16/3/12
21 de MARZO, DÍA DA POESÍA
Premendo na imaxe atoparás unha chea de recursos para traballar na vindeira semana o día internacional da poesía.
15/3/12
UN XORNALISTA VISITA O NOSO COLE
Os alumn@s de 6º curso do noso cole recibimos a visita do xornalista Miguel Ascón de "La Voz de Galicia" Falounos, entre outras cousas, de como elaboran as páxinas de información local de "La Voz" en Ourense. Esta actividade englóbase dentro do programa da semana da prensa na escola. Ao remate da sesión, fixémonos unha foto có xornalista, e poidemos vela na prensa hoxe. Aquí vola deixamos.
A continuación podedes ver unha pequena presentación da actividade:
UN XORNALISTA NO ROSALÍA on PhotoPeach
biblioteca escolar
actividades,
biblioteca,
conmemoracións,
semana da prensa na escola
14/3/12
CARLOS CASARES E O DÍA DA POESÍA
Con este vistoso caligrama, elaborado por Laura Rodríguez Parada, unha alumna de 6º C do CEIP Rosalía de Castro queremos anunciarvos a celebración do día da poesía o vindeiro 21 de marzo. Este curso celebrarémolo cunha exposición multimedia de caligramas inéditos, relacionados con Carlos Casares, a súa obra e o entorno onde viviu. Estes poemas foron elaborados por alumn@s do noso cole. Os autores/as lerán as súas obras na Biblioteca Escolar do noso Centro. Parabéns a tod@s eles polo seu traballo.
biblioteca escolar
actividades,
biblioteca,
Carlos Casares,
concursos,
conmemoracións,
día da poesía,
proxecto documental,
recursos
8/3/12
8 DE MARZO, DÍA DA MULLER
Estes son os traballos que os alumnos de 6º C do noso cole elaboraron co gallo do DÍA DA MULLER. Ivestigaron sobre algunhas mulleres pioneiras ao longo da historia. Esperamos que vos gusten.
Deixámosvos esta ligazón no blogue para traballar o 8 de marzo, día internacional da muller e a seguinte unidade didáctica. Premede no poster para poder visualizar todos estes recursos.
6/3/12
1/3/12
EXPOSICIÓN "OS MUNDOS DE CARLOS CASARES"
Do 16 de febreiro ao 9 de marzo podedes ver no noso colexio a exposición “Os mundos de Carlos Casares", facilitada pola Fundación Carlos Casares co gallo do décimo cabodano do autor, que pasou a súa infancia na nosa vila e arredores. Se queredes ver outras iniciativas que se están a levar en distintos concellos galegos, podedes visitar a ligazón que vos deixamos. Premede na caricatura do escritor. Velaquí a algúns dos nos@s alumn@s coñecendo a obra do escritor.
DEZ ANOS SEN CARLOS CASARES on PhotoPeach
biblioteca escolar
actividades,
biblioteca,
Carlos Casares,
conmemoracións,
fomento lectura,
galego,
proxecto documental
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

