23/3/17

Encontros Plambe 2017

O pasado venres participamos, no Palacio de Congresos en Santiago, nos encontros dos Centros que estamos dentro do Plan de Mellora das Bibliotecas Escolares. Xa somos máis de 600 os colexios que estamos nesta motivadora proposta e imos pola séptima edición.
 "En tempos de evolución e cambios profundos no ámbito social e educativo cómpre empregar utensilios ben calibrados para acertar no rumbo a seguir; imponse a necesidade de estudar ben as direccións dos ventos e a súa intensidade; é obrigatorio dotarse de argumentos e razóns para seguir adiante nos camiños de innovación encetados e sortear, así, perigos diversos. O faro como símbolo da luz e o coñecemento tense empregado para referirse ás bibliotecas. Reividicámolo aquí tamén como invento humano imprescindible para guiarse na escuridade: o mesmo que a biblioteca escolar"
                Asesoría de bibliotecas escolares
No enlace seguinte dispoñemos dos materiais dos encontros: programa, dosier informativo, resumos, presentacións, vídeos, blogues... Un montón de bos recursos. Ánimo! A gozar deles!

20/3/17

Días mundiais da Poesía, da Árbore e da Auga

Esta semana estamos a celebrar, dun xeito especial os días da Poesía, da Árbore e da Auga. Hoxe é o equinoccio de primavera. Equinoccio (do latín aequinoctium (aequus nocte), é cada un dos dous instantes do ano en que o Sol está exactamente sobre o ecuador celeste, que se corresponde coas datas en que o día e a noite teñen igual duración e que marca o principio da primavera e do outono, respectivamente.  
O equipo dinamizador da B.E. ten preparada unha actividade especial con motivo da celebración do Día Mundial da Poesía; propoñemos esta actividade para traballar a composición poética ao longo da semana: a árbore poética. É unha actividade que se presta para traballar de forma individual, por parellas, en grupos pequenos ou en gran grupo. Nas aulas -tanto de infantil como de primaria- imos traballar con palabras, rimas, versos, pareados, estrofas. Atentos pois ás carpetas e/ou caixas poéticas que chegarán ás vosas aulas. 
Resultado de imagen de castiñeiro de pumbariños 
Tamén participamos na 3ª Semana Escolar da Árbore e da Auga; recibimos da Deputación o conto "O amor eterno de Rozabales", unha historia de castiñeiros e augas termais, que estamos lendo; tamén un par de árbores pequeniños que poñeremos no patio. 
Castaño de Pombariños (www.rutadelosrios.com) 
 

16/3/17

Finalistas no xornalistas na escola


Este pasado mércores, 15 de marzo, atopamos que no suplemento de La Región "Xornal escolar" aparecía o traballo feito, para participar neste concurso, da aula de 4º A do Ceip Rosalía de Castro.  Recibimos a nova cunha gran alegría porque somos, un ano máis, finalistas. Se lle queredes botar unha ollada poñemos aquí o enlace ao noso "Eu son... Rosalía" que tivemos que mandar a comezos de xaneiro e no que recollemos varios traballos:
- A partires do Eu son... Balbino de Neira Vilas (Somos a Aula Neira Vilas) Fixemos unha presentación de cada un de nós pero imaxinándonos cómo estaremos dentro duns 20 anos. 
- O río Limia e os ríos da nosa contorna, as aves do Limia. O abrazo ó río Lim(i)a porque este curso estamos participando na VII edición e contamos a nosa estancia en Ponte de Lima en Outubro.
Parabéns !!!!! E moitas grazas a tod@s os participantes. Que por certo no listado do equipo de traballo non figuran os nomes de Carla Dos Santos e Paula Lama (aínda que si están na foto)

Eu son...Rosalía 2017.pdf

Outra sesión de "Ti tamén contas"


 O mércores 14 de marzo tivemos na nosa biblioteca outra sesión de "Ti tamén contas", actividade na que unha nai, un pai (ou calquera outra persoa da comunidade educativa) lles conta ou le algo ó alumnado. Nesta ocasión foi Rosa Mª Fernández Carnero (Moitas grazas!) a que nos agasallou ó alumnado de 1º de primaria. 





