9/12/11

ACTIVIDADES LIM SOBRE O APALPADOR

 


   Lembrando a figura do APALPADOR, propoñémosvos dúas actividades LIM sobre este personaxe, unha para E.INFANTIL, elaborada polo equipo de Biblioteca do CEIP de Arzúa e outra para E. PRIMARIA do ENDL do Barbanza.


25/11/11

DÍA DA CONSTITUCIÓN

Os nosos compañeir@s da Biblioteca do CEIP  Milladoiro de Malpica  convídannnos a compartir unha chea de recursos para traballar este día no aula.



RECURSOS NADAL 2011


Aquí tendes unha escolma de actividades, contos, refráns e recursos de todo tipo para traballar o Nadal galego neste curso. Están recollidos pola coordinadora galega de equipos de normalización e dinamización lingüística. Esperamos que vos axuden. Para velos, premede no icono da parte inferior.



21/11/11

DEREITOS DOS NEN@S





Graciñas aos nosos amigos do CEIP Víctor Sáenz por esta completísima recompilación de recursos sobre os dereitos dos nenos, que se celebra o 20 de Novembro.

Guía de usuarios da BE do CEIP Rosalía de Castro

18/11/11

A LINGUA SABE A PAN

Parabéns ao CPI Virxe da Saleta por este lipdub sobre unha versión de Sweet Home Alabama de Lynyrd Skynyrd, popularizada por Siniestro Total como Miña Terra Galega. Sobre unha idea de Álvaro Cunqueiro, naceu a letra de A Lingua Sabe a Pan. Contou coa participación de todo o alumnado do CPI e dos músicos Pedro Feijoo e Charly Lincoln que gravaron, misturaron e produciron nos estudios Muu! de Vigo.
Se queres cantalo fai click na versión Karaoke.

A Lingua sabe a Pan from cpivirxedasaleta on Vimeo.

8/11/11

Conto da Castañeira

Neste enlace LIM podedes ver e escoitar o Conto da Castañeira, elaborado por Ana Martínez Rey e facer unhas actividades relacionadas co mesmo.

 
Dende o Outeiro de Matilda, o blog da bilioteca do  CEIP Outeiro das Penas, de Cesantes,  podedes acceder a unha seleción de recursos e actividades para este tempo de Magosto. Premede na castaña para visualizalos.




3/11/11

O MAGOSTO

Aquí tendes unha escolma de actividades para poder traballar cos vosos alumn@s esta festividade. Botade unha ollada!



  • Celebramos o Magosto (actividades LIM) de Ana Martínez Rey para traballar o Magosto dende EI ata o 3º Ciclo de Primaria. 

  • Webquest "O Magosto" elaborada polo CEIP Pombal para 1º e 2º Ciclo de Primaria.
  • Actividades JCLIC de Félix Pimentel e Dolores Iglesias para traballar o Magosto no 2º e 3º Ciclo de Primaria.

REFRÁNS DO OUTONO

2/11/11

NORMAS DA NOSA BIBLIOTECA

O Equipo Dinamizador da Biblioteca, xunto con Papacontos, a nosa mascota, ven de rematar unha serie de normas para que poidades saber como funciona este espazo. Animádevos a lelas!

27/10/11

The skeleton dance

You can dance and sing this great song at Halloween night

21/10/11

SAMAÍN 2011

E xa a voltas co SAMAÍN de novo!!! Animádevos con este xogo e cunha fermosa canción de Mamá Cabra. Se queredes traballar este tema na vosa aula, tendes un montón de recursos que os compañeiros do C.E.I.P. Víctor Sáenz colgaron no seu blog.



CURSO 2010/11

Xa comezamos a nosa andadura dende a Bibliocharca. As mochilas viaxeiras empezan a súa viaxe polos cursos de EI 5 anos, 2º, 4º e 6º. A partir da vindeira semana os nos@s axudantes colaborarán coas tarefas da nosa Biblioteca. Grazas a todos el@s!!!


