31/1/16

#entroidodexinzo #unsentimento

Dentro das actividades que organiza o Museo Galego do Entroido, está a de concienciar aos / ás mais novos e novas da importancia e o orgullo que debe supor vestir o noso traxe de Pantalla. 
Como levalo correctamente, como comportarse durante estes días de Entroido se decidimos vestir un dos nosos sinais de identidade foron os obxectivos da charla que o xoves día 28 Suso, Ricardo e Alberto da Comisión Organizadora do Entroido deste ano déronnos nas instalacións do Museo. Contamos ademáis coa colaboración de Domingo e Carlos, que nos ensinaron dunha maneira práctica e visual como se comportan unha Pantalla. A todos eles... Moitas grazas.
Tamén aproveitamos a nosa vista para coñecer os distintos traxes dos diferentes Entroidos que se celebran por toda Galicia e prometemos unha nova visita para ver os fondos que non estabam debido a celebración dos días grandes do Entroido. Volveremos...!!! #entroidodexinzo #unsentimento

28/1/16

Día escolar da non violencia e a paz

https://www.youtube.com/watch?v=OcutNBTqF-4
Video en paz, paz, paz juanes


Todo preparado para facermos tod@s un gran xogo polo patio con motivo do Día escolar da non violecia e a paz que adiantamos ao 29, porque o 30 é sábado. Que non nos chova!!!
Lembrando que é unha xornada educativa fundada en España en 1964 polo poeta e pacifista mallorquín Llorenç Vidal como punto de partida e de apoio para unha educación non-violenta e pacificadora de carácter permanente, que se celebra o 30 de xaneiro de cada año, no aniversario da morte do Mahatma Gandhi.

23/1/16

Visitamos o Museo do Entroido

O pasado venres, 22 de xaneiro, as nenas e nenos de 6º de Educación Infantil visitamos o Museo do Entroido da nosa vila. Alí recibiunos Suso Fariñas, que nos explicou todos os traxes (que non disfraces...) e carautas de todas as partes de Galicia e Portugal que alí teñen. Moitas grazas, Suso!
Madamas, Galanes, Boteiros, Peliqueiros, Cigarróns, ... e por suposto Pantallas! Alí están todos para que entendamos que a realidade do noso entroido está presente en toda Galicia. Algúns traxes non estaban no Museo porque tiveron que voltar á sú terra para desfrutar destes días de festa. Por iso, teremos que volver... #entroidoxinzo #unsentimento

17/1/16

Sementes nutritivas para un futuro sostible



   "Los cultivos leguminosos como las lentejas, los frijoles, los guisantes y los garbanzos son un elemento fundamental de la canasta de alimentos. Las legumbres son una fuente esencial de proteínas y aminoácidos de origen vegetal para la población de todo el mundo, y se deben consumir como parte de una dieta saludable para combatir la obesidad y prevenir y ayudar a controlar enfermedades como la diabetes, las afecciones coronarias y el cáncer; también son una importante fuente de proteína de origen vegetal para los animales.
Además, las legumbres son plantas leguminosas que tienen la propiedad de fijar el nitrógeno, lo que puede contribuir a aumentar la fertilidad del suelo y que tienen efectos positivos en el medio ambiente".     http://www.fao.org/pulses-2016/es/



Lembrando - con esta entrada- que este ano a FAO adícao ás leguminosas: fabas, garavanzos, feixóns, chícharos, lentellas, caupí (?), altramuces, guandú (?) poñemos en marcha os viveiros que imos facendo nas aulas para despois podermos pasalos á horta que temos no cole. Non vos esquezades do banco de sementes que temos e que podemos ir renovando. Tampouco de mirar a fase da lúa ou o calendario de agricultura biodinámico !!!.

13/1/16

Pasaporte de lectura

Querid@s estudantes: 
    Hoxe é unha data importante porque iniciamos unha viaxe fantástica. Para esta viaxe precisaremos un documento de identificación e de constancia no noso percorrido: un pasaporte!!!
Será un pasaporte de lectura que reflectirá a nosa viaxe pola fantasía, a ilusión e o coñecemento que os libros nos aportan a tod@s. Feliz viaxe!!!