13/3/17

A educación dende o compromiso co territorio



Os vindeiros 30 e 31 de marzo temos unhas xornadas de interese para participarmos en Ourense. Un achegamento á experiencia de Óbidos.
 Óbidos é un municipio Portugués (rexión de Leiria) cuns 12000 habitantes, e situado 80 kms. ao norte de Lisboa. Dende o ano 2002 hai unha estratexia educativa, formal e decidida, que ten na creatividade, no recoñecemento dos valores comunitarios e no desenvolvemento saudable dos seus viciñ@s o seu eixe vertebrador. Así, o municipio de Óbidos leva algo mais de 10 anos implementando unha idea de desenvolvemento focalizada no turismo, a cultura e a economía, que levou á organización, durante os últimos anos, de múltiples eventos relacionados con diferentes áreas da creatividade: produción, escenografía, entretemento, música, deseño gráfico, márketing e publicidade, multimedia, creación artística e investigación cultural.
...O feito de que, relativamente preto de nós, se estea a desenvolver unha experiencia innovadora do primeiro nivel, na que se funden educación, enfoque comunitario e creatividade, e que esta teña dado lugar a unha rede de recursos socioeducativos que xa teñen demostrado o seu valor, é algo que debe ser coñecido de primeira man para, de ser o caso, logo poder difundilo coa esperanza de que axude a mover conciencias, ou cando menos propiciar cuestionamentos e a mellora doutras prácticas. 
(Fragmentos tomados da memoria da visita do CIFP POrtovello a escolas d´Óbidos, Portugal)

O CIFP Portovello e a Facultade de Ciencias da Educación (Universidade de Vigo - Campus de Ourense) convídannos ao encontro pedagóxico “A educación dende o compromiso co territorio. Achegamento á experiencia de Óbidos”.

Se estades interesados/as podedes  ver o programa das xornadas na seguintes ligazón e a facer a vosa inscripción con caracter gratuíto.

Programa
Inscrición


10/3/17

Exposión na B.E. sobre " Os canastros"



Temos unha nova exposición na Biblioteca escolar. Trátase dunha exposición fotográfica sobre os hórreos, canastros, cabaceiros... (ten nomes ben diferentes duns lugares a outros: cabaz, cabazo, calostra...). Contamos cunha unidade didáctica que nos achegaron desde a Asociación O Bión para traballar este tema. Moitas grazas. Preguntade por ela, se vos interesa, ós membros do equipo da Biblioteca.
As familias tamén podedes visitala de luns a xoves de 15.15 a 16.15h



7/3/17

#adMÍRALAS

8 de marzo: Día internacional da muller.

A Organización das Nacións Unidas declarou o seguinte a través do seu portal:
"O tema de 2017 para este día é: "As mujeres nun mundo laboral en transformación: hacia un planeta 50-50 en 2030".
O día 8 de marzo todas as mulleres do mundo se unen por unha tradición de 106 anos, a celebrar o seu día, separadas por todas as fronteiras, as relixións, razas, etnias ou cultura, demostrando así ser todas elas unhas mulleres loitadoras que son capaces de todo por defender os sus dereitos tal e como o merecen, obtendo igualdade en moitos ámbitos da, ás veces, inxusta sociedade mundial.

¿Sabes en que disciplinas destacaron estas mulleres? Anímate a facer este trivial. 

http://www.publico.es/sociedad/dia-internacional-mujer-mujeres-deberian.html
http://www.publico.es/sociedad/dia-internacional-mujer-mujeres-deberian.html

As mulleres son casi invisibles para a historia oficial.

