O xoves 21 de marzo estiveron no noso cole a Sra Manuela de Cortegada, o Sr Manuel de Folgoso e o Sr Ramón de Xinzo. Estivemos encantados de escoitar en boca deles as lembranzas sobre a Lagoa de Antela, como era antes de ser desecada. Tiñamos unha chea de preguntas que facerlle... e respondéronnos a todas. Moitas grazas por vir.
24/3/13
20/3/13
21 DE MARZO, DÍA INTERNACIONAL DA POESÍA 2013
Presentamos unha selección de poemas sobre a Limia, o seu río, as súas xentes... que, recopilamos para celebrar neste curso escolar, o Día Internacional da Poesía. O Venres 22, temos reservada unha pequena sorpresa para a conmemoración desta data.
biblioteca escolar
conmemoracións,
día da poesía,
fomento lectura,
galego,
lectura,
poesía,
proxecto documental,
recursos,
xinzo
12/3/13
21 DE MARZO, DÍA MUNDIAL DA POESÍA
O vindeiro 21 de marzo celebramos o día mundial da poesía, o comezo da primavera e o día internacional da árbore. Premede nas dúas imaxes da esquerda e atoparedes unha chea de recursos para celebrar o DÍA DA POESÍA. Grazas aos compañeiros e compañeiras dos CEIP Outeiro das Penas e Mestres Goldar por compartilos.
25/2/13
21/2/13
MÁIS SOBRE ROSALÍA
Podedes consultar tamén esta interesante presentación Prezzi que comparte Raioteca, a BE do CEIP Andrade de Pontedeume. Premede na imaxe inferior.
O ENTROIDO NO ROSALÍA
Aquí tendes unhas presentacións de fotografías coas actividades de Entroido que estivemos a facer na nosa escola: xoves de compadres e comadres, obradoiros de disfraces e desfile de entroido polas rúas do pobo galego no que máis longas son estas festas.
6/2/13
2 de FEBREIRO, DIA INTERNACIONAL DOS HUMEDAIS
Isabel e Marcos, membros da SGHN estiveron na nosa escola o venres, 1 de febreiro para presentar "A historia de Antela contada por unha cegoña", como parte dos actos de celebración do Día Internacional dos Humedais (2 de febreiro) e como parte tamén das actividades do noso Proxecto Documental deste curso. Deixámosvos unha ligazón co relatorio desta actividade na súa web e unha presentación de fotos da mesma.
biblioteca escolar
actividades,
fomento lectura,
galego,
proxecto documental,
xinzo
30/1/13
24/1/13
UNHA ESCRITORA DE LIX (LITERATURA INFANTIL E XUVENIL) NA RAG (REAL ACADEMIA GALEGA)
A RAG ven de elixir a unha muller, Fina Casalderrey, mestra e escritora de libros de literatura infantil e xuvenil, como académica numeraria. Dende o CEIP Rosalía de Castro de Xinzo de Limia queremos darlle a nosa noraboa. Se premedes na imaxe de arriba, teredes acceso ao blog "Rede Lectura", compartindo libros e lecturas.
23/1/13
30 DE XANEIRO, DÍA ESCOLAR POLA PAZ E A NON VIOLENCIA
Aquí tendes a ligazón coa páxina do Seminario Galego de Educación para a PAZ con recursos e información para celebrar o 30 de Xaneiro. No noso cole cantaremos este ano a canción de Rosario "No dudaría" e colaboraremos tod@s na elaboración do conto "Chámome Paz".
