Mostrando entradas con la etiqueta medio ambiente. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta medio ambiente. Mostrar todas las entradas

29/3/16

Obradoiro coa Asociación O Bión

Xa no primeiro día deste terceiro trimestre arrancamos cunha actividade que nos trouxeron os membros da Asociación Cultural O Bión: a contrución de caixas nío. Da man de Raúl, Pepe e J. Manuel os de 3º A fomos armando as caixas e aprendendo a coñecer ó ferreiriño común (tamén ó capuchino...), escoitando o seu canto e tratando de colocar ben os parafusos para que a casa aguante. Tamén lle demos ó final unha capa de verniz e deixaremos para outro día o de colocalas no patio e no parque. Ademais dunha fotocopia destes paxaros para os que, en principio, fixemos a súa posible morada déronnos un tríptico da Sociedade Galega de Ornitoloxía sobre o Moucho de orellas, a ave nocturna da primavera.

16/3/16

Semana escolar da árbore e da auga

   "Dona Pinga e don Carballo fan amizade".
    Éste é o título do libriño co que a Deputación do Ourense nos convida a celebrar os días mundiais da árbore e da auga. Mandounos carteis e un exemplar para cada alumn@ de primaria, guías do profesorado e mesmo nos fai unha proposta de actividades.
   Celebramos que as administracións públicas se vaian sensibilizando con estas temáticas e especialmente nesta comarca á que se lle chamou a "ovella rapada" pola desfeita que aquí se fixo en nome da concentración parcelaria e si, desde as administracións públicas. 

10/3/16

Presentación do libro Ecoloxia Política: Olladas desde Galicia en Xinzo de Limia

Este venres 11 ás 20:00 horas no local de Itaca (Otero Pedrayo, 4 de Xinzo de Limia) preséntase o libro coa presenza de tres das autoras: Xosé Santos, Pepa Vázquez e María Duran.
Este 3º libro que publica o Foro OBenComún é unha obra coral de 17 autores, especialistas  e activistas sociais:
Prologo e Coordinación edición:  Xan Duro e Xoán Hermida González
Titulos e autore(a)s:
Galiza: calamidade e oportunidade   Ramón Fernández, Carolina Jack, Jose Manuel Sánchez e Xiao Varela
A necesidade dun novo modelo enerxético para Galiza   Xoán R. Doldán García
Soberanía alimentaria  Isabel Vilalba
Galicia perante o cambio climático  Xosé Veiras
Transporte e mobilidade: sen relocalización non hai solución  Xan Duro
Facer política desde a bolsa do lixo. Cando ti cambias, todo cambia   María Durán Beloso
Bases para unha actividade pesqueira sustentable   Antonio García Allut
Montes, fragas, lumes… outra política forestal é posible   Xosé Santos Otero
A Administración pública como un consumidor responsable   Fernanda Couñago Otero
Dez reflexións sobre a educación ambiental en Galicia: ollando máis alá da crise  Pablo Ángel Meira Cartea
Cultura, cultura de paz, sostible e xusta     Manuel Dios Diz
Acción Social e loita contra a pobreza en Galicia     Pepa Vázquez Martínez
Trinta anos de solidariedade galega. Ollando o pasado e o futuro   Emilio Manuel Martínez Rivas
Economía, medio ambiente e recursos naturais      María Xosé Vázquez Rodríguez

Ecoloxía Política. Olladas desde Galicia. A sociedade humana na súa configuración actual depende, alén dos alimentos, fundamentalmente da enerxía fósil e dos recursos minerais non enerxéticos. Ámbalas dúas están entrando en fase de esgotamento. A Axencia Internacional da Enerxía sinalou o ano 2006 como o ano de superación do pico do petróleo convencional. A partir dese momento iníciase unha curva descendente na capacidade de extracción, que se pretende substituír con petróleo de fontes non convencionais como as areas bituminosas ou derivados froito do fracking. Outros investigadores sinalan o ano 2050 como a data na que a demanda de minerais como ouro, prata, chumbo, cinc, cobre ou níquel, será superior ás reservas totais dos mesmos.
Son moitos os sinais que temos hoxe en día: á profunda crise que vive o capitalismo globalizado, o proceso de esgotamento dos recursos minerais e enerxéticos tradicionais, a progresiva degradación ambiental e as desigualdades locais e mundiais configuran un panorama crítico diante do que semella que non temos máis que dúas respostas. A primeira resúmese nunha fuxida cega cara a diante, pechando os ollos á realidade. A segunda, unhas infundadas esperanzas nunhas supostas tecnoloxías que virán resolver os problemas, é dicir, o tecno-optimismo. Case que unha relixión na actualidade.