Aquí poñemos algúns enlaces de interese para aprendermos algo máis delas:


1. Sufraxismo e feminismo. A loita polos dereitos das mulleres
2.  Mulleres revolucionarias que non saen nos libros de historia


Obtención do dereito ó voto das mujeres dalgúns países
Nueva Zelanda
          1893
Australia
          1901
Finlandia 
          1906
Noruega
          1913
Dinamarca
         1915
Reino Unido
  1918 (+30 años)
Alemania, Países Bajos
Polonia, Rusia, Austria
       1918
Bélgica
            1919     
Estados Unidos, República Checa, Eslovaquia
            1920
Suecia
            1921
España, Portugal
            1931
Francia, Italia
          1945  
Grecia
            1952
Suiza
       1974


Estas datas son indicativas, pois moitas veces o proceso de obtención dos dereitos políticos das mulleres foi longo e complexo. Un exemplo é Portugal: en 1931 as mulleres con estudios superiores ou secundarios obtiveron o dereito de votar. Haberá que esperar, despois, ata 1974, coa caída da dictadura, para que se poida falar propiamente de voto feminino. Moitos dos países que obtiveron o dereito de voto no período de entreguerras, España é un bo exemplo, pasaron posteriormente por longas etapas dictatoriais nas que o voto feminino, e masculino, foi suprimido ou absolutamente adulterado.  http://www.historiasiglo20.org/sufragismo/triunsufrag.htm

6/3/17

Desfile Entroido 2017

Aquí poñemos o vídeo con todos os que que estivo a facer, Oumee, o venres 24 de febreiro que se dedicou a gravarnos. Este curso temos con nós a este Auxiliar de conversa por sermos un centro con seccións bilingües. Moitas grazas Oumee!!! E agora, a gozar con estes actores e actrices!!!

Semana da prensa na escola

http://www.prensaescuela.es/images/suplementos/curso_2016-2017/VE20170222.pdf
Entre o 6 e o 10 de marzo estamos a celebrar a 29.ª edición da Semana da Prensa na Escola, instituída pola Consellería de Educación en abril de 1989. No enlace temos cinco e-studios que poden consultarse na web do Programa Prensa-Escuela, sección de Profesores (www.prensaescuela.es). 

El periódico en las aulas.
  É un Stio web creado para os que desexen utilizar o periódico en educación. En cada unha das unidades ofrécense textos que invitan á acción e á reflexión; tamén unha guía didáctica orientadora para aplicar na aula. Medios de comunicación e educación e educomunicación.  Son textos contidos no libro de 1999, El periódico en las aulas. Análisis, producción e investigación”. editado en Huelva polo Grupo Comunicar.

20/2/17

Provincial campo a través

Ao redor dunha decena de rapaces e rapazas do Rosalía participaron o pasado sábado no campionato provincial escolar de campo a través, celebrado nas instalacións de Monterrei.
Aquí deixamos unha mostra do acontecido. Sobran as palabras.

19/2/17




#RosalíaTe: Día de Rosalía de Castro 2017


Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) disponse a conmemorar un ano máis o Día de Rosalía de Castro. O 24 de febreiro, fixado no Calendario do Libro e da Lectura como aniversario do nacemento da autora, esta entidade propón á cidadanía que agasalle un libro en galego e unha flor, alén doutras accións que contan con grande aceptación e impulso por parte da sociedade, e moi especialmente polo sector educativo, como se pode comprobar no arquivo audiovisual e de imaxes da nosa web.

Como o vindeiro venres nós temos o desfile do entroido adiantamos unha semana a celebración do día de Rosalía. Velaquí as moitas instantáneas que nos fixo Luis. Grazas!

Museo galego do entroido, compadres...

Dende a Limia, no enlace seguinte, conta algo da nosa visita ó museo galego do Entroido que o alumnado de 3º e 4º de primaria fixemos esta pasada semana.
 http://www.dendealimia.com/articulo/entroido-2007/alumnos-colexios-xinzo-visitaron-museo-galego-do-entroido/20170216220633008767.html
E como non podía ser menos, este xoves corremos os "compadres". Aquí vos deixamos algunhas imaxes que din o ben que o pasamos. 

Arranca a última semana do entroido coas comandas do Meco, Á espera do xoves de comadres e o desfile o vindeiro venres 24. Ánimo!


14/2/17

Auditorio (Xistralia), Ourense, Pop Art...


