10/1/12

MÁIS SOBRE A PAZ


  O Seminario Galego de Educación para a Paz promove, nos colexios e institutos de Galicia, a celebración, nas aulas e nos centros, do DÍA ESCOLAR POLA PAZ no vindeiro 30 de Xaneiro, luns, data na que se cumpre o 64 Aniversario da morte violenta de Mahatma Gandhi, unha das referencias mundiais do pacifismo contemporáneo. Se premedes na imaxe de arriba atoparedes unha chea de recursos.

DIA ESCOLAR DA PAZ E DA NON VIOLENCIA

Como sabedes, o día 30 de Xaneiro celebramos o día escolar da paz e da non violencia. Para poder traballar sobre este tema nas semanas vindeiras, deixámosvos o seguinte enlace no noso blogue, que elaboraron os compañeir@s do Equipo da Biblioteca Escolar do CEIP Victor Sáenz de Mazaricos, onde podedes atopar dende cancións e películas, ata libros, unidades didácticas... Premede na imaxe da dereita para poder visualizar estes recursos.