7/6/11

Actividades curso 2010 - 2011

Un ano máis, e xa van tres, chegamos ao fin de curso e é tempo de voltar a vista atrás, de lembrar todo aquelo que fixemos e o ben que o pasamos. Esperamos que este video vos traia tan bos recordos coma a nós. Darvos a grazas a tod@s @s que axudaches a organizar e levar a cabo todas estas actividades e dicirvos que seguro que o ano que vén haberá máis. Disfrutade do verán, e recordade: O QUE LE NON ESTÁ FACENDO ALGO,... ESTÁ FACÉNDOSE ALGUÉN.... Ata setembro!!!

Visita ao Domus e o Aquarium Finisterrae

3/6/11

CÓNTAME UN CONTO...

SABELA GAGO VISITA O ROSALÍA on PhotoPeach

Hoxe, por xentileza da editorial Santillana, estivo con nós Sabela Gago, actriz do grupo de teatro Sarabela.
Fascinou aos alumnos coas súas historias, algúns axudáronlle cos personaxes e participaron moi activamente, pero todos o pasamos xenial.









1/6/11

A INSOPORTABLE LEVEDADE DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES GALEGAS

Ante a previsible retirada de formadores específicos no ámbito das bibliotecas escolares no Servizo de Formación do Profesorado, no Centro Autonómico de Formación e Innovación e nos centros de formación e recursos dependentes da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, segundo o borrador da orde que convocará concurso público de méritos para cubrir postos de persoas directoras e asesoras nestes centros QUEREMOS MANIFESTAR O SEGUINTE:
Hai proxectos que nacen marcados pola vulnerabilidade e a razón desta circunstancia non ten nada que ver coa falta de rigor ou a pouca entrega das persoas que os poñen en marcha. Máis ben ten que ver co feito de que nacen destinados a nadar contra corrente. Con todo, esa é a principal razón da súa existencia: xorden porque responden a unha necesidade non satisfeita pero compartida por un número crecente de persoas que senten que é posible compartir e facer viable o proxecto xuntos. Así naceu o movemento que cristalizou na iniciativa que todos coñecemos como PLAMBE. De xeito que dende hai algúns anos, esa iniciativa levou o mellor da creatividade e o esforzo de moitos docentes que xenerosamente regalaron o seu tempo e a súa capacidade de formar equipos e ilusionar a outros docentes en centros e centros de toda a nosa comunidade. Xuntos aprendemos a ser rigorosos e esixentes nos nosos proxectos, a crear espazos de aprendizaxe colaborativo, de cambios de estratexia, de achegamento ás novas tecnoloxías, de racionalización na xestión da información. Que ninguén se equivoque: os responsables das bibliotecas escolares non son seres evanescentes perdidos en vanas quimeras que tentan “roubar” horas a materias “importantes” para que o alumnado esmoreza entre mundos de ficción. Nada máis lonxe da realidade. Nun centro onde hai un equipo que xestiona a biblioteca de forma eficaz nótase. Os fondos adquírense con criterio, establécense acordos para xestionar a información, créanse espazos de colaboración e docencia compartida. Non é doado porque a maquinaria educativa ten unhas inercias difíciles de combater. A pesar de todo, estes docentes fórmanse e exercen a súa dura misión en horas non retribuídas, roubadas ás súas familias, ao descanso, ao lecer. Fomos coordinados con rigor e seriedade pola Asesoría de Bibliotecas Escolares pero sempre nos faltou o marco legal axeitado. A nosa misión é dura porque queda moito por definir. Na nosa inxenuidade e boa fe esperabamos conseguir progresivamente tempos e formación para seguir mellorando na nosa función se demostrabamos que eramos rigorosos e eficaces. Os nosos méritos como colectivo son dabondo coñecidos polos nosos gobernantes e acreditados por diferentes administracións e ámbitos a nivel estatal. Os numerosos e constantes premios anuais de boas prácticas concedidos polo Ministerio de Educación y Ciencia non caeron do ceo. Durante todos estes anos a formación recibida foi fundamental para levar a cabo actuacións rigorosas e enfocadas na dirección correcta.
Sabemos das cuantiosas axudas que a Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, destina a outros proxectos, dos incentivos para a elaboración de contidos dixitais por parte das empresas editoriais, entre outras iniciativas. Non sería tamén interesante fomentar a produción de materiais propios e promover desde cada centro a estandarización de procedementos que axuden a xestionar a información entre o noso alumnado sen confiar todo a eses materiais externos que proceden da industria editorial, por valiosos que poidan ser? Por que non seguir aproveitando a experiencia e valía dos equipos das bibliotecas escolares nestes cometidos?. O noso empeño sempre foi crear nos centros pequenos focos que tentan estender esas boas prácticas de innovación e excelencia. Non entendemos este novo e repentino xiro na política de formación desta Dirección Xeral. Non nos parece xusto posto que, podemos dicir honestamente que, pola nosa banda, cumprimos con fartura. Ao desmantelar as estruturas que nos sosteñen o deterioro será proporcional ao entusiasmo e o esforzo investidos: inmenso e imparable. Algúns lembramos como o noso Conselleiro lanzou un bico ao aire ao despedirse dos asistentes aos últimos encontros despois dunhas entusiastas palabras de eloxio polos éxitos logrados polas bibliotecas escolares galegas a nivel estatal. Onde quedou ese entusiamo? Que interpretación debemos facer? O noso país pode permitirse tirar pola borda todo este traballo? E nós?. En que situación quedaremos agora diante das nosas comunidades educativas se despois de tanta insistencia é a propria Consellería a que nos invisibiliza?.