Ourense 13 de feb.2017 - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

A xornada do luns 13 de febreiro foi una tanto especial para o alumnado de 3º e 4º de Primaria. Fomos unha vez máis a Ourense. Primeiro, no Auditorio, asistimos á obra de "Sandra e Meirol en Xistralia. Gaiteiros da Xistra" dentro da programación para escolares Afundación. Gustounos moito porque ademais poidemos gozar coa presenza dun coñecido para nós: César, o home orquestra. 
Despois de tomarmos algo de "sobre almorzo" o alumnado de terceiro, cun guía de luxo, José Ramón, aprendemos a mirar doutra maneira a Ourense (catedral, praza, as burgas...). Moitas grazas!
Os de 4º achegámonos ata o Centro Cultural Marcos Valcárcel para vermos a exposición de Pop Art Icons e aprender pasándoo moi ben, grazas á nosa guía, Tatiana.. Andy Warhol e Steve Kaufman xa forman parte da nosa cultura artística. Moitas grazas! E parabéns a tod@s!!!  

13/2/17

2ªXornada comarcal de campo a través

O pasado mércores 8 de xaneiro desenvolveuse no campo da Moreira a segunda xornada comarcal de campo a través onde participaron os 20 primeiros clasificados da 1ª fase. En total ao redor de 40 rapaces e rapazas do Rosalía.

Coma sempre, unha actividade moi motivadora, iniciándose na competición pero sen olvidar valores como a cooperación, respeto, integración, etc.


10/2/17

A ferida do vento: presentación en Xinzo

A FERIDA DO VENTO naceu para homenaxear a Carlos e á miña vila xusto no ano en que celebramos o cincuenta aniversario da publicación de VENTO FERIDO. Por iso, esta presentación ten un significado especial para min porque volvo ao corazón mesmo da novela e terei diante miña a moitxs lectorxs coas claves do texto. Velaí queda por se a alguén lle interesa. 
(Antón Riveiro Coello)

Vento ferido, medio século do nacemento dun clásico. Real Academia Galega

4/2/17

Participamos na I Feira de Educación en Ponte de Lima


Feira educaçao - Kizoa Editar Videos - Movie Maker
O venres 3 de febreiro, a pesares da borrasca, fomos ata Ponte de Lima para participar na "I Feira da Educaçao, Ciencia e Tecnologia" que se estivo desenvolvendo entre o día 2 e o 5. A maioría do alumnado de cuarto cos titores e co apoio de Lía e José Manuel gozamos dun día entre unha xente que sempre nos acolle extraordinariamente e nos fai sentir que xa formamos parte daquilo. Moitas grazas a Sandra, Gonçalo, Joao, Vera, Amandio... O Pinchas (a mascota da Área Protexida).
Con lemas como "Innovación: O futuro é hoxe" estivemos, como transportados efectivamente, en ambientes educativos innovadores e, canto aprendemos!!! Porque pasámolo moi ben, que é algo que permite que flúa unha aprendizaxe eficiente, e ó mesmo tempo, familiarizámonos un chisco con algúns contidos como as células, os bioindicadores saudables, o cáncer, a diabetes... E "alucinamos" (si, "babeamos") co traballo feito por algunhas escolas como as do agrupamento de escolas de Freixo. Cos monitores de Visionarium, cos de Laboratorio Aberto, con tod@s foi unha xornada inesquecible. Moitas grazas!!! Temos moito que aprender e realmente houbo momentos que se vía nos rostros, nas miradas unha atención chea de emoción. Isto enche. Pero tamén hai que dicir que hai cousas que sabemos facer mellor do que o fixemos e por iso incluín a foto que me enviou Jesús, o condutor, de como deixamos o autobús... (!!!) Temos esta débeda pendente. Polo demais, parabéns a tod@s.

2/2/17

O Casamento dos Paxariños: o Día da Marmota galego ou o Día de San Valentín?

O día 2 de febreiro, véspera do San Brais, di a tradición galega que é o día que casan os paxariños.

