A educación é a arma máis poderosa que se pode usar para cambiar o mundo.
Nelson Mandela (Madiba) foi presidente da República Sudafricana despois de pasar 27 anos no cárcere acusado de terrorismo e alta traición por defender os dereitos da poboación negra durante o apartheid. O seu número de preso (46664) é un símbolo de liberdade.
O Martes, 10 de Decembro de 2013, celebramos o DÍA INTERNACIONAL DOS DEREITOS HUMANOS, no 65 Aniversario da aprobación da Declaración Universal de 1948.
Todos os seres humanos nacen libres e iguais en dignidade e dereitos. Dotados como están de razón e conciencia, deben comportarse fraternalmente os uns cos outros. - Artigo 1 Declaración Universal dos Dereitos Humanos
ADeclaración universal de dereitos humanos, adoptada pola Asemblea Xeral das Nacións Unidas na súa resolución 217 A (III), de 10 de decembro de 1948 e que recolle os dereitos humanos considerados básicos.
A unión desta Declaración e os Pactos Internacionais de Dereitos Humanos comprende a Carta Internacional de Dereitos Humanos.
Canción sobre los derechos humanos de la infancia que pertenece a la BSO de la película de animación "EL EXTRAORDINARIO VIAJE DE LUCIUS DUMB", dirigida por Maite Ruiz de Austri y producida por Iñigo Silva. Los autores de la canción son Mili Vizcaíno y Pedro Calero, y todos los artistas, músicos, cantantes y técnicos son extremeños.
Blog dunha mestra de Primaria no C.P. Eduardo Sanchiz de Tarazona de La Mancha. Un banco de recursos multimedia para Infantil e Primaria, con actividades atractivas para repasar, reforzar e ampliar os contidos do currículo.
No ano 1985 a Asamblea Xeral das Nacións Unidas decretou o día 5 de decembro como o Día Internacional do Voluntariado. Dende entón son cada vez máis os gobernos e entidades sen ánimo de lucro de todo o mundo os que celebran este día.
A celebración anual, o 3 de Decembro, do Día Internacional das Personas con Discapacidade ten como obxectivo sensibilizar a opinión pública sobre as cuestións relacionadas coa discapacidade e mobilizar o apoio á dignidade, os dereitos e o benestar das persoas con discapacidade. Tamén promover a toma de conciencia sobre as ganancias que se derivarían da integración das personas con discapacidade en todos os aspectos da vida política, social, económica e cultural.
Onte en Lugo, pasado mañá en Pontevedra... Hoxe toca Xinzo; o último traballo do músico vasco "GALIZA" é unha homenaxe a "un dos rincóns máis fantásticos que endexamais teña coñecido" di na súa web.
Presentación-coloquio do novo disco de KEPA JUNKERA.
Auditorio da Casa de Cultura de Xinzo de Limia o xoves 28 de novembro ás 20:30 horas.
Si, a nosa biblioteca é un espazo para ler, escribir, aprender. É un moderno centro de recursos, organizado segundo unhas normas estandarizadas, que contén materiais en calquera soporte (materiais feitos polo alumnado do Ceip, libros, CD ROM, vídeos, audios...) e que permite o acceso a fontes externas por medio das novas redes da información.
Ó longo do mes de outubro o equipo dinamizador da biblioteca artellou algunhas actividades das que agora, aínda que tarde, poñemos aquí fotos; houbo sesións de contacontos, entrega de carnés da biblioteca ó profesorado e alumnado novo e de 1º de primaria, de achega a diferentes materiais... e mesmo xogos de pistas onde os diferentes grupos participantes tiñan que atopar algunhas obras ocultas; para conseguilo había que ir enfrontándose a diferentes retos que ó superalos tiñan como recompensa a entrega de algunha pista; unha vez obtidas as cinco pistas (algún dato do protagonista, un parágrafo da obra, a CDU, o nome do autor, título da obra) conseguimos atopar o libro (os) en cuestión.
Parabéns pola participación, polo entusiasmo, por gozar deste espazo: a nosa biblioteca. E preparádevos porque xa estamos organizando outra nova..
25 de Novembro de 2013: Día Internacional contra a violencia de xénero. Na nosa biblioteca preparamos unha manchea de materiais para fomentar a educación en igualdade.