15/2/16

Exposición "Reservas da Biosfera" na Biblioteca


Esta exposición créase polo Grupo de Desenvolvemento Rural “Mariñas – Betanzos”.
Pódese consultar máis información sobre este proceso en www.marinasbetanzos.org
As reservas da Biosfera decláranse pola UNESCO no marco do Programa MaB (Home e Biosfera).
A finais de 2012 había 563 reservas en 110 países.
Teñen por finalidade harmonizar a conservación do patrimonio natural e cultura, e o des sostible da súa poboación.
Nelas podemos atopar todos os ecosistemas e todas as culturas do planeta. 
En España existen 40 das que 5 están en Galicia (Río Eo, Oscos e Terras do Burón, Terras do Miño, Ancares Lucenses, Área de Allariz, e a reserva transfronteirizaGerês- Xurés).
As reservas son:
LUGARES onde se traballa polo mantemento da biodiversidade e da diversidade cultural
ÁREAS que buscan un desenvolvemento social e económico respectuoso co medio.
ZONAS que experimentan para conseguir un bo uso dos recursos naturais,culturais e sociais
SITIOS onde se fomenta a participación dos cidadáns, a formación e a educación.
Entre outros beneficios, a declaración dunha Reserva da Biosfera abre a oportunidade de :
- Situar ao territorio no mapa mundial.
- Dar prestixio ao territorio, ás súas empresas e aos seus produtos.
- Ampliación dos mercados para os produtos, a través das marcas de calidade.
- Recuperación das actividades económicas tradicionais.
- Incentivas e fortalecer as iniciativas ligados ao turismo sostible.
- Xerar oportunidade de capacitación e formación.
- Acadar apoio internacional, estatal e rexional para iniciativas e proxectos ligados ao desenvolvemento sostible e á conservación ambiental.
- Mellorar a conservación ambiental e a información sobre os recursos naturais.
Foto da actividadDescrición. 14 paneis.


  • Panel 1. Portada. Descargar
  • Panel 2. Rede Española de Reservas da Biosfera. Descargar
  • Panel 3. Que son?. Descargar
  • Panel 4. Estrutura e funcións. Descargar
  • Panel 5. Quen xestiona?. Descargar
  • Panel 6. Beneficios. Descargar
  • Panel 7. Auga... como protagonista. Descargar
  • Panel 8. Alta montaña... o teito da península. Descargar
  • Panel 9. Ambiente mediterráneo... de montaña. Descargar
  • Panel 10. Illas... xestión integrada. Descargar
  • Panel 11. Montaña cantábrica... tapiz verde. Descargar
  • Panel 12. Transfronteirizas... natureza sen fronteiras. Descargar
  • Panel 13. O Programa MaB da Unesco cumpre 40 anos. Descargar
  • Panel 14. Reserva da Biosfera das Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo

  • Estará na nosa biblioteca ata finais do mes de febreiro.
  • Exposición da "bolboreta Monarca" na Biblioteca

    Un dos fenómenos mais abraiantes que nos ofrece a natureza galega é unha visitante de alén do Atlántico:
    a bolboreta Monarca, que voa miles de quilómetros coas súas fráxiles ás, cruza o mar e nos visita cada outono cun sixilo que non fai honra a semellante fazaña.
    A chegada a Galicia desta bolboreta, espertou unha interesante iniciativa por parte do seu descubridor, o lepidopterólogo galego Eliseo H. Fernández Vidal, para poder obter máis datos sobre o arribo desta especie ás nosas costas: a Operación Monarca.
    Foto da actividad
    Este proxecto ten como obxectivo que cada vez máis persoas coñezan esta bolboreta e poidan informar das súas observacións, co fin de ter un coñecemento máis profundo da súa presenza en Galicia. Ademáis, pretende que as persoas alleas á lepidopteroloxía se interesen polo coñecemento deste marabilloso mundo e a súa conservación.
    O CEIDA e a Deputación da Coruña produciron esta exposición.
    Características da exposición
    A exposición conta con cinco paneis explicativos sobre como identificar a especie, a súa bioloxía, as súas migracións,...
    Panel 1
    A monarca, un bo xinete que cabalga polo mundo
    Panel 2
    Case corenta anos para descubrir o lugar de invernada das monarcas da costa oeste norteamericana
    Panel 3
    Á monarca sáenlle imitadoras
    Panel 4
    A monarca: unha viaxeira incansable
    Panel 5
    A migración e a vida da monarca
    Enlaces ao dossier, tríptico e paneis: 
    1. http://www.ceida.org/files/exposicions/dossier-monarca.pdf 
    2. http://www.ceida.org/files/exposicions/operacion_monarca.pdf
    3. http://www.ceida.org/files/exposicions/paneis-monarca.pdf

    Ata finais do mes de febreiro estará na Biblioteca escolar

    Exposicións na nosa biblioteca


    2/2/16

    2 de febreiro: Día mundial dos humidais

    Interesante post sobre o Día Mundial dos Humedais, que se celebra o 2 de febreiro, e no que temos información e actividades de interese:
     

    http://blogs.voznatura.es/blogmaestrovnat/blog/2016/01/28/humedais-para-o-noso-futuro/

    23/10/15

    O monte é vida


       Estamos acabando de preparar o espazo para poñer esta exposición da Sociedade Galega de Historia Natural... Así que mirade os días, horarios e pasade a vela cando poidades. As clases xa teñen asignada unhas horas cada semana para a biblioteca; nas horas dos recreos tamén está aberta e o resto da comunidade educativa ten a posibilidade de vir polas tardes de 15.15 a 17h.  