Cristina en "Ti tamén contas"


   Este pasado martes, en "Ti tamén contas", ese espazo que é obra das nais e dos pais do Centro, tivemos a sorte de contar con Cristina, a nai de Carla que veu agasallar ao alumnado de Ed. Infantil cun conto. Moitas grazas, Cris!  Pola biblioteca foron pasando as aulas de infantil, por niveis, a alí gozaron deste tempiño que pretende mellorar a lectura, o gusto por ler, a atencion, a implicación das familias... a aprendizaxe.


30/1/17

Mil grúas pola paz

 GANDHI

O 30 de xaneiro de 1948, cando Gandhi ía a unha reunión para rezar, foi asasinado en Nueva Delhi por un radical hindú. Tiña 78 anos.  
Gandhi foi, por encima de todo, un defensor da igualdade e a xustiza. Loitou para lograr a independencia da India, loitou para acabar coas desigualdades que padecía a sociedad do seu país...
Converteuse nun símbolo da Non violencia e a busca da Paz.

"Ninguén pode facer o ben nun espazo da súa vida, mentres fai o dano noutro"

"A verdadeira educación consiste en obter o mellor dun mesmo. ¿Que outro libro se pode estudar mellor que o da Humanidade?"   (Tomado de César Bona)

E velaquí algunhas imaxes da nosa celebración do día escolar da Non violencia e da Paz. 




 

O Ourensán que esconde libros na cidade


Un ourensán apasionado da literatura leva escondido centenares de libros en sitios públicos de todo o planeta desde fai 14 anos. Pertence a unha plataforma mundial de "bookcroosing", románticos da cultura libre. (La Región, 30 de xaneiro de 2017).
http://www.laregion.es/articulo/ourense/mundo-biblioteca/20170130075801681584.html

24/1/17

Imos a "I Feira da Educação, Ciência e Tecnologia"!!


Promover e dar a conhecer os melhores projetos pedagógicos dinamizados pelos Centros Educativos de Ponte de Lima, são os objetivos da I Feira da Educação, Ciência e Tecnologia, durante a qual serão apresentados alguns projetos pedagógicos e Cursos Profissionais e do Ensino Superior. Pretende-se ainda dar a conhecer as inovações tecnológicas e cientificas com o apoio de alguns Centros de Investigação e das Universidades. Em simultâneo, este evento será ainda uma mostra das últimas novidades tecnológicas disponíveis no mercado, apresentadas pelas empresas do sector na região.
http://www.lagoas.cm-pontedelima.pt/pdf/atividades2017/Flyer_FeiraEducacao_2a5fev17.pdf

  

 O vindeiro venres, 3 de febreiro, o alumnado de 4º de primaria achegarémosnos a esta feira, dentro das actividades que enmarcamos cada curso, na participación do Abrazo ao río Lim(i)a. Actividades que seguen a medrar. Moitas grazas por convidarnos!!! Moitas grazas aos que nos posibilitades que todo isto se faga ( José Manuel, Sandra, Joao...). Estaremos encantados compartindo unha xornada de aprendizaxe. 


18/1/17

Razóns científicas para ler máis do que lemos

Este días teñen aparecido varias novas na prensa sobre a lectura. Velaquí algunhas das cousiñas que poidemos ver cos seus respectivos enlaces para ler máis:


 "A lectura, ademais de mellorar a empatía e a comprensión dos demais, é un dos mellores exercicios posibles para manter en forma o cerebro e as capacidades mentais".

"A actividade de ler require poñer en xogo un importante número de procesos mentais, entre os que destacan a percepción, a memoria e o razoamento"
" A lectura inunda de actividade o conxunto do cerebro e reforza tamén as habilidades sociais e a empatía, ademais de reducir o nivel de estrés do lector/a."
"O libro e calquera lectura comparable son, así, un ximnasio asequible e barato para a mente"
"Cada persoa debe elegir el tipo de lectura que máis o motiva e lle convén"