Asinado:

O colectivo de coordinadores e coordinadoras de bibliotecas escolares incluídas no PLAMBE.

24/5/11

Abraham Carreiro no noso cole!!!

Abraham Carreiro no Rosalía on PhotoPeach

19/5/11

CELANOVA

O día 4 de maio os alumnos do 3º Ciclo fomos a Celanova. Vimos a casa de Curros Enríquez, visitamos Castromao, o mosteiro de San Rosendo(onde demos un pequeno concerto), Vilanova dos Infantes, a Virxe do Cristal e o Castelo.

18/5/11

FESTA DA LINGUA 2011

FESTA DA LINGUA on PhotoPeach

FACENDO HIP HOP NO XIMNASIO

OBRADOIRO HIP HOP letras galegas 2011 on PhotoPeach

Letras Galegas 2011

Celebramos na nosa biblio un pequeno homenaxe aos autores que escribiron na nosa lingua e lle deron un pulo que hoxe é máis necesario ca nunca. Orgullosos de ser galegos!

17/5/11

SALVANDO LIBROS.LETRAS GALEGAS 2011

Esta fermosa iniciativa xurdiu con motivo de celebración do día das LETRAS GALEGAS, entre as bibliotecas escolares incluídas no PLAMBE.
Que libro da literatura galega salvarías ti, se ocorrese o que nos conta a novela Fahrenheit 451?
Esta foi a idea da que se partiu e aquí podemos ver o resultado dos libros salvados en Primaria e E.Infantil.
Queremos dar as grazas a Jaime Jauriguizar que foi quen deseñou os cartaces que serven de soporte á actividade e tamén a Mª Dolores e Sabela que foron as encargadas de coordinar e dar forma á esta actividade conxunta, conseguindo este espléndido traballo.



">




">

10/5/11

LOIS PEREIRO IES LAGOA DE ANTELA

No blogue do IES Lagoa de Antela"O falar non ten cancelas" atopamos este fermoso vídeo sobre Lois Pereiro.


30/4/11

SOGAMA, DOMUS E RIAZOR

O venres ,29 de Abril, fomos visitar o Complexo de SOGAMA en Cerceda. Comemos na Coruña, preto da torre de Hércules, fomos ao Domus e o estadio de Riazor. Pasámolo xenial!!! Aquí tendes un resumo da nosa viaxe.

EXCURSIÓN A CORUÑA on PhotoPeach


15/4/11

14/4/11

Encontros do PLAMBE 2011

Recursos para traballar no Día das Letras Galegas


Grazas aos nosos compañeiros de "O recanto de Mik" por amosarnos esta recompilación de recursos e actividades para traballar nas aulas estes días.

