20/11/12
9/11/12
OS CONXUROS DO SAMAÍN
Na seguinte presentación tendes unha exposición dos vosos traballos para o concurso de "conxuros do SAMAÍN".
6/11/12
RECURSOS PARA TRABALLAR O MAGOSTO
Dende o CEIP Víctor Sáenz de Mazaricos comparten unha chea de recursos para traballar esta festa tan nosa: receitas, libros, unidades didácticas, cancións, refráns, actividades JCLIC... Preme na castaña para poder visualizalas.
Non esquezades que o vindeiro venres, 16 de novembro, temos preparadas moitas actividades no colexio para conmemorar o magosto, ademais dun bo xantar.
Os compañeiros e compañeiras que fan posible o blogue do Outeiro de Matilda do CEIP Outeiro das Penas, en Cesantes, achégannos tamén tradicións, ilustracións, actividades LIM, reportaxes... para traballar esta data. Para velas, preme na imaxe da castañeira.
SESIÓNS DE CONTACONTOS POLO SAMAÍN
biblioteca escolar
actividades,
biblioteca,
conmemoracións,
festas,
fomento lectura,
galego,
lectura,
samaín
5/11/12
A PROCURA DO COCIÑEIRO OU COCIÑEIRA DO SAMAÍN
Lembrades o concurso de "receitas monstruosas" que fixemos durante a semana do Samaín? Na seguinte presentación tendes algunhas das fotos coas larpeiradas que despois poidemos degustar todos os nenos, nenas e mestres/as da escola. Certamente aterradoras!!!
YUMMY! YUMMY! on PhotoPeach
biblioteca escolar
actividades,
concursos,
conmemoracións,
galego,
outono,
samaín
28/10/12
Samaín, 2012
AVISO IMPORTANTE:
Papacontos invita a todos os nenos e nenas do colexio Rosalía de Castro, durante a vindeira semana, a vir á biblioteca durante os recreos, para celebrar a semana máis terrorífica e monstruosa que poidades imaxinar...Serán tres días arrepiantes!!!
27/10/12
Así celebramos o día das bibliotecas escolares no Rosalía
![]() |
| Digital slideshow customized with Smilebox |
biblioteca escolar
actividades,
biblioteca,
conmemoracións,
día das Bibliotecas Escolares,
fomento lectura,
outono
18/10/12
24 de Outubro, día das Bibliotecas Escolares
Aquí tendes a carta que enviou a vosa amiga Papacontos aos vosos mestres e mestras coas instruccións a seguir para conmemorar o vindeiro mércores, 24 de Outubro, día internacional das Bibliotecas Escolares. Animádevos a participar nesta aventura!
Open publication - Free publishing - More carta
Mirade esta preciosa curta, gañadora dos Oscar, 2012, e veredes o valor que pode ter un libro...
Mirade esta preciosa curta, gañadora dos Oscar, 2012, e veredes o valor que pode ter un libro...
biblioteca escolar
actividades,
biblioteca,
conmemoracións,
día das Bibliotecas Escolares,
fomento lectura,
lectura
17/10/12
A TERRORÍFICA SEMANA DO SAMAÍN
Na última semana do mes de Outubro, o "Rosalía" convertirase nun pasadizo do medo. Para ir quentando motores, os Equipos de Dinamización convocan dous concursos, un literario e outro de cociña. Aquí tendes as bases para poder presentarvos. Lembrade que o prazo do primeiro concurso remata o 29 de Outubro e o das receitas de cociña o 30.
biblioteca escolar
actividades,
concursos,
conmemoracións,
festas,
galego,
samaín
9/10/12
6/10/12
BENVIDA
BENVIDAS e BENVIDOS á ... BIBLIOCHARCA!!! Dende o 1 de Outubro, as portas da biblioteca están abertas para tod@s neste novo curso escolar! Comezamos as actividades da biblioteca: selección e formación de axudantes para este curso, empréstitos, mochilas viaxeiras, entrega de carnés aos novos/as alumnos e profes...