    3/10/15

    Canto sabes sobre os solos?

    Avalía o teu coñecemento sobre os solos no seu Ano Internacional 
    E clasifica o solo do entorno que nos rodea  para comprender a importancia deste elemento fundamental dos ecosistemas

    6/3/15

    Os de 6º participamos nunha charla-coloquio no IES Lagoa de Antela



    Alumnado de 6ºA e dos IES participando na sesión -organizada polo IES Lagoa de Antela e invitados por Tomás G.- e que impartiu Serafín González (investigador científico do CSIC, experto en hidroloxía e un dos maiores coñecedores da nosa comarca) este xoves día 5 de marzo. A charla preparámola a partires dun artigo que publicou El País o pasado 21 de decembro co título "El CSIC apunta a los vertidos y granjas que ahogan A Limia en purines"; según los ecologístas la carga ganadera de la zona equivale a 1,4 millones de personas, la mitad de la la población de Galicia en solo un 1% de su superficie;  rematou cunha quenda de preguntas que formulou o alumnado. Toda unha aventura compartir un acto con alumnado e profesorado dos IES Lagoa de Antela e Cidade de Antioquía, saudar ó alumnado que foron compañeiros no noso centro o curso pasado, irmáns, coñecidos ... e ir vendo as instalacións do que será o próximo Centro de ensino para o vindeiro curso.  

    21/1/14

    26 de xaneiro: Día mundial da educación ambiental



                           
    DATAS PARA LEMBRAR RELACIONADAS CO MEDIO AMBIENTE.2014PDFImprimirE-Mail
    Este ano 2014 conmemórase o Ano Internacional da Agricultura Familiar. Ademais desta efeméride achegamos un calendario coas datas máis relevantes relacionadas co medio, para que quen queira celebrar estes días teña a man esta ferramenta de consulta.

    DECENIOS INTERNACIONAIS 
    - Decenio das NN UU para os Desertos e a Loita contra la Desertificación (2010 - 2019)

    - Decenio das Nacións Unidas sobre a Diversidade Biolóxica (2011-2020)

    - Decenio das NNUU da Educación para o Desenvolvemento Sostible (2005-2014)

    - Decenio Internacional para a Acción «A agua, fonte de vida» (2005-2014)


    XANEIRO

    26 – Día Mundial da Educación Ambiental 

    FEBREIRO

      2 – Día Mundial dos Humedais

    MARZO

      5 – Día Internacional da Eficiencia Enerxética
    14 – Día Internacional de Acción polos Ríos
    21 – Día Forestal Mundial / Día da Árbore
    22 – Día Mundial da Agua

    ABRIL

      7 – Día Mundial da Saúde
    22– Día Mundial da Terra
    29– Día do Animal
    30– Día Mundial da Concienciación polo problema do ruido

    MAIO

      4  – Día Internacional do Combatiente de Incendios Forestais
    15  – Día Mundial de Acción do Clima
    21  – Día Mundial da Diversidade Cultural para o Diálogo e o Desenrolo 
    22  – Día Mundial da Biodiversidade

    XUÑO

      5  – Día Mundial do Medio Ambiente
      8  – Día Mundial dos Océanos
    17 – Día Mundial da Loita contra a Desertificación e a Sequía

    XULLO

      7 – Día da Conservación do Solo
    11– Día Mundial da Poboación

    AGOSTO
     9 – Día Internacional das Pobacións Indíxenas                       

    SETEMBRO

    16 – Día Internacional para a Preservación da Capa de Ozono
    22 – Día Mundial sen coche
    25 – Día Mundial Marítimo

    OUTUBRO

      7  – Día Mundial do Hábitat
    13 – Día Internacional para a Reducción dos Desastres Naturais
    17 – Día Internacional para a Erradicación da Pobreza

    NOVEMBRO

     6  – Día Internacional para a Prevención da Explotación do Medio Ambiente na Guerra e os Conflitos Armados
    28 – Día Mundial contra o Consumismo

    DECEMBRO

      5  – Día Internacional do Voluntariado
    10 – Día Internacional dos Dereitos Humanos
    11 – Día Internacional das Montañas
    15 – Creación del PNUMA