Papacontos invita a todos os nenos e nenas do colexio Rosalía de Castro, durante a vindeira semana, a vir á biblioteca durante os recreos, para celebrar a semana máis terrorífica e monstruosa que poidades imaxinar...Serán tres días arrepiantes!!!
Aquí tendes a carta que enviou a vosa amiga Papacontos aos vosos mestres e mestras coas instruccións a seguir para conmemorar o vindeiro mércores, 24 de Outubro, día internacional das Bibliotecas Escolares. Animádevos a participar nesta aventura!
Open publication - Free publishing - More carta Mirade esta preciosa curta, gañadora dos Oscar, 2012, e veredes o valor que pode ter un libro...
Na última semana do mes de Outubro, o "Rosalía" convertirase nun pasadizo do medo. Para ir quentando motores, os Equipos de Dinamización convocan dous concursos, un literario e outro de cociña. Aquí tendes as bases para poder presentarvos. Lembrade que o prazo do primeiro concurso remata o 29 de Outubro e o das receitas de cociña o 30.
BENVIDAS e BENVIDOSá...BIBLIOCHARCA!!! Dende o 1 de Outubro, as portas da biblioteca están abertas para tod@s neste novo curso escolar! Comezamos as actividades da biblioteca: selección e formación de axudantes para este curso, empréstitos, mochilas viaxeiras, entrega de carnés aos novos/as alumnos e profes...
Lembrade que o vindeiro 24 de Outubro, celebramos o día internacionaldas Bibliotecas escolares, cun agasallo que xa vos iremos contando. Coma sempre, esperamos que a biblioteca sexa un dos vosos lugares favoritos e que os libros continúen a ser os vosos mellores amigos.
Ah! Non esquezades escribir suxestións a Papacontos no buzón que atoparedes á entrada da biblioteca.
Onte visitounos Inacio Vilariño, o autor lalinense de "Fábula galénica", obra gañadora do VIII premio Barriga Verde de textos para teatro de monicreques no 2010, modalidade infantil, e gañador tamén no 2009 do VII Premio Barriga Verde de Textos para teatro de monicreques na modalidade de adultos coa obra Auga que non vas beber... Presentounos "Fábula galénica" obra na que homenaxea as narracións tradicionais, as radios de galena e a ciencia farmacéutica. Deixámosvos unha pequena presentación do seu paso pola nosa escola.
INACIO VILARIÑO VISITA A NOSA ESCOLA on PhotoPeach
Conmóveme falar dela e falar con ela, unha muller que nestes últimos meses aparece en moitos medios de comunicación, e que tivemos ocasión de escoitala na inauguración da nosa biblioteca xa fai tres anos nunha escola da Limia que ten o mesmo nome que tiña a súa escola en Vigo. Falou con enerxía, cun brillo nos ollos, que ela sempre ten, sobre a educación, sobre a súa escola, sobre as súas lembranzas... E dende esta escola queremos enviarlle os nosos parabéns por ese premio que vai recibir no mes de xuño en Trasalba, otorgado pola Fundación Otero Pedrayo. Hoxe a xornalista Mª Xosé Porteiro en "El País" escribiu un fermoso artigo que me fixo recordala.
O escritor Carlos Casares escribiu para La Voz de Galicia dende 1992 ata 2002 na columna «Á marxe».Os nenos da nosa escola ilustraron algunhas destas columnas nas que Casares falaba da comarca limiá. Na seguinte presentación amosamos a particular visión dos nenos e nenas da escola Rosalía de Castro en Xinzo de Limia ao ler algúns dos seus escritos.
Con este LIM seguimos a traballar no noso PDI deste curso e lembramos, como non, a Carlos Casares.
Os alumnos de 6º C da nosa escola prepararon unhas presentacións en power point para coñecer mellor a vida e obras deste escritor. Deixámosvos unha ligazón o seu blogue de aula para que os poidades ver.
Na seguinte presentación están todos os traballos premiados no concurso "Receitas para a lingua" convocado polos Equipos de Dinamización do CEIP Rosalía de Castro de Xinzo de Limia, tanto na modalidade plástica como na de microrrelatos. Na categoría dixital resultaron premiados os traballos de "A igrexa vella de Xinzo" de Aldara Rodríguez de 4º B e "A apócema máxica" de Ángela, Laura e Antía de 6º C. Parabéns a tod@s el@s e grazas a tod@s os participantes.
Como adianto dos traballos presentados no concurso "Receitas para a lingua" convocado polos Equipos de Dinamización do noso cole , presentámosvos a seguinte curtametraxe que idearon tres alumnas de 6º C da nosa escola: Ángela, Laura e Antía. Nela queren lembrar cun rap ao autor homenaxeado este ano, Valentín Paz Andrade. Para elo e con moita imaxinación conseguen que unha delas, que non fala galego, consiga facelo e así poder rapear na nosa lingua nai.
Se queredes ver como foi a rodaxe, premede na seguinte presentación. Lembrar que tamén podedes velo no seu blogue de aula "A voz de 6º C"
Nas voces de Pablo Campelo e de Nerea Joga, alumn@s de 6º do CEIP Rosalía de Castro de Xinzo de Limia, podemos escoitar neste vídeo datos sobre a vida e obras de Valentín Paz Andrade, autor homenaxeado nas Letras Galegas deste ano.