Outros recursos para traballar a prevención das violencias e, especificamente, a da violencia de xénero, con motivo do 25 de Novembro, e todos os demais días... (de Manuel Dios Diz, presidente do Seminario Galego de Educación para a Paz)
El 6 de diciembre de 1988, la Asamblea General decide proclamar la «Semana Internacional de la Ciencia y la Paz» que se celebrará todos los años durante la semana del 11 de noviembre. Insta a los Estados Miembros y las organizaciones intergubernamentales a alentar a las universidades y a otras instituciones de altos estudios, academias e institutos científicos, asociaciones de profesionales y miembros de la comunidad científica, a celebrar durante esa Semana, conferencias, seminarios, debates especiales y otras actividades que promuevan el estudio y la difusión de información sobre los vínculos entre el progreso científico y tecnológico y el mantenimiento de la paz y la seguridad.
La Semana Internacional de la Ciencia y la Paz fue celebrada por primera vez en 1986 como parte del Año Internacional de la Paz. La organización de las celebraciones y actividades para la Semana se realizó como una iniciativa no gubernamental; la secretaría del Año Internacional de la Paz fue informada de las actividades preparatorias y de la lista final de celebraciones que se realizaron durante la Semana. Los organizadores procuraron fomentar la participación internacional más amplia posible en las celebraciones.
Dado el éxito de las celebraciones de 1986, los organizadores continuaron sus esfuerzos en años sucesivos. En reconocimiento del valor de esta celebración anual, la Asamblea General aprobó la resolución 43/61 en diciembre de 1988, en la que proclama la «Semana Interracional de la Ciencia y la Paz», que tendria lugar todos los años durante la semana del 11 de noviembre. La Asamblea General instó a los Estados Miembros y las organizaciones intergubernamentales y no gubernamentales a alentar a instituciones, asociaciones y particulares pertinentes a auspiciar conferencias y otras actividades que promuevan el estudio y la difusión de información sobre los vínculos entre el progreso científico y tecnológico y el mantenimiento de la paz y la seguridad; instó a los Estados Miembros a alentar la cooperación internacional entre los científicos y pidió al Secretario General que informara a la Asamblea General en su cuadragésimo quinto período de sesiones sobre las actividades e iniciativas de los Estados Miembros y las organizaciones interesadas en relación con la Semana.
La celebración anual de la Semana Internacional de la Ciencia y la Paz contribuye muchísimo a la promoción de la paz. La Semana fomenta un mayor intercambio académico sobre un tema de importancia universal generando al mismo tiempo la toma de conciencia de la relación entre la ciencia y la paz en el público ea general. Sobre la base de las celebraciones de la Semana de la Ciencia y la Paz hasta la fecha, cabe esperar que cada año aumente la participación, contribuyendo a aumentar la comprensión internacional y las oportunidades de cooperación en las aplicaciones de la ciencia para la promoción de la paz durante todo el año.
Dende o 30 de Setembro, as portas da biblioteca están abertas para tod@s neste novo curso escolar! Comezamos as actividades da biblioteca: selección e formación de axudantes para este curso, empréstitos, mochilas viaxeiras, entrega de carnés ó novo alumnado e profesorado...
Lembrade que ó longo do mes de Outubro, celebramos o mes da Biblioteca escolar (xa que é o 24 o día internacional das B.E.), cuns xogos de pistas e outras actividades (contacontos...).
Coma sempre, esperamos que a biblioteca sexa un dos vosos lugares favoritos e que os libros continúen a ser os vosos mellores amigos.
Ah! Non esquezades escribir suxestións a Papacontos no buzón que atoparedes á entrada da biblioteca.
O CLARO DO BOSQUE
Erase unha vez un grupo de nenos aventureiros que escaparon do Castelo da Ignorancia tan rápido como o permitían os seus pés. A noite véuselles encima, cos seus sons aterradores e as súas misteriosas formas fantasmagóricas, e acháronse no medio dun bosque escuro. Ao non poder ver cara a onde ían, abrazáronse para darse calor e protección e así permaneceron ata o amencer.
Cando saíu o sol, os nenos viron con sorpresa que se atopaban nun claro do que partían tantos carreiros, en direccións diferentes, que case era imposible contalos. Os carreiros tiñan curvas e recovecos de forma que non podían saber o que había ao final, soamente podían imaxinalo.
- Eu irei por este lado —dixo un raparigo, e tomou un dos carreiros. Pronto chegou a unha cidade medieval de altas murallas e gallardetes ao vento. Atravesou valerosamente a súa gran porta de entrada, e naquel lugar correu grandes aventuras.