Bases de participación: 
1. Solicita na nosa biblioteca o teu pasaporte.
2. Elixe e marca no teu pasaporte un reto de lectura
3. Le o libro escollido e cubre a ficha de lectura (que che dará o teu titor/a ou o equipo dinamizador da B.E.)
4. Na hora de ler achégate á biblioteca e entrega o pasaporte e a ficha cuberta. Se o reto está superado conseguirás un selo.
5. Se acumulas polo menos 5 selos dos 10 retos propostos -ata o 8 de xuño- entrarás no sorteo dun agasallo.
Retos de lectura para os de 3º e 4º de primaria:
1. Ler un libro de poemas
2. Ler un cómic
3. Ler un libro de aventuras
4. Ler un libro dun escritor galego
5. Ler un libro protagonizado por un nen@
6. Ler un libro que lle gustara moito aos teus pais cando tiñan a túa idade.
7. Ler un libro que xa teñas lido e che gustre volver a ler.
8. Ler unha biografía
9. Ler un conto clásico
10. Ler un libro sobre a túa afección favorita.

Retos de lectura para os de 5º e 6º de primaria:
1- Ler un libro que poidas rematar nun día
2- Ler un libro escrito por un autor estranxeiro
3- Ler un libro de non - ficción
4- Ler un libro recomendado por un amig@
5- Ler un libro de máis de 100 páxinas
6- Ler un libro de poemas
7- Ler un libro sobre o que fixeran unha película
8- Ler un libro cun protagonista que sexa un neno ou unha nena da túa idade
9- Ler un cómic
10- Ler un libro de medo ou misterio.


7/1/16

Retos de lectura ou divertimento lector?


Un dos propósitos clásicos de ano novo é o de ler máis. Pero como ocorre coa dieta, o exercicio e deixar Twitter dunha vez por todas, case sempre todo queda  nunha ben intencionada promesa que non chega a cumplirse. Unha posible axuda son os retos de lectura, que nos propoñen chegar a un obxectivo anual e que, como todos os desafíos, poden supoñer un aliciente. 
Así comeza este artigo, que poñemos aquí para que lle botes unha ollada e te decidas ou non por marcarte un desafío lector; iso si,  goza da lectura. 

Un conto de Oscar Wilde

Conto breve, completo, dos que Oscar Wilde escribira para os seus fillos. Apto para todos os públicos. 



"Había una vez un hombre muy querido de su pueblo porque contaba historias. Todas las mañanas salía del pueblo y, cuando volvía por las noches, todos los trabajadores del pueblo, tras haber bregado todo el día, se reunían a su alrededor y le decían: 
-Vamos, cuenta, ¿qué has visto hoy?
Él explicaba:
-He visto en el bosque a un fauno que tenía una flauta y que obligaba a danzar a un corro de silvanos.
-Sigue contando, ¿qué más has visto? -decían los hombres.
-Al llegar a la orilla del mar he visto, al filo de las olas, a tres sirenas que peinaban sus verdes cabellos con un peine de oro.
Y los hombres lo apreciaban porque les contaba historias. 

Una mañana dejó su pueblo, como todas las mañanas... Mas al llegar a la orilla del mar, he aquí que vio a tres sirenas, tres sirenas que, al filo de las olas, peinaban sus cabellos verdes con un peine de oro. Y, como continuara su paseo, en llegando cerca del bosque, vio a un fauno que tañía su flauta y a un corro de silvanos... Aquella noche, cuando regresó a su pueblo y, como los otros días, le preguntaron:
-Vamos, cuenta: ¿qué has visto?
Él respondió:
-No he visto nada".  Oscar Wilde

A lectura e a felicidade

Un estudio sostiene que los lectores son (un poco) más felicesOs lectores son máis felices. Un pouco máis que os non lectores, según un estudo patrocinado polo grupo editorial italiano Mauri Spagnol e realizado polo Centro de Estudios de Mercado e Relacións Industriais da Universidade de Roma-3

Velaquí o enlace para ler esta nova:

20/12/15

O Boletín da biblioteca

Entregamos un exemplar a todo ó alumnado. É o noso boletín nº 8. 



Festival de Nadal 2015

O pasado venres, 18 de decembro celebramos o Festival de Nadal 2015. Artistazos e artistazas pasaron polo escenario para amosarnos todo o traballo que levaban preparando dende hai días. O noso recoñecemento e agradecemento vai para todos e todas eles e tamén para o profesorado que preparou estas marabillosas actuacións. Toda a Comunidade Escolar tivo a oportunidade de asistir ao evento o día anterior, xoves. Pero por se non puideches ir, aqui tedes un vídeo co mellor do que alí sucedeu... Parabéns de novo e a desfrutar!

