Xa volo contamos, participamos nas VI XORNADAS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA.
Un ano máis a Asesoría de Bibliotecas Escolares e o CAFI, tanto na organización como na selección de ponentes fixeron un traballo impecable e, a pesares de que pode resultar cansado rematar a semana na escola un venres e saír para Santiago, pagou a pena.
Con motivo da celebración do Día Internacional contra a violencia de xénero esta semana temos distintos actos no Ceip para concienciarnos desta grave problemática. Así, hoxe martes, está o alumnado de 6º realizando un obradoiro que prepararon desde o CIX da Limia (CDR O Viso), o CIM (Centro de Información á muller, Concello de Xinzo). e, nas aulas estamos preparando o acto que faremos tod@s o venres e que consistirá:
1.- Na lectura dun manifesto en contra da dita violencia (Pódelo ler aquí abaixo)
2.- En gardar un minuto de silencio en memoria da vítimas
3.- Na elaboración dun mural que recolla as pegadas dans mans pintadas; unha por cada muller falecida.
4.- En cantarmos tod@s xuntos "Que nadie calle tu verdad" de Manuel Carrasco e Malú.
MANIFESTO
Neste día
tan especial, conmemoramos o Día Internacional contra a Violencia de Xénero e a
Comunidade Educativa do Colexio Rosalía
de Castro comprometémonos a traballar
por unha educación igualitaria e non sexista co seguinte manifesto:
- Todos e todas, homes e mulleres, nenos
e nenas, temos os mesmos dereitos e as mesmas obrigas.
- Debemos resolver os nosos problemas con
diálogo. O
uso da violencia é inútil e só lleva a máis violencia.
- Debemos respetar e tolerar ás persoas sen
ter en conta o seu xénero.
- Ningunha persoa é dona de ninguén nin
escrava de ninguén.
- Non se debe utilizar a forza contra os
máis débiles.
- Non debemos de ameazar para conseguir
aquelo que queremos.
- Debemos respetar ás persoas no uso da
súa palabra.
- Ninguén ten dereito a agredir, todos e todas somos iguais e facelo é un feito inxusto.
- Todos e todas somos iguais, non se debe
permitir que ninguén maltrate ás mulleres, polo feito de selo.
- A violencia de xénero é una loucura, os
homes non deben de crerse superiores ás mulleres, todos e todas somos iguais.
- É intolerable pechar os ollos ante os
casos de violencia de xénero en casa, na escola ou na rúa.
- Solidarizámonos coas mulleres que sofren
este tipo de maltrato, todos e todas deberíamos poñer os medios necesarios para
evitar que sucedan estas desagradables accións.
- Estes feitos son negativos, e afectan
de cheo, non só ás mulleres que o sofren, senón a toda una sociedade que o
coñece e o consinte.
Para eliminar a Violencia de Xénero
pensamos que:
- O
diálogo e o debate son o vehículo idóneo para sensibilizar a toda a
sociedade sobre este grave problema.
- A educación debe recorrer un largo
camiño para formar a homes e mulleres na tolerancia e o respeto.
- Un comportamento tolerante significa
comprensión, recoñecemento, consideración e respeto ante posturas distintas ás nosas.
- Debemos demostrar Tolerancia Cero con todas aquelas
condutas ou manifestacións que supoñan violencia de xénero.
- Para conseguir unha ensinanza xusta e
igualitaria, é necesario reforzar a formación de toda a comunidade educativa.
- O nsoso cole será un espazo educativo de Tolerancia Cero contra todas
estas situacións.
O pasado venres 20 e sábado 21 de novembro unha representación do Equipo Dinamizador da Charca dos libros participamos en
Compostela nas VI XORNADAS DE BIBLIOTECAS ESCOLARES DE GALICIA; unha
actividade de formación permanente do profesorado, organizada
conxuntamente pola Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos, a
través da Asesoría de bibliotecas escolares, e a Dirección Xeral de
Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa (a través do
CAFI). Participamos preto dun milleiro de profesoras e profesores de
toda Galicia; máis de 900 pero algúns menos que en anos anteriores, que pasamos dos mil.