13/4/11

ENCONTROS PLAMBE 2010-2011

O pasado día 8 celebráronse en Santiago os encontros do PLAMBE e alí estivemos. Inaugurounos o Conselleiro de Educación e a primeira exposición : "Avaliar para avanzar. Prácticas de autoevaluación na biblioteca escolar" estivo a cargo de Mónica Baró e Teresa Mañá. Despois dun café, houbo unha presentación simultánea de experiencias realizadas nalgunhas bibliotecas pertencentes ao PLAMBE: "Literatura en imaxes. Cine e Banda Deseñada". Pero o mellor esperábanos ao final, un peche moi emotivo a cargo de Xosé Neira Vilas. Foi un placer escoitar a " o único clásico que aínda queda vivo" como dixo Pilar Sampedro na súa presentación. Falounos das súas lembranzas en torno aos libros e as bibliotecas, do seu empeño para que o libro galego estivese presente en moitos lugares do mundo... Se queredes ver os materiais das exposicións premede AQUÍ entrade como convidados. E tamén fotos que nos chegan grazas ao SEGREL DO PENEDO

7/4/11

Os profes do 1º Ciclo leron "Polgariña" de Hans Christian Andersen on PhotoPeach

6/4/11

DÍA DA ÁRBORE

O día 26 de marzo celebramos no cole o "Día da árbore". Cada clase plantou unha árbore, que coidará, nunha maceta. Posteriormente plantarémolas no bosque. Neste vídeo están os alumnos de 6º A facendo a plantación.


5/4/11

25/3/11

Os nen@s de 6º pasamos unha mañá fantástica en Ourense

Concerto Griffin, tren turístico e visita ás pozas de Outariz on PhotoPeach

21/3/11

Desfile Entroido CEIP Rosalía de Castro

Os rapaces, rapazas e profes do noso cole desfilan polas rúas do pobo...

14/3/11

Os nen@s e prof@s preparan o Entroido

Se queredes ver unha pequena presentación de como preparamos o Entroido os nenos, nenas e profes do noso cole, aquí tendes. Esperamos que vos guste. Axiña poderedes ver a do desfile.


02/01/2011: Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil

Co gallo da celebración do Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil a nosa biblioteca organiza un concurso para saber máis sobre esta data e sobre o autor de contos Hans Christian Andersen. Animádevos e participade!!

28/2/11

Recursos para o Entroido

A Coordinadora Galega de Equipos de Normalización Lingüística recolleu varios recursos para empregar no Entroido: contos, debuxos, xogos... Podedes visitar a súa páxina e comprobalo.


...E se queres, aquí tes información e fotos sobre o Entroido de Xinzo de Limia, o máis longo de España.

23/2/11

Xa chegou o ENTROIDO!!

Aínda que o ciclo do entroido na nosa vila é moi longo, (Fareleiro, Oleiro, Corredoiro e Entroido), nós imos comezar a celebralo na semana que ven. Van ser días especiais no noso cole e que remataremos cun gran desfile polas rúas da vila. Convidámosvos a que nos veñades visitar...

31/1/11

Día da Paz 2011

Celebramos o 30 de xaneiro o Día Internacional da Paz. Preparamos unha obra de teatro titulada "Y colorín colorado, la guerra se ha acabado", onde se puña de manifesto que non podemos quedarnos só cunha visión das cousas, que na variedade está o mellor. Esperamos que vos guste.

13/1/11

RECURSOS PARA TRABALLAR O DÍA DA PAZ


Todos os anos dende 1964, o día 30 de xaneiro celébrase o Día Escolar pola Paz e a Non Violencia, en conmemoración da morte de MAHATMA GANDHI. O blog "O recanto de Mik" do CEIP Mestres Goldar elaborou unha escolma de material para este día. Se queredes acceder a información, actividades ou recursos para traballar nas aulas, premede aquí ou no título. Tamén os compañeir@s do CEIP Víctor Saenz publicaron unha ampla recompilación que podedes consultar.

20/12/10

Boletín Nadal 2010

Presentámosvos un novo número do noso Boletín da Biblioteca. Nel poderedes atopar entre outras cousas, recomendacións para os regalos de Nadal... non vos esquecer de pedir algún libro...


19/12/10

Agasallo

"Agasallo" inclúe unha selección de novas creacións e produtos, de libros, discos, aparellos electrónicos, camisolas, cinema, xogos... e todas elas teñen algo en común: a lingua galega.

