O Seminario Galego de Educación para a Paz
promove, nos colexios e institutos de Galicia, a celebración, nas aulas e nos
centros, do DÍA ESCOLAR POLA PAZ no
vindeiro 30 de Xaneiro, luns, data na que se cumpre o
64 Aniversario da morte violenta de Mahatma Gandhi, unha
das referencias mundiais do pacifismo contemporáneo. Se premedes na imaxe de arriba atoparedes unha chea de recursos.
10/1/12
DIA ESCOLAR DA PAZ E DA NON VIOLENCIA
Como sabedes, o día 30 de Xaneiro celebramos o día escolar da paz e da non violencia. Para poder traballar sobre este tema nas semanas vindeiras, deixámosvos o seguinte enlace no noso blogue, que elaboraron os compañeir@s do Equipo da Biblioteca Escolar do CEIP Victor Sáenz de Mazaricos, onde podedes atopar dende cancións e películas, ata libros, unidades didácticas... Premede na imaxe da dereita para poder visualizar estes recursos.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
