Este mércores, 19 de febreiro, celébrase o centenario do nacemento do poeta Xosé María Díaz Castro, a quen este ano se lle adica o Día das Letras Galegas.
Con este motivo, a biblioteca e o conxunto do equipo docente e alumnado do IES Poeta Díaz Castro de Guitiriz anima a toda a comunidade educativa galega a celebrar con nós esa data tan especial proxectando nos vosos centros o documental que o curso pasado realizaron os nosos alumnos en colaboración conPasen y Vean comunicación:"A lus do mundo. Redescubrindo ao poeta Díaz Castro" (pincha aquí para ver o documental)
Tedes a vosa disposición unha proposta de actividade de 50 minutos, con xogos sobre a poesía de Diaz Castro, realizados pola profesora María Miragaya, a partir do obradoiro da especialistaChus Otero. Como veredes os xogos son sinxelos, para facer de xeito individual cun ordenador ou na clase cun proxector. Podedes baixalos pinchando no título. Despois de facelo non gardedes os cambios, para podelos usar de novo.
Seica xa van alá 60 días chovendo ou 80. Pode, pois xa case non recordamos como é a vida sen chuvia... empeza o artigo de http://innovarteinfantil.wordpress.com/ . Velaquí dous interesantes enlaces sobre nomes galegos para o chover e a chuvia e palabras enchoupadas:
1. Como chove miudiño, como miudiño chove … Rosalía de Castro
2. Mexan por nós e temos que dicir que chove… Castelao
3. Chove en Santiago, meu doce amor… Federico García Lorca
4.Aran os bois e chove... Xosé María Díaz Castro
5. Que chove despois de chover, don Gregorio... Manuel Rivas
6....aferrará connosco unha vela de chuvascos ... Manuel Antonio
O alumnado do centro recibiu nestes días a visita de Adel, monitor de capoeira. Grazas a elo os rapaces e as rapazas de 3º, 4º, 5º e 6º tiveron a oportunidade de iniciarse e coñecer esta modalidade deportiva de orixen brasileiro, que consiste nunha mestura entre arte marcial e danza. A experiencia foi moi gratificante. Os nenos/as quedaron encantados con esta nova modalidade e desexosos de volvela a practicar nun futuro. Esperamos poder levar a cabo máis actividades deste tipo, transmitindo aos rapaces a grande cantidade de deportes e actividades que poden practicar no seu tempo libre e primando a necesidade da realización de actividade física como un hábito saudable na vida cotiá. Aquí deixamos unha breve mostra do realizado.
Xa temos na biblioteca do Centro o noso banco de sementes. Ó longo do primeiro trimestre fomos traendo a cada aula diferentes sementes cunha pequena ficha onde -coa axuda da familia- se ía poñendo o nome, data e lugar de recollida, periodo de sementeira e recollida, características do terreo para que se dea ben, usos e utilidades. Agora engadímoslle o nome científico e un lugar para a foto ou debuxo e-con esta información-confeccionamos un archivador. Así que, xa o sabes, pasa cando queiras ver este traballo de tod@s. Velaquí algunhas fotos de como o puxemos nun recuncho da biblioteca e o archivador coas fichas.
Añadir leyenda
Estamos tamén sementando nas aulas (preparando os "plantíos" en diferentes recipientes) para -máis adiante- transplantar para a nosa horta no Centro.
Incorporamos un enlace relacionado con esta temática:
Vandana Shiva (Dehradum, India, 1952) recorre estos días el mundo reclamando la “Libertad de las Semillas”. “Lo más revolucionario en estos tiempos que corren es un huerto”. A través de la organización Navdanya, Shiva promueve la creación de bancos de semillas como actos de resistencia ante “la destrucción ecológica y biológica”.
Ademais de animar á cidadanía a agasallar un libro en galego e unha flor nese día, a AELG convoca para o día 24 de febreiro deste 2014 o programa GraffitiRosalía, dirixido a toda a sociedade galega, e especialmente aos centros de ensino de toda Galicia, para realizaren nos propios centros ou en espazos públicos coa colaboración dos concellos, ademais de lecturas da obra rosaliana, unha acción colectiva en torno á figura de Rosalía de Castro co obxectivo de visibilizar os seus versos en espazos públicos e comunitarios.
Así pois, proponse a todos os centros educativos de Galicia para que, en muros ou paredes habilitadas a tal efecto, nos propios centros de ensino ou nas súas proximidades, grafiteen algún verso de Rosalía de Castro, de modo que o alento da súa voz se faga presente continuo para toda a cidadanía galega.
Esta intervención visual e artística poderá ir acompañada do recitado dos seus versos, ou de calquera outra actividade que contribúa a dinamizar e dar pulo á obra poética de Rosalía de Castro, en canto símbolo colectivo.