13/12/10

Fomos visitar o Apóstolo

O pasado xoves os alumn@s de 5º fomos a Santiago a visitar a Catedral, o Parlamento. Para comer estivemos no Mc Donald's e pasámolo moi ben.

¡Tus propias imágenes en una Slideshow para MySpace, Facebook, orkut o tu página web!mostrar todos los imagenes de esta slideshow

11/12/10

Máis recursos para o nadal


Novidades da nosa Biblio





Temos os contos do Apalpador na nosa Biblioteca!!!!






Recursos Nadal 2010


Se queres acceder a unha morea de recursos en galego sobre o Nadal, preme aquí ou no título e verás unha recopilación elaborada pola coordinadora galega de equipos de normalización e dinamización lingüística: contos, obras de teatro, panxoliñas, refráns, modelos de cartas aos Reis, información sobre o Apalpador...


7/12/10

Postais Nadal 2010



A piques de adentrarnos nas datas de nadal, dende o ENDL, en colaboración coa Biblioteca e o EACE, convidamos a todos os nen@s do centro a diseñar tarxetas, para dun xeito orixinal e creativo, felicitar aos seres queridos.
As bases son as seguintes:
• Ilustracións alusivas ao nadal.
• Técnica libre, sen relevo.
• Tamaño DIN A5 ( 14,8 × 21 cm).
• Deberán ser creacións propias.
• A data límite de entrega será o día 09/12/10.
• De entre todas elas, a premiada, será empregada polo centro como ilustración dos actos conmemorativos do nadal.
Esperamos a vosa participación.

25/11/10

Ana Mª Matute Premio Cervantes 2010

Ana Mª Matute, gran escritora catalana, recibiu onte o gran premio da literatura en español.
Fai click aquí se queres consultar a súa biografía ou a súa obra.



13/11/10

Audiovisual Magosto 2010

Magosto 2010 Slideshow: Papacontos’s trip to Xinzo de Limia, Galicia, Spain was created by TripAdvisor. See another Xinzo de Limia slideshow. Create your own stunning free slideshow from your travel photos.

8/11/10

Recursos para o Magosto

O C.E.I.P. Víctor Sáenz (Mazaricos) fixo unha recopilación de materiais moi interesante sobre o Magosto. Visitade este documento para ter un montón de enlaces, lecturas , ... relacionadas con esta festa tan nosa.

https://sites.google.com/site/recursosparaomagosto/

2/11/10

O samaín no noso cole

Samaín 2010 Slideshow: Papacontos’s trip to Xinzo de Limia, Galicia, Spain was created by TripAdvisor. See another Xinzo de Limia slideshow. Create a free slideshow with music from your travel photos.

27/10/10

A Santa Compaña

A ver se vos gusta esta historia de medo....

13/10/10

Escomezamos o novo curso escolar

Xa estamos aquí de volta coas pilas cargadas. Temos un montón de proxectos para levar a cabo e unha chea de actividades para realizar...

Este mes de outubro conmemoramos o mes das Bibliotecas Escolares e con este motivo recordaremos no noso cole as normas de préstamo, os horarios para os diferentes cursos e todo o relacionado co funcionamento da nosa Charca dos Libros.

9/6/10

Actividades Biblioteca Escolar 2009 / 2100

Xa chega o verano...! Vacacións, sol e praia... Tamén é tempo de facer memoria. Velaiquí vos amosamos un pequeno resumo de moitas das actividades que fixemos ao longo do curso. Esperamos seguir o vindeiro curso co mesmo ánimo e ganas de traballar. Pasádeo ben e recordade: a mellor compañía para as longas tardes do estío pode ser un BO LIBRO...

7/6/10

Proxecto Documental "Xacobeo 2010"

Implicámonos ao longo do curso na elaboración dun Proxecto Documental relacionado coa celebración doa Ano Santo Compostelán. Foron moito os grupos que elaboraron murais, vídeos e outros materiais en diferentes soportes. Este vídeo foi elaborado polos alumnos que participan no Programa PROA, e onde se resaltan os aspectos máis importantes do Camiño e de todos os elemento que o rodean. Esperamos que vos guste...