O programa contemplou un bo feixe de experiencias de bibliotecas
escolares galegas que funcionan como "bases de exploracións", en
alusión ao lema da campaña de bibliotecas escolares deste curso
2015/2016, así como experiencias de traballos por proxectos coordinados
por distintas bibliotecas escolares. Acudiron, Carlos Magro, Xurxo Mariño, Guadalupe Jover, Felicidad Campal,Rosa Piquín e Ana Siro, expert@s de
distintos ámbitos que nos fixeron partícipes dos seus moitos coñecementos e nos deron pistas sobre os novos retos que
debemos enfrontar as bibliotecas escolares e os centros escolares,
para facilitar a adquisición das competencias clave por parte do
alumnado, tendo nas bibliotecas escolares o gran aliado.
En breve poñeremos aquí o enlace para que aquelas persoas que queiran poidan acceder ós documentos gravados nestas xornadas.
O pasado martes 17 de novembro 87 rapaces e rapazas do Rosalía participaron na primeira carreira comarcal de campo a través celebrada na Moreira.
Os vinte primeiros clasificados/as en cada categoría terán a posibilidade de correr na 2ª xornada que se organizará para o mes de xaneiro.
Aquí deixamos unha breve mostra do sucedido.
Destacar a gran participación, o esforzo e as boas actitudes do noso alumnado.
O alumnado de quinto e sexto de educación primaria fixeron o pasado venres 13 de novembro a primeira andaina do curso escolar. Sairon do Mosteiro de Trandeiras cara a Torre de Pena e voltaron ao punto de saída nun roteiro circular para desfrutar alí dun gran magosto onde non faltou nin a empanada, nin os bolos preñaos, nin...por suposto... as castañas.
Subidas, pendentes, camiños polo monte...nada puido deter ao noso intrépido alumnado que encararon todos estes atrancos con moi boa disposición e un gran sorriso. Agradecer especialmente a Ricardo Sieiro pola planificación e as fotos desta xornada e a Agrupación Local de Protección Civil de Xinzo de Limia que alí estiveron para facer dos nosos "anxos da garda" e para ter todo preparado cando con máis fame chegamos.... Así da gusto!!!
A xornada do venres 13 foi un tanto especial. Se o curso pasado non fixeramos o magosto porque un día choveu e o outro tamén... este ano o día foi espectacular: sol, boa temperatura (non había máis que pedirlle ó día). O outro puxémolo nós: Antonio co tixolo, o lume e as castañas; infantil e 1º, 2º, 3º e 4º de primaria, xogando un bo anaco da mañá (cadeiras, pano, sacos, brilé, ra, tira-soga); os de 5º e 6º facendo unha andaina desde o Bon Xesús de Trandeiras ata a torre de Pena e volta ó Mosteiro para comer o magosto nun entorno tan especial; e no cole tampouco faltaron os bolos preñados, empanada, a bica e as castañas. Nin as ganas de pasalo fenomenal.
O 5 de novembro de 2014 celebrouse -que saibamos- o día mundial do coidador/a. Por iso, nesta data, 5 de novembro queremos poñer aquí a imaxe da coidadora do Ceip Rosalía: A Luz de Trasmiras. Parabéns!!!
Este mércores 4 de novembro o alumnado de 3º e 4º de primaria pasamos a xornada en Ourense. Primeiro no Auditorio gozamos dunha actividade promovida pola Afundación "nana para un soldado" teatro dos Ghazafelhos, xunto a outros escolares da provincia. Despois os de 3º cun guía (moitas grazas José Ramón) visitamos a zona histórica de Ourense (catedral, praza maior, burgas...) e os de 4º con outro bo limiao (moitas grazas José Manuel) visitaron o parque botánico de Ourense, en Montalegre.
Poñemos aquí esta actividade LIM que elaborou o departamento de TIC do CEIP Alexandre Bóveda para traballar sobre a figura de Ángeles Alvariño nestes días que conmemoramos o Día da Ciencia en Galego. Se pinchades neste enlace, poderemos aprender moitas cousas dela.
Unha pequena mostra dos traballos que, con motivo do Samaín, se realizaron pola comunidade educativa do noso Centro. Parabéns polo traballo e a gozar das festas!!!
Compartimos esta xoia que nos achegou o Blog Maestro de Voz Natura. É un ” Manual ecológico para agricultores inquietos“, editado polo Colexio Público José de Escandón e a AMPA do centro e financiado pola Consejería de Medio Ambiente de Cantabria.