"Importancia de darlle máis valor social á lectura"
"O texto critica a LOMCE por varios aspectos. Entre outros, a anterior normativa fixaba un tempo diario de lectura non inferior a 30 minutos, para a Ed. Primaria".
"Máis diñeiro para as bibliotecas, axudas aos libreiros ou un IVA reducido para os libros electrónicos son algunhas das ideas propostas. Só así, sosteñen os editores, esta gran novela terá final feliz".
"Ó ler convertémonos en creadores, ó trasladar o mundo do narrador á nosa imaxinación"
"A lectura é a segunda actividade cultural favorita polos españois, despois de escoitar música"
"A lectura non formou parte claramente do noso sistema educativo e social"

17/1/17

Materiais para a celebración do día escolar da Non Violencia e da PAZ (30 xaneiro)

https://www.youtube.com/watch?v=7HaZeUQQzrw

Según una leyenda japonesa, tu mayor deseo se hará realidad, si construyes mil grullas de papel. La consigna de crear grullas de papel en la lucha por la paz, se remonta a la historia de una de las pequeñas víctimas de la bomba de Hiroshima durante la Segunda Guerra Mundial.
Sadako Sasaki tenía dos años cuando cayó la bomba en Hiroshima, ciudad en la que vivía. Diez  años más tarde (cuando tenía 12 años), como consecuencia de la irradiación que le produjo la bomba de Hiroshima, los médicos le diagnosticaron leucemia. Cuando la pequeña Sadako estaba en el hospital recuperándose de su enfermedad, su amiga Chizucho le explicó la historia de las 1.000  grullas de papel. La historia consiste en que si deseas algo con mucha fuerza y  construyes 1.000 grullas de papel ( papiroflexia), los dioses te concederán ese deseo que tanto anhelas.
Es así como Sadako deseó curarse de su terrible enfermedad y para ello se propuso construir por sí misma 1.000 grullas de papel, aunque no logró conseguirlo porque falleció mucho antes de poder acabarlas todas. Murió en octubre de 1955 y sólo había conseguido plegar 644 grullas de papel. Simbólicamente, sus amigos continuaron su misión y completaron las mil grullas, con la esperanza de que se evitaran las guerras en el futuro y se consiguiera la paz entre todos los países del mundo. Tres años más tarde de la muerte de Sadako, los niños de toda la ciudad de Hiroshima le dedicaron una estatua de ella con una grulla en su mano. La estatua está en el  Parque de la Paz de Hiroshima.


¿Por qué un grulla?
Para los japoneses la grulla es el símbolo de la paz, como para nosotros lo es la paloma blanca. Para los japoneses la grulla además de paz, significa salud.
¿Qué es una grulla?
Las grullas son aves de espacios abiertos. Se desplazan dando zancadas con sus largas patas  y recogen semillas e insectos con sus largos picos. Viven en bandadas y muchas de ellas recorren largas distancias para criar. Las distintas variedades de grullas tienen en común que se emparejan de por vida. Son muy fieles.
¿Qué es el origami?
El origami es parte integral de la cultura japonesa desde hace más de 1.000 años .  Su técnica se  basa en el plegado de papel para crear figuras (papiroflexia).       

10/1/17

Retos de lectura 2017



Queridos estudantes:
Hoxe é unha data importante porque, neste trimeste, iniciamos unha viaxe fantástica. Para esta viaxe, precisaredes un documento de identificación e de constancia do voso percorrido:
Un pasaporte!!!
Neste caso será un pasaporte da lectura que reflectirá a vosa viaxe pola fantasía, a ilusión e o coñecemento que os libros nos aportan a todos. FELIZ VIAXE!!!

Bases de participación

1.  Elixe e marca no pasaporte un reto de lectura.

2.  Le un libro que coincida co teu reto.

3.  Cubre a ficha de lectura. (Está na biblioteca na caixa Retos de lectura 2017).

4.  Escribe no pasaporte o título do libro.

5.  Na hora de ler vai a biblioteca e entrega  o pasaporte e a ficha  cuberta. Se o reto está superado conseguirás un selo.

6.  Se acumulas polo menos 5 selos entrarás no sorteo dun agasallo.
    Se tedes algunha dúbida, xa sabedes, pregubntade na biblioteca.
Equipo Dinamizador da Biblioteca Escolar