Mostrando entradas con la etiqueta voz natura. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta voz natura. Mostrar todas las entradas

22/4/16

22 de abril: día da terra

Enlace á CARTA DA TERRA

O Dia da Terra foi promovido pelo senador americano Gaylord Nelson.
O 22 de abrl de 1970, o político convocou o que foi considerado a primeira protesta contra a polución. De acordo con datos divulgados na época, mais de 20 millóns de persoas participaron en todos os Estados Unidos.
Desde 1990, é festexado cada 22 de abril a nivel internacional.
O Dia da Terra quere ser unha toma de consciencia dos recursos naturais da Terra e o seu manexo, da educación ambiental e da participaión como cidadáns ambientalmente conscientes e responsables.
O obxectivo principal é conscientizar aos habitantes do planeta Terra da importancia e a necesidade da conservación dos recursos naturais do mundo.
Hoxe, o Dia da Terra é celebrado en máis de 190 países.

6/4/16

Plantamos árbores no patio



Plantamos árbores 2016 - Kizoa Editar Videos - Movie Maker
O día 5 de abril fixemos esta actividade porque antes o tempo chuvioso non nolo permitira. Cada nivel plantou unha árbore no patio e seguimos aprendendo a diferenciar uns dos outros; esta vez foron uns carballos e imos introducindo outras: cancereixo (capudre, escornabois, serbal dos cazadores) e amieiro. Tamén imos ver se logramos que unha figueira retoñe... 

29/3/16

Obradoiro coa Asociación O Bión

Xa no primeiro día deste terceiro trimestre arrancamos cunha actividade que nos trouxeron os membros da Asociación Cultural O Bión: a contrución de caixas nío. Da man de Raúl, Pepe e J. Manuel os de 3º A fomos armando as caixas e aprendendo a coñecer ó ferreiriño común (tamén ó capuchino...), escoitando o seu canto e tratando de colocar ben os parafusos para que a casa aguante. Tamén lle demos ó final unha capa de verniz e deixaremos para outro día o de colocalas no patio e no parque. Ademais dunha fotocopia destes paxaros para os que, en principio, fixemos a súa posible morada déronnos un tríptico da Sociedade Galega de Ornitoloxía sobre o Moucho de orellas, a ave nocturna da primavera.

27/10/15

Manual ecolóxico para agricultor@s inquedos


Compartimos esta xoia que nos achegou o Blog Maestro de Voz Natura. É un ” Manual ecológico para agricultores inquietos“, editado polo Colexio Público José de Escandón e a AMPA do centro e financiado pola Consejería de Medio Ambiente de Cantabria.
O libro é un manual para os mestres que recolle a programación, contidos e actividades ao longo do curso escolar arredor do horto escolar e desde unha perspectiva  de agricultura ecolóxica. A calidade dos materiais parécennos excelente.

Captura de pantalla 2015-10-27 a las 9.07.37

3/10/15

Canto sabes sobre os solos?

Avalía o teu coñecemento sobre os solos no seu Ano Internacional 
E clasifica o solo do entorno que nos rodea  para comprender a importancia deste elemento fundamental dos ecosistemas

30/9/15

Comezan os equipos de "supervisión ambiental"

“SUPERVISIÓN AMBIENTAL” NO CEIP ROSALÍA DE CASTRO. Xinzo de Limia.
(Tamén chamadas “PATRULLAS VERDES”)
·  Somos grupos dunhas 4 persoas de primaria que imos rotando cada semana
·  Pretendemos manter un “bo clima” no centro, fomentar e educar no coidado do entorno.
·  Levamos un distintivo (chaleco verde), un recolledor e unha escoba e coidamos que toda a comunidade educativa que transite polo centro teña un bo comportamento cívico (convivencia pacífica: somos conscientes dos nosos dereitos e deberes).
·  Non nos dedicamos a recoller o que outros tiran: facemos unha labor de concienciación, de conservación e mellora do entorno. Coidamos que o noso espazo, si, esté limpo e se alguén tira lixo ó chan, amablemente indicámoslle que ese comportamento non é axeitado, que o recolla e onde debe gardalo (se lle caeu, sen darse conta) ou tiralo (papeleiras, contedores diferentes...). Se o alumn@ non lle fai caso ós membros do equipo, inmediatamente avísase ó profesorado que está de garda nese espazo do patio.
·  Antes de volver deixar os recolledores en recepción deben baleirarse nos contedores que temos no patio do centro (porta principal automática).
·  Todos os titor@s estamos atentos á semana que nos toca facelo a nosa aula e pasarlle os chalecos distintivos á aula seguinte (ou ir pedilo, se se nos esquece a quen debemos pasalo).