—Este carreiro parece interesante —dixo unha nena —Non podo imaxinar o que hai á volta do recodo. Por iso, partiu noutra dirección e pronto se atopou nunha nave espacial, vendo como o sistema solar se facía máis pequeno, a medida que a nave avanzaba cara ao centro da galaxia.
—Eu quero atopar unha espada máxica coa que vencer ao xigante malvado que nos tivo tanto tempo prisioneiros— exclamou un neno.
—Eu tamén —e ambos tomaron outro carreiro, pensando dar batalla ao malvado xigante.
—Gustaríame ver o mundo enteiro, coñecer todos os países e todos os seus pobos, escoitar os seus idiomas e xogar cos seus nenos.
—E eu necesito saber como funciona o mundo. Por que caen as follas ao chan mentres que as estrelas permanecen no ceo. Quero sabelo todo.
Pronto se foran todos os nenos, excepto unha nena pequena. Mirou ao redor do claro soleado e aos diferentes carreiros, uns agora explorados e outros, esperando que alguén atope o que se oculta detrás dos seus recodos.
Puxo a súa man sobre a suave cortiza dunha árbore, dicindo en voz alta:
—Este lugar é máxico. Desexo saber como se chama.
E o claro do bosque contestoulle:
—O meu nome é Biblioteca.
Mónica Hughes
DÍA INTERNACIONAL DAS BIBLIOTECAS
O Día da Biblioteca celébrase en España desde 1997, auspiciado pola Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil, co patrocinio do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte; en lembranza da Biblioteca de Sarajevo, incendiada en 1992 durante o conflito balcánico.
Neste Día da Biblioteca reivindícase o papel desta institución cultural básica e imprescindible, espazo de socialización e de intercambio de ideas que busca facilitar o acceso á información e ó coñecemento sen exclusións.
Fai uns días estivo Susa Herrera con nós aquí en Xinzo. Pasámolo xenial. Se queredes ver como foi, deixámosvos esta pequena presentación e se preferides cantar "Gorila", vede o vídeo insertado abaixo. É unha das nosas cancións preferidas!!! Agradecemos a profe Ana a súa colaboración para poder realizar esta actividade.
Parabéns a Irene, Sara, Omayma, Kevin, Nerea, Iago, Ariana, Elba e Noelia por acompañarme nesta aventura da lectura durante todo este curso escolar. Agardo por vós o vindeiro setembro. Unha aperta!!!
A continuación tendes unha pequena presentación dos traballos realizados polas nenas e nenos de Educación Infantil e as alumnas e alumnos de 5º A e B. Estes traballos permitíronlle coñecer mellor o seu entorno máis próximo, o lugar onde viven e do que se sinten tan orgullos@s. Estas actividades están enlazadas co proxecto documental integrado (PDI) que compartimos este curso na nosa escola. Esperamos que vos guste!
Este é o traballo que presentou Alba Garrido da clase de 2º A para o concurso "Que é para ti a Limia?", no apartado de plástica e foi premiado nas Letras Galegas deste ano. Parabéns Alba! Un traballo xenial!
Este é o traballo gañador no apartado literario. O gañador foi Álex Cabido da clase de 5º A. Parabéns!
Os ríos unen xentes, culturas, pobos... As nenas e nenos da nosa escola compartiron dúas xornadas de convivencia con alumnas e alumnos de Ponte da Limia, xornadas encamiñadas a potenciar as relacións entre estes dous pobos, irmandados dende fai máis de 25 anos. Viron o nacemento do río, preto de Xinzo, exploraron o seu curso, visitaron os lugares por onde pasa, xantaron xuntos, cantaron, bailaron, representaron... unha chea de actividades. O IIIabraço ao Limia tivo lugar en Ponte da Lima, no mes de Outubro. Unha pequena mostra do IV abraço ao Limia, neste mes de maio en Xinzo, é a presentación de fotos que tendes aquí.
Co gallo das Letras Galegas organizamos na nosa escola un ciclo de cinema "Ollando en galego". A pasada semana adicámola ás curtas, nesta estamos a proxectar longametraxe. Onte as alumnas e alumnos de 4º, 5º e 6º viron "O Apóstolo" na Casa da Cultura de Xinzo de Limia, falaron co director da película, Fernando Cortizo, e puideron ver e tocar a algúns dos personaxes. Aquí os tendes!!!