O libro é un manual para os mestres que recolle a programación, contidos e actividades ao longo do curso escolar arredor do horto escolar e desde unha perspectiva de agricultura ecolóxica. A calidade dos materiais parécennos excelente.
Cando o corvo da noite se pousaba nas derradeitas luces do solpor, os meus ollos de neno enchíanse de bágoas e de lóstregos.
O vento que fungaba nas vereas era un home langrán envolto en brétema cun fol ó lombo pra levar meniños.
Os albres semellaban pantasmas de cabalos desbocados agallopando os eidos.
Un medo que me viña das raíces do mundo tremíame no sangue.
Pasaba o xornaleiro asubiando con dous luceiros prendidos na eixada, i eu tiña medo.
Pasaba o cazador con bafexantes cans arrecendendo a toxos e carqueixas i eu tiña medo.
Pasaban de ruada os fortes mozos que voltaran da guerra tan contentes, i eu tiña medo.
Ao pasar ó meu lado e verme os ollos, alporizados, pasmos, decíanme: “Non teñas medo”, i eu tiña medo
Soio cando chegaba ós meus ouvidos a doce voz de mel da miña vella, xa non tiña medo.
Agora non comprendo como aquil ser cativo, aquela vella nena tan endébel, (nos eus ollos azures había luces de amenceres novos) podía escorrentar tan grande medo.
Estamos acabando de preparar o espazo para poñer esta exposición da Sociedade Galega de Historia Natural... Así que mirade os días, horarios e pasade a vela cando poidades. As clases xa teñen asignada unhas horas cada semana para a biblioteca; nas horas dos recreos tamén está aberta e o resto da comunidade educativa ten a posibilidade de vir polas tardes de 15.15 a 17h.
En breve recibiredes da man dos vosos fill@s a seguinte comunicación.
NOTA INFORMATIVA
Dentro do proxecto de animación á
lectura gustaríanos contar coa colaboración das familias, de toda a comunidade
educativa; por iso propoñémosche participar na seguinte actividade:
“Ti,
tamén contas”
Consiste en que o adulto que o desexe (pai, nai,
avó, avoa, madriña, padriño, ti@…) veña á biblioteca durante o horario escolar
para lerlle ou contarlle un conto a un grupo de nenos e nenas.
Os/as interesados/as deben
enviar ó centro a nota adxunta cuberta e
xa nos poñemos en contacto. Moitas grazas.
Atentamente
O Equipo Dinamizador da Biblioteca
D/Dna………………………………………………………………………………………………gustaríame
participar como contacontos na
actividade: “Ti tamén contas”.
Día ou días da semana que prefire
…………………………………………………
Hora na que podería vir
……………………………………..
Teléfono de contacto …………………………….
Así que ídevos animando e participade. Moitas grazas.
VI Abraço ao Rio Lima - Município de Ponte de Lima assinala Dia Nacional da Água e Dia Internacional do Idoso
Ambiente| 02 de outubro de 2015
O Município de Ponte de Lima promoveu no 1º dia de outubro o VI Abraço ao Rio Lima. A iniciativa dinamizada pelo Serviço da Área Protegida das Lagoas de Bertiandos e S. Pedro de Arcos, teve como objetivo comemorar o Dia Nacional da Água e o Dia Internacional do Idoso.
Esta ação que se realiza há seis anos contou com cerca de 1500 alunos dos 12 Centros Educativos do concelho e ainda dos Jardins de Infância da Correlhã, Facha e Brandara.
À semelhança das edições anteriores aderiram à iniciativa uma delegação da comunidade escolar de Xinzo de Limia, no âmbito do protocolo de geminação, existente entre estas duas localidades unidas pelo Rio Lima.
O Presidente da Câmara Municipal de Ponte de Lima acompanhado pelos vereadores da Educação, Desporto e Juventude, marcou presença na iniciativa como forma de mostrar a importância desta ação simbólica, no sentido de sensibilizar para a necessidade da preservação do Rio Lima.