5/5/10

MÚSICA

Desde estes enlaces ao blog son de poetas podedes escoitar algúns poemas de Uxío Novoneira, musicados.

Fiandeira Namorada - Xabier Díaz e Suso Vaamonde.

Vai polo Monte un camiño - Suso Vaamonde.

No bicarelo - Na Virada

29/4/10

Presentacións sobre a vida e obra de Uxío Novoneyra

Como actividade para conmemorar o Día das Letras Galegas, os alumnos e alumnas de 6º presentaron unha serie de presentacións en Powerpoint sobre a vida e a obra do autor homenaxeado este ano. Aquí presentamos as que seleccionaron entre todas, pero se queres ver o resto podes visitar o seu blog da aula.




28/4/10

Recursos Día das Letras Galegas

Nestes enlaces atoparedes diferentes actividades e materiais sobre a figura do autor do Courel Uxío Novoneyra, ao que se lle adica este ano o Día das Letras Galegas.
Recursos Uxío Novoneira

Actividades sobre a súa vida e obra

LIM sore Uxío Novoneira elaborado polo CEIP CONDESA DE FENOSA
Webquest para Educación primaria elaborada polo CEIP ANDRADE
“Ilda, o corzo e o xabaril” ,conto adaptado para Ed. Infantil e 1º ciclo,elaborado polo CEIP FRIAN- TEIS
“Ilda, o corzo e o xabaril” ,conto adaptado para 2º e º ciclos elaborado polo CEIP FRIAN- TEIS

23/4/10

Día do Libro 2010

Me gusta leer from Andres Ubierna on Vimeo.

Para que les?

Moitas das resposta que deron a esta pregunta xente coñecida e non tan coñecida están colocadas polas paredes do colexio para que as poidades ler. Esta exposición é unha idea tomada do blog da ONG http://implicadas.blogspot.com/ .
Esta actividade colaborativa entre moitas bibliotecas escolares galegas foi organizada e coordinada por Loli Lago, Olga e Charo. Moitas grazas ás tres. Os nosos agradacementos tamén a Jaime Eizaguirre, que foi o autor dos deseños e ilustracións.




12/4/10

Día do Libro 2010

O día 23 celébrase o Día Internacional do Libro coa idea de fomentar a lectura e os dereitos de autor.
A elección do 23 procede da coincidencia do falecemento de Miguel de Cervantes, William Shakespeare e Garcilaso de la Vega.
Á iniciativa da UNESCO noméase a unha capital dun país do mundo como "Capital Mundial del Libro"
Neste ano 2010, será Liujana a cidade que terá ese honor.

Este é o cartel que propón a UNESCO para este día.


25/3/10

23 de abril:Gymkana literaria "Día do Libro"

Co gallo da celebración do Día do Libro organizamos dende a Biblioteca unha gymkana literaria. Os participantes deberán contestar a unha serie de preguntas sobre uns textos literarios a partir dunhas pistas dadas. Haberá premios para os gañadores. Animádevos e inscribídevos na Biblioteca ata o vindeiro 16 de abril.

15/3/10

Domingo, 22 de marzo: Día Internacinal da Poesía


O vindeiro luns, 23 de marzo conmemoraremos na Biblioteca do centro o Día Internacional da Poesía como non podía ser de otro xeito: recitando poemas. En colaboración co equipo TIC do centro creamos unha presentación de imaxes musicadas que farán de escenario para todo aquel que ao longo do día queira achegarse a esta curruncho da literatura e ler ou recitar os seus versos favoritos. Non faltedes!

10/3/10

Actividades para a formación de usuarios

Navegando, navegando, atopamos estes recursos super interesantes para traballar a formación dos nosos alumnos e alumnas no blog da biblioteca do CEIP Condesa de Fenosa do Barco de Valdeorras. Noraboa por tanto traballo tan ben feito.

http://centros.edu.xunta.es/ceipcondesadefenosa/bibliocondesa/proxectos/formusuarios/index.htm

http://centros.edu.xunta.es/ceipcondesadefenosa/bibliocondesa/proxectos/obrasreferencia2/index.htm


http://centros.edu.xunta.es/ceipcondesadefenosa/bibliocondesa/proxectos/documentos/index.htm