Lembrade que o vindeiro 24 de Outubro, celebramos o día internacional das Bibliotecas escolares, cun agasallo que xa vos iremos contando. Coma sempre, esperamos que a biblioteca sexa un dos vosos lugares favoritos e que os libros continúen a ser os vosos mellores amigos.
Ah! Non esquezades escribir suxestións a Papacontos no buzón que atoparedes á entrada da biblioteca.
5/7/12
4/7/12
31/5/12
INACIO, AUTOR DE FÁBULA GALÉNICA, VISITA O ROSALÍA DE CASTRO EN XINZO
Onte visitounos Inacio Vilariño, o autor lalinense de "Fábula galénica", obra gañadora do VIII premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques no 2010, modalidade infantil, e gañador tamén no 2009 do VII Premio Barriga Verde de Textos para teatro de monicreques na modalidade de adultos coa obra Auga que non vas beber... Presentounos "Fábula galénica" obra na que homenaxea as narracións tradicionais, as radios de galena e a ciencia farmacéutica. Deixámosvos unha pequena presentación do seu paso pola nosa escola.
INACIO VILARIÑO VISITA A NOSA ESCOLA on PhotoPeach
INACIO VILARIÑO VISITA A NOSA ESCOLA on PhotoPeach
biblioteca escolar
actividades,
biblioteca,
fomento lectura,
galego,
lectura,
letras galegas
30/5/12
MÚSICA E POESÍA NAS LETRAS GALEGAS
MÚSICA E POESÍA NAS LETRAS GALEGAS on PhotoPeach
biblioteca escolar
actividades,
biblioteca,
conmemoracións,
galego,
letras galegas,
Valentín Paz Andrade
27/5/12
ANTÍA CAL
Conmóveme falar dela e falar con ela, unha muller que nestes últimos meses aparece en moitos medios de comunicación, e que tivemos ocasión de escoitala na inauguración da nosa biblioteca xa fai tres anos nunha escola da Limia que ten o mesmo nome que tiña a súa escola en Vigo. Falou con enerxía, cun brillo nos ollos, que ela sempre ten, sobre a educación, sobre a súa escola, sobre as súas lembranzas... E dende esta escola queremos enviarlle os nosos parabéns por ese premio que vai recibir no mes de xuño en Trasalba, otorgado pola Fundación Otero Pedrayo. Hoxe a xornalista Mª Xosé Porteiro en "El País" escribiu un fermoso artigo que me fixo recordala.
24/5/12
LEMBRANDO A CASARES A TRAVÉS DOS SEUS CONTOS
LEMBRANDO A CASARES (alumn@s do CEIP Rosalía de Castro, Xinzo) on PhotoPeach
biblioteca escolar
biblioteca,
Carlos Casares,
concursos,
conmemoracións,
fomento lectura,
galego,
lectura,
proxecto documental
A LIMIA VISTA POR CARLOS CASARES
O escritor Carlos Casares escribiu para La Voz de Galicia dende 1992 ata 2002 na columna «Á marxe».Os nenos da nosa escola ilustraron algunhas destas columnas nas que Casares falaba da comarca limiá. Na seguinte presentación amosamos a particular visión dos nenos e nenas da escola Rosalía de Castro en Xinzo de Limia ao ler algúns dos seus escritos.
biblioteca escolar
Carlos Casares,
fomento lectura,
lectura,
proxecto documental,
recursos
LEMBRANDO A CARLOS CASARES
Con este LIM seguimos a traballar no noso PDI deste curso e lembramos, como non, a Carlos Casares.
biblioteca escolar
biblioteca,
Carlos Casares,
galego,
lectura,
proxecto documental
23/5/12
MÚSICA.... NO DÍA DAS LETRAS
MÚSICA... NO DÍA DAS LETRAS GALEGAS on PhotoPeach
biblioteca escolar
actividades,
conmemoracións,
galego,
letras galegas,
Valentín Paz Andrade
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

.jpg)