Desde a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega póñense á disposición dos centros de ensino os seus medios dixitais e de comunicación e difusión nas redes sociais para recompilar e difundir todas aquelas ligazóns onde as comunidades escolares dispoñan as súas actividades organizadas para este día. Para isto é preciso que desde os centros confirmen á AELG a súa participación no desenvolvemento destas actividades e, en segundo lugar, fagan chegar este material para amplificar o seu coñecemento e visibilidade ao seguinte enderezo: oficina@aelg.org
"Rosalía non entende de donos; naceu libre e está viva".
Un grupo de escritoras galegas quixo unirse para continuar dando vida a Rosalía. Así, organizándose espontaneamente a través das redes sociais, decidiron colaborar na gravación dun vídeo colectivo no que teñen cabida escritoras e non escritoras, nenas, mozas e vellas, feministas, transfeministas, actrices, vendedoras, estudantes, afectadas polas preferentes, libreiras, mulleres contra o maltrato, mestras, profesoras, persoal sanitario, ecoloxistas... Mulleres falando de mulleres, e ao tempo, falando de todos, falando dos que aquí e agora sofren. Este vídeo coral pretende seguir o exemplo de conciencia e rebeldía da grande escritora ao recitar os seus versos desde o presente. As gravacións amateurs foron montadas e editadas pola cineasta Raquel Rei. Participan, entre moitas outras, Mónica Caamaño, María do Cebreiro, María Xosé Queizán, Teresa Seara, Helena Villar Janeiro, Xulia Alonso, Eva Veiga, Yashmina Shawk, Begoña Paz, Mónica Bar, Rosa Enríquez, Lucía Novas, Inma López Silva, Estíbaliz Espinosa, Laura Bugalho, Rosalía Fernández Rial, Verónica Martínez, Rexina Vega ou Comba Campoy.
O pasado venres 24 de xaneiro celebrouse na Moreira (Xinzo de Limia) a primeira carreira comarcal de campo a través correspondente ó curso escolar 2013/2014. A participación de alumnado por parte deste centro foi moi importante, contando con corredores/as nas seis categorías. As sensacións e actitudes xeradas nesta actividade foron moi positivas, tendo en conta tanto os resultados como o comportamento, integración, esforzo, etc. Esperamos poder seguir brindando ós rapaces/as moitas máis experiencias deste tipo. Aquí mostramos un breve resumo en imaxes do realizado durante esta xornada.
Ademais do traballo feito en cada aula nestes días, con motivo da conmemoración do día escolar da paz e a non violencia, o día 30 fixemos no patio un acto todo o alumnado e profesorado do Centro. A partires dunha actividade para conformar grupos onde estiveramos mesturados (grupos con alumnado de todos os cursos), fixemos un xogo de descuberta (cada grupo tiña que ir á procura dun "tesouro" agochado en calquera recinto do recinto escolar).
Despois no ximnasio escoitamos un recitado de poesías -que nos prepararan o alumnado de 6º de primaria- e tod@s cantamos a canción que tiñamos preparada: SEGUIREMOS.
O 2 de febreiro de 1971 asinábase na localidade iraní de Ramsar a Convención que leva o seu nome " un tratado intergubernamental que serve de marco para a acción nacional e a cooperación internacional en pro da conservación e uso racional dos humidais e os seus recursos" nos 160 países que o asinaron ata a actualidade.
Dende 1967 cada 2 de febreiro a Convención conmemora o día dos humidais.
Podes seguir lendo no enlace da sociedade galega de Historia Natural.
Fotografía: Panorámica do asolagamento de Antela o 09-12-2000, unhas 20-24 horas despois da "crista da enchente" ou máximo asolagamento, tomada dende a torre de A Pena. Na imaxe, a lámina de auga principal en primeiro plano ten unhas 750-800 ha de superficie (cunhas dimensións máximas de 4,6 km de lonxitude x 2,1 km de largura) e está situada na marxe esquerda da canle principal de drenaxe. Hai ademáis un rosario de asolagamentos periféricos, o maior dos cales, na marxe dereita da canle principal de drenaxe (no centro da imaxen ó fondo), ten unhas 150-160 ha de superficie. Enchentes máis ou menos semellantes prodúcense cada vez que se encadean varias borrascas fortes e sucesivas do S-SO.
DATAS PARA LEMBRAR RELACIONADAS CO MEDIO AMBIENTE.2014
Este ano 2014 conmemórase o Ano Internacional da Agricultura Familiar. Ademais desta efeméride achegamos un calendario coas datas máis relevantes relacionadas co medio, para que quen queira celebrar estes días teña a man esta ferramenta de consulta.