CALENDARIO  CURSO  2015/16______________________________________________

6º B  5 a 9 de outubro   -    11 a 19 de febreiro     -    6 a 10 de xuño 
6º A   13 a 16 de outubro   -    22 a 26 de febreiro    -    13 a 21 de xuño
5º B   19 a 23 de outubro    -   29 feb. a 4 de marzo
5º A    26 a 29 de outubro   -   7 a 11 de marzo
4º B    2 a 6 de novembro   -   14 a 18 de marzo
4º A    9 a 13 de novembro   -  29 marzo a 1 abril
3º B    16 a 20 de novembro   - 4 a 8 de abril
3º A     23 a 27 de novembro   -  11 a 15 de abril
2º C    30 Nov. a  4 de decembro   -   18 a 22 de abril
2º B      9  a 17 de decembro   -   25 a 29 de abril
2º A    7 a 15 de xaneiro    -  2 a 6 de maio
1º C    18 a 22 de xaneiro   - 9 a 13 de maio
1º B     25 a 29 de xaneiro    - 18 a 27 de maio
1º A     1 a 5 de febrero   -  30 maio a 3 de xuño

10/6/15

Participamos na festa de Voz Natura

O pasado sábado 6 de xuño estivemos no parque de Acea de Ama, en Culleredo, A Coruña. O grupo de 6º A e o equipo de voluntari@s que participaron como axudantes do Equipo Dinamizador da Biblioteca así como os "mellores lectores" (en canto a número de libros segundo o programa Meiga) e dous mestres e algúns pais e nais compartimos o día de festa co que Voz Natura nos agasallou por termos participado neste programa ó longo deste curso.

6/3/15

Os de 6º participamos nunha charla-coloquio no IES Lagoa de Antela



Alumnado de 6ºA e dos IES participando na sesión -organizada polo IES Lagoa de Antela e invitados por Tomás G.- e que impartiu Serafín González (investigador científico do CSIC, experto en hidroloxía e un dos maiores coñecedores da nosa comarca) este xoves día 5 de marzo. A charla preparámola a partires dun artigo que publicou El País o pasado 21 de decembro co título "El CSIC apunta a los vertidos y granjas que ahogan A Limia en purines"; según los ecologístas la carga ganadera de la zona equivale a 1,4 millones de personas, la mitad de la la población de Galicia en solo un 1% de su superficie;  rematou cunha quenda de preguntas que formulou o alumnado. Toda unha aventura compartir un acto con alumnado e profesorado dos IES Lagoa de Antela e Cidade de Antioquía, saudar ó alumnado que foron compañeiros no noso centro o curso pasado, irmáns, coñecidos ... e ir vendo as instalacións do que será o próximo Centro de ensino para o vindeiro curso.  

5/3/15

A nosa horta

     Velaquí algús momentos do traballo na nosa horta. A partires do banco de sementes que temos na Biblioteca (no que participamos toda a comunidade educativa)  imos facendo semilleiros nas aulas e despois transplantamos; aquí na Limia -se queremos adiantar algo (conséguese poucas veces) hai que poñerlle manta térmica ou invernadoiro. Tamén medimos para saber canto temos que mercar se poñemos malla para evitar as malas herbas ou con vistas a colocar o sistema de rega por goteo... No trimestre pasado sacamos algunhas patacas, collemos algunha verdura e agora estamos poñendo acelga, leitugas e volvemos andar co plantío nas clases.  

