cuarto de Primaria tivemos unha xornada ben apretada polas terras de Maceda e arredores. Primeiro estivemos na Olería de O Batán; na olería da familia Carrera Conde que abriu este espazo en homenaxe ao oleiro Manuel Carrera; avó dun dos alumnos (Pablo) e do que soubemos que durante unha etapa na que traballou na cerámica de Vallauris, na Costa Azul Francesa, coñeceu a Pablo Picasso e pode que intercambiara co pintor segredos de artesán oleiro.

Manuel morreu hai 30 anos e desde entón as portas do taller estiveron pechadas e agora a súa viuva e os seus fillos, con Xosé Manuel á fronte, recuperáronno, co obxectivo da dar a coñecer a ensinar este oficio a quen poida estar interesado. "O meu pai comezou a traballar na olería de solteiro, a mediados do século pasado", conta Xosé Manuel. "Cando se casou, emigrou a Francia, á cerámica de Vallauris, na Costa Azul, onde chegou a coñecer a Pablo Picasso, e voltou ó Batán haberá uns 50 anos, para reabrir a olería". O padre Silva convenceuno pouco despois para ir á alfarería de Benposta, onde estivo sete anos e na que chegaron a traballar cinco persoas e ó remate desta etapa volveu a Olería do Batán, o último taller de Maceda e na que estivo ata a súa morte, hai trinta anos.(LA Región 9 de abril de 2017)

Moitísimas grazas a esta familia que nos acolleu e nos preparou un anaco da xornada na que ademais de traballar neste "emblemático" espazo nos levou a visitar un fermosísimo cruceiro a Tioira, ver a capela de San Roque e agasallarnos cunha peza para cada crianza e profesorado... ademais dunhas sabrosísimas galletas. Grazas José Manuel, Jesús, Guillermina, María José...

Despois estivemos con Paula e Patricia no Museo de Olería de Niñodaguia e visitamos os fornos; a continuación gozamos dunha sesión con Eugenia no Mosteiro de Santa María (en Xunqueira de Espadañedo). Máis tarde do previsto volvemos para xantar en Maceda, a carón do río e das piscinas. E aquí veu o noso momento negro do día porque estabamos con idea de darnos un baño e comezaron a caer unha pingas... Así que demos un paseo (con Sara e Sarela de guías) ata un muíño restaurado para inmediatamente subirmos a unha das naves da escola de ciclismo J.A. Hermida para coas bicis que levamos no autobús e cos magníficos mestres (Xulio, Sarela, e outros alumnos da escola) darmos unha voltas. Tivemos que marchar porque nos estaban esperando no castelo - o Sr. alcalde e un concelleiro- para facer un pequeno percorrido por aquelas alturas e aprendermos máis cousas; de Alfonso X O Sabio e mesmo de Napoleón. 

Si, quedounos pendente un baño nas piscinas... Con todo, unha excelente xornada: grazas a tod@s os que a fixeron posible. Moitísimas grazas!!!