DECENIOS INTERNACIONAIS
- Decenio das NN UU para os Desertos e a Loita contra la Desertificación (2010 - 2019)
- Decenio das Nacións Unidas sobre a Diversidade Biolóxica (2011-2020)
- Decenio das NNUU da Educación para o Desenvolvemento Sostible (2005-2014)
- Decenio Internacional para a Acción «A agua, fonte de vida» (2005-2014)
XANEIRO
26 – Día Mundial da Educación Ambiental
FEBREIRO
2 – Día Mundial dos Humedais
MARZO
5 – Día Internacional da Eficiencia Enerxética
14 – Día Internacional de Acción polos Ríos
21 – Día Forestal Mundial / Día da Árbore
22 – Día Mundial da Agua
ABRIL
7 – Día Mundial da Saúde
22– Día Mundial da Terra
29– Día do Animal
30– Día Mundial da Concienciación polo problema do ruido
MAIO
4 – Día Internacional do Combatiente de Incendios Forestais
15 – Día Mundial de Acción do Clima
21 – Día Mundial da Diversidade Cultural para o Diálogo e o Desenrolo
22 – Día Mundial da Biodiversidade
XUÑO
5 – Día Mundial do Medio Ambiente
8 – Día Mundial dos Océanos
17 – Día Mundial da Loita contra a Desertificación e a Sequía
XULLO
7 – Día da Conservación do Solo
11– Día Mundial da Poboación
AGOSTO
9 – Día Internacional das Pobacións Indíxenas
SETEMBRO
16 – Día Internacional para a Preservación da Capa de Ozono
22 – Día Mundial sen coche
25 – Día Mundial Marítimo
OUTUBRO
7 – Día Mundial do Hábitat
13 – Día Internacional para a Reducción dos Desastres Naturais
17 – Día Internacional para a Erradicación da Pobreza
NOVEMBRO
6 – Día Internacional para a Prevención da Explotación do Medio Ambiente na Guerra e os Conflitos Armados
O vindeiro 30 de Xaneiro, nesta ocasión, xoves, conmemoraremos, un ano máis, no colexio, o DÍA ESCOLAR POLA PAZ E A NON VIOLENCIA, no 66 Aniversario da morte de Mahatma Gandhi, unha personalidade aínda moi descoñecida para a maioría da poboación occidental, particularmente, as bases fundamentais do seu pensamento e da súa vida política e persoal.
SEGUIREMOS
Os soños cambiaron o destino das persoas e das nacións
No mes de decembro o Alumnado de 3 anos de Educación infantil estivo de visita en Correos (moitas grazas, Ramón) e entregaron a carta dos Reis. Despois foron felicitarlle o Nadal ós maiores do Centro de Día no Centro Social cunha postal xigante; uns e outros cantaron panxoliñas e fixeron algúns xogos.
A educación é a arma máis poderosa que se pode usar para cambiar o mundo.
Nelson Mandela (Madiba) foi presidente da República Sudafricana despois de pasar 27 anos no cárcere acusado de terrorismo e alta traición por defender os dereitos da poboación negra durante o apartheid. O seu número de preso (46664) é un símbolo de liberdade.
O Martes, 10 de Decembro de 2013, celebramos o DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS HUMANOS, no 65 Aniversario da aprobación da Declaración Universal de 1948.
Todos os seres humanos nacen libres e iguais en dignidade e dereitos. Dotados como están de razón e conciencia, deben comportarse fraternalmente os uns cos outros. - Artigo 1 Declaración Universal dos Dereitos Humanos
ADeclaración universal de dereitos humanos, adoptada pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas na súa resolución 217 A (III), de 10 de decembro de 1948 e que recolle os dereitos humanos considerados básicos.
A unión desta Declaración e os Pactos Internacionais de Dereitos Humanos comprende a Carta Internacional de Dereitos Humanos.
Canción sobre los derechos humanos de la infancia que pertenece a la BSO de la película de animación "EL EXTRAORDINARIO VIAJE DE LUCIUS DUMB", dirigida por Maite Ruiz de Austri y producida por Iñigo Silva. Los autores de la canción son Mili Vizcaíno y Pedro Calero, y todos los artistas, músicos, cantantes y técnicos son extremeños.
Blog dunha mestra de Primaria no C.P. Eduardo Sanchiz de Tarazona de La Mancha. Un banco de recursos multimedia para Infantil e Primaria, con actividades atractivas para repasar, reforzar e ampliar os contidos do currículo.
No ano 1985 a Asamblea Xeral das Nacións Unidas decretou o día 5 de decembro como o Día Internacional do Voluntariado. Dende entón son cada vez máis os gobernos e entidades sen ánimo de lucro de todo o mundo os que celebran este día.