2/12/14

Día Mundial do Non Uso de Praguicidas: 3 de decembro

Fora plaguicidas!!

avatarEscrito por blogmaestrovnat
2 de diciembre de 2014 a las 0:28h

O 3 de dezembro celébrase o Día Munidal del No Uso de Plaguicidas. Unha data elexida polas más de 400 organizacións membros da PAN (Pesticide Action Network), para lembrar  aos máis de  16.000 mortos a consecuencia da catástrofe de Bophal, ocurrida na  India en 1984.
Ademáis dos accidentes graves e do dano aos ecositemas, os  plaguicidas provocan ao ano miles de problemas graves de saúde ( intoxicacións crónicas e agudas) en agricultores e consumidores ao entrar na cadea alimenticia.
Para conmemorar o día, e metidos de pleno na agricultura ecolóxica, anímovos a facer unha campaña colexial a través dos blogs para fomentar o uso de insecticidas e bacetricidas naturales.
Para que os rapaces e rapazas profudizen no tema das plagas e o seu tratamento, deixámosvos un Slideshare compartido polo INTA, claro e práctico. Premede na imaxe para acceder ao recurso e non vos esquezades de compartir a vosa campaña en Blog Natura.
Captura de pantalla 2014-12-01 a las 10.12.34
- See more at: http://blogs.voznatura.es/blogmaestrovnat/blog/2014/12/02/fora-plaguicidas/#sthash.Mi3EU6vH.dpuf

8/10/14

EN MARCHA AS PATRULLAS VERDES

    Este vindeiro luns temos prevista a posta en marcha das patrullas verdes con algúns cambios respecto do ano anterior. Que non sabes o que son? 
  • Están constituídas polo alumnado de primaria do Centro. Son grupos dunhas 4 persoas que irán rotando. Cada semana confórmanas os membros dunha aula.
  • Pretenden manter un “bo clima” entre o alumnado, fomentar e educar no coidado do entorno.
  • No primeiro recreo levarán un distintivo (chaleco verde), un recolledor e unha escoba e coidarán que toda a comunidade educativa que transite polo centro teña un bo comportamento cívico (convivencia pacífica: somos conscientes dos nosos dereitos e deberes).
  • Non se adican a recoller o que outros tiran: facemos unha labor de concienciación, de conservación e mellora do entorno. Coidan que o noso espazo, si, esté limpo e se alguén tira lixo ó chan, amablemente indícaselle que ese comportamento non é axeitado, que o recolla e onde debe gardalo (seguramente se lle caeu, sen darse conta) ou tiralo (papeleiras, contedores diferentes...). Se o alumn@ non lle fai caso ós membros da patrulla, inmediatamente avísase ó profesorado que está de garda nese espazo do patio.
  • Antes de volver deixar os recolledores en recepción deben baleirarse nos contedores que temos no patio do centro (porta principal automática).
  • Todos os titor@s debemos estar atentos á semana que nos toca facelo a nosa aula e pasarlle os chalecos distintivos á aula seguinte (ou ir pedilo, se se nos esquece a quen debemos pasalo).


CALENDARIO CURSO 2014/15______________________________________________________

13-17 de outubro 6º C                    20-24 de outubro 6º B                            27-30 de outubro 6ª A
3-7 de novembro 5º B                    10-14 de novembro 5º A                       17-21 de novembro 4º B
24-28 de novembro 4º A                1-5 de decembro 3º B                            9-12 de decemebro 3º A
15-19 de decembro 2º B                 12-16 de xaneiro 2º A                          19-23 de xaneiro 1º B
26- 30 de xaneiro 1º A                    2-6 de febreiro 6ºC                              9-13 de febreiro 6º B
23-27 de febreiro 6ºA                     2-6 de marzo 5º B                                9-13 de marzo 5º A
16-19 de marzo 4º B                       23-27 de marzo 4º A                            7-10 de abril 3º B
13-17 de abril 3º A                         20-24 de abril 2º B                               27-30 de abril 2º A
4-8 de maio 1º B                            11-15 de maio 1º A                               18-22 de maio 6º C
25- 29 de maio 6ª B                       1-5 de xuño 6º A                                   8-12 de xuño 5º B
15-18 de xuño 5º A._________________________________________________________________