20/12/12
O NADAL EN XINZO
Papacontos quere compartir con vós esta guía de actividades coas que ocupar o voso tempo de lecer neste Nadal 2012 e Aninovo 2013. Disfrutade do voso tempo de lecer! Boas vacacións a todos e todas! Tamén podedes consultar a programación na seguinte ligazón. Premede na imaxe :
19/12/12
POLO NADAL...AGASALLA UN LIBRO
Vimos de publicar o 5º boletín de Nadal, no que elaboramos unha lista con recomendacións lectoras por ciclos, propoñemos algunhas suxerencias para facer cos máis pequenos neste Nadal que está a comenzar e contamos algunhas das actividades realizadas polos nosos alumnos ao longo do primeiro trimestre e algunhas das que imos facer a partir de xaneiro.
biblioteca escolar
agasallos nadal,
biblioteca,
fomento lectura,
lectura,
Nadal,
publicacións,
recursos
CHARLA DO GRUPO ECOLOXISTA MEL
Comezamos coas actividades do noso PDI anual "A agua na Limia".
Fai uns días estiveron con nós dous membros do grupo ecoloxista "MEL" (Movemento Ecoloxista da Limia). Impartiron unha charla ao alumnado de 5º sobre "O entorno natural da zona la Lagoa de Antela". Este grupo de alumnos/as tivo a oportunidade de profundizar no coñecemento do seu entorno a través de fotografías de distintas épocas nas que se reflectía o cambio producido dende a desecación da Lagoa ata a actualidade. Ante a imposibilidade de facer un traballo de campo por mor das inclemencias do tempo, fixemos unha análise das augas do río Limia no noso centro referente ao seu PH, turbidez e cantidade de osíxeno . Procuraremos, cando o tempo o permita, facer a análise no propio río.
Todo o alumnado participante foi agasallado cunha camiseta de voluntariado. Deixáronnos carteis explicativos sobre o entorno da Limia.
A AUGA NA LIMIA on PhotoPeach
17/12/12
RECITANDO A CELSO EMILIO... DOCE DO DOCE ÁS DOCE
RecitandoCelsoemiliO 12/12/12 ás 12.00 h. on PhotoPeach
biblioteca escolar
Celso Emilio Ferreiro,
conmemoracións,
galego,
persoeiros galegos,
poesía
5/12/12
RECITANDO A CELSO EMILIO... DÍA DOCE DO DOCE DO DOUS MIL DOCE ÁS DOCE

Ao cumprirse o centenario do nacemento do poeta celanovés Celso Emilio Ferreiro, unha das voces fundamentais da literatura galega da segunda metade do século XX, dende a Coordinadora Galega de Equipos de Normalización e Dinamización Lingüística (CGENDL) propóñennos renderlle unha homenaxe pública cun acto colectivo de recitado público do poema "Deitado fronte ao mar" (Longa noite de pedra, 1962). O CEIP Rosalía de Castro de Xinzo de Limia, o día 12 do 12 do 2012 ás 12, súmase a esta iniciativa.
Deitado frente ao mar I from edu plastica on Vimeo.
4/12/12
INTERESANTE REVISTA PARA FAMILIAS: "OLLOS DE AULA"
A coordinadora galega de Equipos de Normalización e Dinamización lingüística ven de publicar unha interesante revista informativa para as familias do alumnado"Ollos de aula". Deixámosvos as ligazóns das tres primeiras publicacións e un enlace permanente ás que vaian aparecendo. Podedes acceder a elas premendo nas imaxes.
20/11/12
9/11/12
OS CONXUROS DO SAMAÍN
Na seguinte presentación tendes unha exposición dos vosos traballos para o concurso de "conxuros do SAMAÍN".
6/11/12
RECURSOS PARA TRABALLAR O MAGOSTO
Dende o CEIP Víctor Sáenz de Mazaricos comparten unha chea de recursos para traballar esta festa tan nosa: receitas, libros, unidades didácticas, cancións, refráns, actividades JCLIC... Preme na castaña para poder visualizalas.
Non esquezades que o vindeiro venres, 16 de novembro, temos preparadas moitas actividades no colexio para conmemorar o magosto, ademais dun bo xantar.
Os compañeiros e compañeiras que fan posible o blogue do Outeiro de Matilda do CEIP Outeiro das Penas, en Cesantes, achégannos tamén tradicións, ilustracións, actividades LIM, reportaxes... para traballar esta data. Para velas, preme na imaxe da castañeira.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)







.jpg)