10/12/15

Espantallo amigo e Neira Vilas




    O alumnado de 3º e 4º de primaria traballamos este primeiro trimestre co libro de Xosé Neira Vilas "Espantallo amigo" porque tiñamos programado ir ver a obra de teatro con este mesmo título de "Os quinquilláns". O día 9 de decembro era o día sinalado e fomos ata a Casa de Cultura; tamén estaba o alumnado do segundo ciclo do Ceip Carlos Casares. E si, alí estaba, porque para coidar cada figo naceu o Espantallo amigo.
 O que non contabamos era que neste tempo nos deixara o noso admirado Xosé Neira Vilas. Hoxe lembrámolo dunha maneira especial como tamén o fixemos -cando finou- indo aula por aula a lerlles aos compañeir@s o alumnado de 3º A (aula Neira Vilas)  

"Eu son...  Balbino. Un rapaz da aldea. Como quen dis, un ninguén. E ademais, pobre. Porque da aldea tamén é Manolito, e non hai quen lle tusa, a pesares do que lle aconteceu por causa miña" ...

Ti tamén contas

 
Comezamos con este espazo: algunhas familias preparan un conto para ler ou contar ó alumnado do Ceip. Compartimos o gusto por ler: familias, mestr@s, alumnado. E a Biblioteca tamén é "a catedral da alma, da mente, parque temático da imaxinación". Moitas grazas, Laura -que participou o 4 de decembro- e moitas grazas a todas as familias que se anotaron e xa están, algunhas a preparar o conto, outras, esperando para vir.

2/12/15

Contra a violencia de xénero

Poñemos aquí unha mostra das actividades que ao redor desta data levamos a cabo: obradoiros coa participación do CIX da Limia (CDR "O Viso"), Cruz Vermella e CIM de Xinzo e actividade central no patio.

26/11/15

Materiais das VI Xornadas de B.E.


  
 Xa volo contamos, participamos nas VI XORNADAS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA.


   Un ano máis a Asesoría de Bibliotecas Escolares e o CAFI, tanto na organización como na selección de ponentes fixeron un traballo impecable e, a pesares de que pode resultar cansado rematar a semana na escola un venres e saír  para Santiago, pagou a pena.

   Aquí tedes o enlace a todas as presentacións  das xornadas:
http://www.edu.xunta.es/biblioteca/redeBE/course/view.php?id=24

24/11/15

Día Internacional contra a violencia de xénero

Con motivo da celebración do Día Internacional contra a violencia de xénero esta semana temos distintos actos no Ceip para concienciarnos desta grave problemática. Así, hoxe martes, está o alumnado de 6º realizando un obradoiro que prepararon desde o CIX da Limia (CDR O Viso), o CIM (Centro de Información á muller, Concello de Xinzo). e, nas aulas estamos preparando o acto que faremos tod@s o venres e que consistirá:
1.- Na lectura dun manifesto en contra da dita violencia  (Pódelo ler aquí abaixo)
2.- En gardar un minuto de silencio en memoria da vítimas
3.- Na elaboración dun mural que recolla as pegadas dans mans pintadas; unha por cada muller falecida.
4.- En cantarmos tod@s xuntos "Que nadie calle tu verdad"  de Manuel Carrasco e Malú.


MANIFESTO
Neste día tan especial, conmemoramos o Día Internacional contra a Violencia de Xénero e a Comunidade  Educativa do Colexio Rosalía de Castro  comprometémonos a traballar por unha educación igualitaria e non sexista co seguinte manifesto:
- Todos e todas, homes e mulleres, nenos e nenas, temos os mesmos dereitos e as mesmas obrigas.
- Debemos resolver os nosos problemas con diálogo. O uso da violencia é inútil e só lleva a máis violencia.
     - Debemos respetar e tolerar ás persoas sen ter en conta o seu xénero.
- Ningunha persoa é dona de ninguén nin escrava de ninguén.
- Non se debe utilizar a forza contra os máis débiles.
- Non debemos de ameazar para conseguir aquelo que queremos.
-  Debemos respetar ás persoas no uso da súa palabra.
-  Ninguén ten dereito a agredir, todos  e todas somos iguais e facelo é un feito inxusto.
-  Todos e todas somos iguais, non se debe permitir que ninguén maltrate ás mulleres, polo feito de selo.
- A violencia de xénero é una loucura, os homes non deben de crerse superiores ás mulleres, todos e todas somos iguais.
 - É intolerable pechar os ollos ante os casos de violencia de xénero en casa, na escola ou na rúa.
- Solidarizámonos coas mulleres que sofren este tipo de maltrato, todos e todas deberíamos poñer os medios necesarios para evitar que sucedan estas desagradables accións.
-  Estes feitos son negativos, e afectan de cheo, non só ás mulleres que o sofren, senón a toda una sociedade que o coñece  e o consinte.