Aquí tendes o traballo realizado por toda a comunidade escolar: pais, alumnos, administrativos... Esperamos que vos axude a coñecer de preto a Limia, o seu río e aos seus poetas, os que están e os que nos deixaron. Nós, dende o CEIP Rosalía de Castro, descubrimos cada día algo novo da nosa terra e da nosa lingua.
O vindeiro mércores 22 de maio, no ciclo de cinema "Ollando en galego" (Letras Galegas, 2013), veremos a longametraxe "OAPÓSTOLO". Falaremos co seu director FernandoCortizo e poderemos escoitar como foi a rodaxe, e aprender moito sobre o cinema. Se queredes saber algo máis sobre o filme, premede sobre o logo da película e accederedes á súa web oficial.
Estas son as curtas que presentaremos na semana do 13 ao 16 de maio:"As caras de Rosalía",elixida por ser a primeira autora homenaxeada no ano 1963 nas Letras Galegas" e elaborada polo Equipo Dinamizador do CEIP Rosalía de Castro; presentación sobre Roberto Vidal Bolaño, o autor, director e actor homenaxeado este ano (elaborada polo CEIP Pedrouzos de Brión); "A apócema máxica", curta ideada e gravada na nosa escola o pasado ano e interpretada por tres exalumnas do colexio, "A escola das areas" e "Alistán, o demo oveiro", curtas de animación elixidas polas mestras dos distintos ciclos e, por último, "Os Bolechas", curtas baseadas nos contos de Pepe Carreiro, elixidas polos nosos alumn@s de E. Infantil.
Para a semana do 21 ao 24 de maio, eliximos as seguintes longametraxes: "A tropa de trapo no país onde sempre brilla o sol",para @s rapaces dende 1º a 3º ; os de 4º, 5º e 6º verán "O Apóstolo" na casa da Cultura de Xinzo e terán unha charla co seu director, Fernando Cortizo, e os de E.Infantil, continuarán coa proxección dos seus preferidos, "Os Bolechas". Esperamos que disfrutedes con esta actividade. Agradecemos a CRTVG a súa inestimable colaboración á hora do empréstito de parte do material e ao Concello de Xinzopor permitirnos o uso do salón de actos da Casa da Cultura para a proxección de "O Apóstolo". Agradecemos a profe Maite o seu esforzo e axuda na preparación deste Ciclo e a súa colaboración durante o tempo que se desenvolveu a actividade.
Este ano, co gallo das Letras Galegas, propoñemos unha nova actividade no noso cole: cinefórum. A vindeira semana é a semana das curtas e a seguinte proxectaremos algunhas longametraxes. Aquí tendes os carteis que as anuncian e os horarios:
Dende a BE do CEIP Rosalía de Castro queremos compartir con vós a seguinte ligazón, onde poderedes acceder a recursos para poder traballar nas aulas as Letras Galegas. Tamén os podedes ver premendo na imaxe da esquerda que representa a Roberto Vidal Bolaño, autor e actor homenaxeado iste ano.
E como vos gustou tanto a música do vídeo "Lembranzas do Certame Escolar Carlos Casares", aquí tendes a interpretación en vivo de Arcadio e Jorge, tal e como foi, o 15 de xuño do 2012 no Concerto de fin de curso do Conservatorio Profesional de Música de Xinzo de Limia.
O blogue dasBibliotecas Escolares de Galicia vai actualizando día a día toda unha chea de recursos para poder traballar as Letras Galegas nas escolas. Podedes acceder a eles premendo na imaxe do autor homenaxeado iste ano, Roberto Vidal Bolaño.
Con motivo da conmemoración do décimo aniversario do pasamento de Carlos Casares, foi convocado un concurso de creación plástica e literaria, no que varios nen@s do CEIP Rosalía de Castro de Xinzo de Limia, foron premiados. O concurso estaba destinado a todos os escolares da zona e promovido conxuntamente polo Centro de Cultura Popular do Limia, o Museo da Limia e a Fundación Carlos Casares. Adobiámolo vídeo con música interpretada polos alumn@s do Conservatorio Profesional de Xinzo de Limia no seu concerto de fin de curso.
Comezamos o mes das Letras Galegas. Dende a BE de Xinzo de Limia, facemos unha pequena homenaxe á primeira persoa a que se lle adicaron as Letras Galegas, alá polo ano 1963. Pescudamos na rede e atopamos as distintas facianas que nos amosan a Rosalía de Castro e atopamos tamén a música xenial dun rapaz que rapea á escritora, KadiGB.