Comezamos o mes das Letras Galegas. Dende a BE de Xinzo de Limia, facemos unha pequena homenaxe á primeira persoa a que se lle adicaron as Letras Galegas, alá polo ano 1963. Pescudamos na rede e atopamos as distintas facianas que nos amosan a Rosalía de Castro e atopamos tamén a música xenial dun rapaz que rapea á escritora, KadiGB.
1/5/13
26/4/13
abril e os libros
Ao longo desta semana, especialmente o martes 23, na escola Rosalía de Castro realizamos diversas actividades relacionadas co DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO.Na hora de formación de usuari@s, cada unha das mestras do equipo prepararon distintos traballos: de información e documentación, de animación lectora...
Na hora de ler, os nos@s axudantes levaron un pequeno agasallo literario por todas as clases.
Tamén continuamos a traballar no proxecto que comezamos o ano pasado, que consiste en dar nomes de personaxes literarios ás nosas clases. Este curso, ao longo desta semana, elaboramos pequenos traballos de investigación para saber como se chaman as distintas aulas do colexio e por que foi elixido o nome. A profe Mari, durante o tempo de lecer, agasallou aos nen@s que respostaban ben as cuestións relacionadas con estes traballos.
Os pais e as nais dos nosos alumnos e alumnas poden disfrutar, a partir deste mes de abril e ata final de curso, do seu "recuncho lector" á entrada do edificio administrativo.
19/4/13
23 de abril, día do libro

Co gallo do Día Mundial do Libro 2013, a escritora, narradora, actriz e directora teatral, Paula Carballeira, agasalla ás Bibliotecas Escolares de Galicia cun texto que que comeza así:
Non sei que facer.
Miña irmá regaloume un libro.
Un libro.
Entre todos os agasallos que puido escoller, escolleu este.
Un libro
Por que?
Que lle fixen eu?
11/4/13
"O PRINCIPIÑO" estivo de aniversario!!!
O 6 de abril cumpriu 70 anos!!! Esta novela do escritor francés Antoine de Saint-Exupéry, está traducida a 180 linguas e a versión galega do libro foi realizada por Carlos Casares. Lembrade que esta obra forma parte do itinerario lector do noso cole.
biblioteca escolar
Antoine de Saint-Exupéry,
biblioteca,
Carlos Casares,
conmemoracións,
fomento lectura,
galego,
lectura,
o principiño
10/4/13
Os alumnos de 5º A e B investigan sobre o río Limia
Os alumnos/as de 5º A e B están recollendo información sobre o río Limia. A súa investigación forma parte do Proxecto Documental Integrado no que estamos a traballar na nosa escola: "Coñecemos a Limia". A continuación podedes visualizar o seu guión de traballo:
9/4/13
LETRAS GALEGAS 2013
Comezamos este trimestre traballando nas distintas actividades en prol da Semana das Letras Galegas que o noso Centro celebra todos os anos. Como de costume, pedimos e agradecemos a vosa colaboración nas distintas actividades que plantexamos. Unha delas é o concurso literario e plástico, que nos anos anteriores tamén viñamos organizando. A continuación tendes toda a información:
biblioteca escolar
concursos,
conmemoracións,
letras galegas,
proxecto documental,
xinzo
2/4/13
1/4/13
ABRIL, MES DOS LIBROS
Como xa sabedes, o 2 de Abril celebramos o Día Internacional do Libro Infantil . Conmemórase dende o ano 1967, para lembrar o nacemento do escritor Hans Christian Andersen. Cada ano a IBBY (Organización Internacional para el Libro Juvenil, por las siglas inglesas de International Board on Books for Young People), encárgalle unha imaxe e un texto a autores de diferentes países. Nesta ocasión a autora do texto é a mexicana Pat Mora e o ilustrador do cartel da esquerda é o estadounidense Ashley Bryan. Podedes ler o texto en cinco idiomas se premedes no cartel.