Para eliminar a Violencia de Xénero pensamos que:
- O  diálogo e o debate son o vehículo idóneo para sensibilizar a toda a sociedade sobre este grave problema.
- A educación debe recorrer un largo camiño para formar a homes e mulleres na tolerancia e o respeto.
-  Un comportamento tolerante significa comprensión, recoñecemento, consideración e respeto ante posturas distintas ás nosas.
-  Debemos  demostrar Tolerancia Cero con todas aquelas condutas ou manifestacións que supoñan violencia de xénero.
-  Para conseguir unha ensinanza xusta e igualitaria, é necesario reforzar a formación de toda a comunidade educativa.
- O  nsoso cole será un espazo educativo de Tolerancia Cero contra todas estas situacións.
NON  Á VIOLENCIA.

SI Á TOLERANCIA, Á IGUALDADE E Á DIGNIDADE.

22/11/15

Participamos nas VI xornadas de Bibliotecas escolares

   O pasado venres 20 e sábado 21 de novembro unha representación do Equipo Dinamizador da Charca dos libros participamos en Compostela nas VI XORNADAS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA; unha actividade de formación permanente do profesorado, organizada conxuntamente pola Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, a través da Asesoría de bibliotecas escolares, e a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa (a través do CAFI). Participamos preto dun milleiro de profesoras e profesores de toda Galicia; máis de 900 pero algúns menos que en anos anteriores, que pasamos dos mil.  
O programa contemplou un bo feixe de experiencias de bibliotecas escolares galegas que funcionan como "bases de exploracións", en alusión ao lema da campaña de bibliotecas escolares deste curso 2015/2016, así como experiencias de traballos por proxectos coordinados por distintas bibliotecas escolares. Acudiron, Carlos MagroXurxo MariñoGuadalupe JoverFelicidad Campal, Rosa Piquín e Ana Siro , expert@s de distintos ámbitos que nos fixeron partícipes dos seus moitos coñecementos e nos deron pistas sobre os novos retos que debemos enfrontar as bibliotecas escolares e os centros escolares, para facilitar a adquisición das competencias clave por parte do alumnado, tendo nas bibliotecas escolares o gran aliado. 
En breve poñeremos aquí o enlace para que aquelas persoas que queiran poidan acceder ós documentos gravados nestas xornadas.

Carreiras no Guillelme Brown

Sábado de carreiras no colexio Guillelme Brown en Ourense...E coma sempre, participación de rapaces e rapazas do Rosalía.
Son uns campeóns.




1ª Xornada comarcal de campo a través

O pasado martes 17 de novembro 87 rapaces e rapazas do Rosalía participaron na primeira carreira comarcal de campo a través celebrada na Moreira. Os vinte primeiros clasificados/as en cada categoría terán a posibilidade de correr na 2ª xornada que se organizará para o mes de xaneiro.

Aquí deixamos unha breve mostra do sucedido.
Destacar a gran participación, o esforzo e as boas actitudes do noso alumnado.



17/11/15

Imos de andaina!

O alumnado de quinto e sexto de educación primaria fixeron o pasado venres 13 de novembro a primeira andaina do curso escolar. Sairon do Mosteiro de Trandeiras cara a Torre de Pena e voltaron ao punto de saída nun roteiro circular para desfrutar alí dun gran magosto onde non faltou nin a empanada, nin os bolos preñaos, nin...por suposto... as castañas. 
Subidas, pendentes, camiños polo monte...nada puido deter ao noso intrépido alumnado que encararon todos estes atrancos con moi boa disposición e un gran sorriso. Agradecer especialmente a Ricardo Sieiro pola planificación e as fotos desta xornada e a Agrupación Local de Protección Civil de Xinzo de Limia que alí estiveron para facer dos nosos "anxos da garda" e para ter todo preparado cando con máis fame chegamos.... Así da gusto!!!

14/11/15

Magosto no Ceip e no Mosteiro de Trandeiras

   A xornada do venres 13 foi un tanto especial. Se o curso pasado non fixeramos o magosto porque un día choveu e o outro tamén... este ano o día foi espectacular: sol, boa temperatura (non había máis que pedirlle ó día). O outro puxémolo nós: Antonio co tixolo, o lume e as castañas; infantil e 1º, 2º, 3º e 4º de primaria, xogando un bo anaco da mañá (cadeiras, pano, sacos, brilé, ra, tira-soga); os de 5º e 6º facendo unha andaina desde o Bon Xesús de Trandeiras ata a torre de Pena e volta ó Mosteiro para comer o magosto nun entorno tan especial; e no cole tampouco faltaron os bolos preñados, empanada, a bica e as castañas. Nin as ganas de pasalo fenomenal.