Como sabedes, o día 30 de Xaneiro celebramos o día escolar da paz e da non violencia. Para poder traballar sobre este tema nas semanas vindeiras, deixámosvos o seguinte enlace no noso blogue, que elaboraron os compañeir@s do Equipo da Biblioteca Escolar do CEIP Victor Sáenz de Mazaricos, onde podedes atopar dende cancións e películas, ata libros, unidades didácticas... Premede na imaxe da dereita para poder visualizar estes recursos.
22/12/11
BO NADAL
Esta é unha pequena mostra de como estaba o noso cole durante este último mes. Disfrutade das vacacións!!!
![]() |
| Free slideshow design generated with Smilebox |
BOLETÍN NADAL 2011
Aquí tendes unha pequena guía de libros que recomendamos para ler neste Nadal. Aproveitamos para desexarvos unhas boas festas.
20/12/11
A ÁRBORE DOS DESEXOS DO NADAL
A árbore
dos desexos do Nadal
Dende
o equipo de Biblioteca propuxemos neste Nadal
que as nosas peticións aos Reis Magos e o Papá Noel non tiveran que ver
con nada material. Así que decidimos
repartir unhas plantillas con distintas decoracións para a gran árbore que colocamos ao entrar a nosa
Biblio onde tod@s os alumn@s e prof@s do cole escribimos aquelo que desexamos
sen necesidade de recurrir aos euros. E velaquí tendes o resultado
![]() |
| Personalize your own scrapbook design |
19/12/11
CENTENARIO DO NACEMENTO DE ÁLVARO CUNQUEIRO
Os alumnos de 6º C do noso cole elaboraron esta pequena presentación sobre Álvaro Cunqueiro. Podedes vela premendo na imaxe da dereita ou no seu blogue "A voz de 6º C".
Suscribirse a:
Entradas (Atom)