Conmemórase tamén o Día Internacional do Libro o 23 de Abril. Se premedes na imaxe da dereita accederedes a recursos para celebrar este día, recopilados polo Equipo de Biblioteca do CEIP Mestres Goldar.
biblioteca escolar
Abril,
biblioteca,
dia do libro,
día Internacional do Libro Infantil,
fomento lectura,
lectura,
recursos
24/3/13
LEMBRANZAS DA LAGOA DE ANTELA
O xoves 21 de marzo estiveron no noso cole a Sra Manuela de Cortegada, o Sr Manuel de Folgoso e o Sr Ramón de Xinzo. Estivemos encantados de escoitar en boca deles as lembranzas sobre a Lagoa de Antela, como era antes de ser desecada. Tiñamos unha chea de preguntas que facerlle... e respondéronnos a todas. Moitas grazas por vir.
20/3/13
21 DE MARZO, DÍA INTERNACIONAL DA POESÍA 2013
Presentamos unha selección de poemas sobre a Limia, o seu río, as súas xentes... que, recopilamos para celebrar neste curso escolar, o Día Internacional da Poesía. O Venres 22, temos reservada unha pequena sorpresa para a conmemoración desta data.
biblioteca escolar
conmemoracións,
día da poesía,
fomento lectura,
galego,
lectura,
poesía,
proxecto documental,
recursos,
xinzo
12/3/13
21 DE MARZO, DÍA MUNDIAL DA POESÍA
O vindeiro 21 de marzo celebramos o día mundial da poesía, o comezo da primavera e o día internacional da árbore. Premede nas dúas imaxes da esquerda e atoparedes unha chea de recursos para celebrar o DÍA DA POESÍA. Grazas aos compañeiros e compañeiras dos CEIP Outeiro das Penas e Mestres Goldar por compartilos.
25/2/13
21/2/13
MÁIS SOBRE ROSALÍA
Podedes consultar tamén esta interesante presentación Prezzi que comparte Raioteca, a BE do CEIP Andrade de Pontedeume. Premede na imaxe inferior.
O ENTROIDO NO ROSALÍA
Aquí tendes unhas presentacións de fotografías coas actividades de Entroido que estivemos a facer na nosa escola: xoves de compadres e comadres, obradoiros de disfraces e desfile de entroido polas rúas do pobo galego no que máis longas son estas festas.
6/2/13
2 de FEBREIRO, DIA INTERNACIONAL DOS HUMEDAIS
Isabel e Marcos, membros da SGHN estiveron na nosa escola o venres, 1 de febreiro para presentar "A historia de Antela contada por unha cegoña", como parte dos actos de celebración do Día Internacional dos Humedais (2 de febreiro) e como parte tamén das actividades do noso Proxecto Documental deste curso. Deixámosvos unha ligazón co relatorio desta actividade na súa web e unha presentación de fotos da mesma.
biblioteca escolar
actividades,
fomento lectura,
galego,
proxecto documental,
xinzo
30/1/13
24/1/13
UNHA ESCRITORA DE LIX (LITERATURA INFANTIL E XUVENIL) NA RAG (REAL ACADEMIA GALEGA)
A RAG ven de elixir a unha muller, Fina Casalderrey, mestra e escritora de libros de literatura infantil e xuvenil, como académica numeraria. Dende o CEIP Rosalía de Castro de Xinzo de Limia queremos darlle a nosa noraboa. Se premedes na imaxe de arriba, teredes acceso ao blog "Rede Lectura", compartindo libros e lecturas.
23/1/13
30 DE XANEIRO, DÍA ESCOLAR POLA PAZ E A NON VIOLENCIA
Aquí tendes a ligazón coa páxina do Seminario Galego de Educación para a PAZ con recursos e información para celebrar o 30 de Xaneiro. No noso cole cantaremos este ano a canción de Rosario "No dudaría" e colaboraremos tod@s na elaboración do conto "Chámome Paz".
20/12/12
O NADAL EN XINZO
Papacontos quere compartir con vós esta guía de actividades coas que ocupar o voso tempo de lecer neste Nadal 2012 e Aninovo 2013. Disfrutade do voso tempo de lecer! Boas vacacións a todos e todas! Tamén podedes consultar a programación na seguinte ligazón. Premede na imaxe :
Suscribirse a:
Entradas (Atom)