A par do Dia Nacional da Água comemorou-se ainda o Dia Internacional do Idoso, contando com a presença dos utentes das IPSS´s - Instituições Particulares de Solidariedade Social, nomeadamente a Casa da Caridade da Nossa Senhora da Conceição de Ponte de Lima, Centro Comunitário de Refoios, Centro Social e Paroquial de Fornelos, Santa Casa da Misericórdia de Ponte de Lima e a AAPEL - Associação dos Amigos da Pessoa Especial Limiana.
Ao VI Abraço ao Rio Lima associaram-se outras entidades como a Escola Superior Agrária de Ponte de Lima; Unidade de Saúde Familiar Lethes; Unidade de Saúde Mais Perto; Bombeiros Voluntários de Ponte de Lima; PSP - Unidade Escola Segura e o Clube Náutico de Pico.
___________________________________________________________________ Aquí estivemos gozando de dous días: aprendendo, pasándoo xenial e con ganas de recibir a estes amig@s de Ponte de Lima que tan ben nos tratan e que tanto admiramos pola espectacular labor educativa que están a desenvolver. Parabéns e moitas grazas!
“SUPERVISIÓN
AMBIENTAL” NO CEIP ROSALÍA DE CASTRO. Xinzo de Limia.
(Tamén chamadas “PATRULLAS VERDES”)
·Somos grupos dunhas 4 persoas de primaria que imos rotando cada semana
·Pretendemos manter un “bo
clima” no centro, fomentar e educar no coidado do entorno.
·Levamos un distintivo (chaleco verde), un recolledor e unha escoba e coidamos que toda a comunidade educativa que transite polo centro teña un bo
comportamento cívico (convivencia pacífica: somos conscientes dos nosos
dereitos e deberes).
·Non nos dedicamos a recoller
o que outros tiran: facemos unha labor de concienciación, de conservación e
mellora do entorno. Coidamos que o noso espazo, si, esté limpo e se alguén tira
lixo ó chan, amablemente indicámoslle que ese comportamento non é axeitado, que
o recolla e onde debe gardalo (se lle caeu, sen darse conta) ou tiralo
(papeleiras, contedores diferentes...). Se o alumn@ non lle fai caso ós membros
do equipo, inmediatamente avísase ó profesorado que está de garda nese espazo
do patio.
·Antes de volver deixar
os recolledores en recepción deben baleirarse nos contedores que temos no patio
do centro (porta principal automática).
·Todos os titor@s estamos atentos á semana que nos toca facelo a nosa aula e pasarlle os chalecos
distintivos á aula seguinte (ou ir pedilo, se se nos esquece a quen debemos
pasalo).
CALENDARIO CURSO 2015/16______________________________________________
6º B
5 a 9 de outubro - 11 a 19 de febreiro -
6 a 10 de xuño
6º A
13 a 16 de outubro - 22 a 26 de febreiro -
13 a 21 de xuño
No Ceip estamos xa preparados para irmos co alumnado de 4º de primaria -como estes derradeiros anos- este xoves e venres (1 e 2 de outubro) para Ponte de Lima e participarmos no "VI Abraço ao rio Lima".
O Serviço da Área Protegida das Lagoas de Bertiandos e S. Pedro de Arcos, em colaboração com a comunidade educativa do concelho está a preparar mais uma edição do Abraço ao Rio Lima.
A iniciativa que vai já na VI edição, realiza-se a 1 de outubro - Dia Nacional da Água, e consiste em reunir o maior número possível de participantes à volta do Rio Lima.
A ação concentra-se junto ao rio Lima e para além da comunidade escolar conta com a presença dos utentes de instituições de solidariedade social do concelho, que se associam a esta ação, assinalando também o Dia Internacional do Idoso.
Como vem sendo habitual nos últimos anos, a iniciativa conta com a presença de uma delegação vinda de Xinzo de Limia. São cerca de 100 alunos, no âmbito do protocolo de geminação existente há mais de 30 anos entre Ponte de Lima e Xinzo de Limia.
O programa do VI Abraço ao Rio Lima inclui ainda a receção dos participantes, na Expolima, a partir das 9h30 da manhã, onde a festa começa com as seguintes atuações:
Escola de Musica de Ponte de Lima
Atuação das turmas da E.B.1 de Ponte de Lima (Hino)
Encenação da peça de teatro "Lenda do rio Lima" pelo Centro Educativo das Lagoas.
Às 11 horas realiza-se nas margens do Rio Lima o VI Abraço ao Rio Lima.