14/3/12

CARLOS CASARES E O DÍA DA POESÍA

Con este vistoso caligrama, elaborado por Laura Rodríguez Parada, unha alumna de 6º C do CEIP Rosalía de Castro queremos anunciarvos a celebración do día da poesía o vindeiro 21 de marzo. Este curso  celebrarémolo cunha exposición multimedia de caligramas inéditos, relacionados con Carlos Casares, a súa obra e o entorno onde viviu.  Estes poemas foron elaborados por alumn@s do noso cole. Os autores/as lerán as súas obras na Biblioteca Escolar do noso Centro. Parabéns a tod@s eles polo seu traballo. 

8/3/12

8 DE MARZO, DÍA DA MULLER

Estes son os traballos que os alumnos de 6º C do noso cole elaboraron co gallo do DÍA DA MULLER. Ivestigaron sobre algunhas mulleres pioneiras ao longo da historia. Esperamos que vos gusten. 

Deixámosvos esta ligazón no blogue para traballar o 8 de marzo, día internacional da muller e a seguinte unidade didáctica. Premede no poster para poder visualizar todos estes recursos.

1/3/12

EXPOSICIÓN "OS MUNDOS DE CARLOS CASARES"

 

Do 16 de febreiro ao 9 de marzo podedes ver no noso colexio a exposición “Os mundos de Carlos Casares", facilitada pola Fundación Carlos Casares co gallo do décimo cabodano do autor, que pasou a súa infancia na nosa vila e arredores. Se queredes ver outras iniciativas que se están a levar en distintos concellos galegos, podedes visitar a ligazón que vos deixamos. Premede na caricatura do escritor. Velaquí a algúns dos nos@s alumn@s coñecendo a obra do escritor.
DEZ ANOS SEN CARLOS CASARES on PhotoPeach

25/2/12

AGASALLO LITERARIO PARA OS NEN@S DO ROSALÍA

Como xa sabedes o día 24 de Febreiro é o día adicado a escritora galega Rosalía de Castro, xa que foi a data do seu nacemento fai 175 anos. Estes son os poemas que limos no Rosalía para celebrar esta conmemoración.

23/2/12

DÍA INTERNACIONAL DA LINGUA MATERNA

O Día Internacional da Lingua Materna celébrase o 21 de febreiro de cada ano dende o 2000, co obxectivo de promover o multilingüismo e a diversidade lingüística e cultural e o de celebrar todos os idiomas do mundo, arredor de seis mil. No libro de Magín Blanco "A nena e o grilo", unha melodía  titulada "CRI CRI" fainos lembrar este día e a nosa fermosa lingua, na que tamén escribiu Rosalía

24 DE FEBREIRO, DÍA DE ROSALÍA

O día 24 de Febreiro celebramos o "Día de Rosalía" na escola "Rosalía de Castro" de Xinzo. Cremos que unha das formas máis fermosas de conmemoralo é unindo poesía e música. Con tal motivo deixámosvos no noso blogue esta selección de vídeos e recibiredes o agasallo duns poemas da meirande escritora en lingua galega.