Mostrando entradas con la etiqueta medio ambiente. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta medio ambiente. Mostrar todas las entradas

6/2/20

Recreos, residuos cero

Tal e como recolle este cartel que temos na entrada do Ceip: Accións polo clima.


Promovemos desde o comezo de curso a realización dunha comparativa entre as aulas contabilizando o lixo que xeramos co "envoltorio" no que traemos o sobrealmorzo, premiando á aula máis respectuosa co medio. 
Así, de cando en vez, alguén (José Luís E. como fotógrafo) pasa polas clases e pide que se poña enriba da mesa o que trouxemos para tomar no recreo; así dialogamos, valoramos, concienciamos, entre outras cousas, sobre a utilización de recipientes, envases reutilizables (panos de tela de algodón, cera de abella e aceite de jojoba- antibacteriano-...) e posibilitamos a reducción no emprego de plásticos. 

22/1/20

Equipo life rexenera Limia

Recibimos este correo do EQUIPO LIFE REGENERA LIMIA . Copio e pego. Por se lle queredes botar unha ollada. Moita información e o noso chamamento a ser críticos.


Este correo tiene como fin difundir entre el ámbito educativo los resultados del PROYECTO EUROPEO LIFE REGENERA LIMIA LIFE13ENV/ES/00027  ?Depurar para recuperar. Hacia un sector agroganadero sostenible?, (2014-2019) en la comarca de A Limia (Ourense), los socios del proyecto consideramos que sus resultados pueden ser interesantes para su alumnado, ya que trata aspectos de desarrollo sostenible del sector agroganadero y la conservación de ecosistemas fluviales y humedales.

Por medio del Proyecto LIFE REGENERA LIMIA se implementaron en el periodo 2014-2019 varias soluciones con carácter demostrativo en la Comarca de A Limia (Ourense) enfocadas directamente para reducir la presencia de nutrientes, fundamentalmente de origen agroganadero, en las masas de agua de la Comarca de A Limia, contando con la colaboración de los sectores agrícola y ganadero y la función autodepurativa de los ecosistemas fluviales y humedales.

En la web del proyecto www.regeneralimia.org, se puede consultar entre otros, el informe resumen de resultados o Layman  y el Plan para la Sostenibilidad y Transferencia de Resultados  que analiza la viabilidad de las actuaciones para implementarlas en otras zonas de España con similar problemática; además de, documentación útil como son buenas prácticas agrícolas y ganaderas, estudio de alternativas de los sistemas de tratamiento y aplicaciones de purines en explotaciones ganaderas, restauración de ecosistemas fluviales y humedales y otras particularidades de las distintas actividades desarrolladas por el proyecto para reducir la contaminación agroganadera de las aguas en la cuenca del río Limia.

En los siguientes links está a su disposición toda la información de las acciones de proyecto, con aspectos añadidos referidos a la normativa de aplicación al tratamiento de residuos y purines, mejores técnicas agroganaderas a las explotaciones y experiencias similares:
·         http://regeneralimia.org/
·         https://www.youtube.com/channel/UCrXdUcq-HWFTgV2Tj5pqCwQ. Vídeos resumen de cada una de las acciones del proyecto


5/12/19

Día Mundial do Solo






Como cada 5 de decembro hoxe celebramos este día para centrar a atención na importancia do chan, da terra, da xestión sostible dos recursos.

Estes son os principais problemas que expón o desenvolvemento sostible do chan:
  • A importancia económica e social dunha boa ordenación da terra, incluído o chan. A súa contribución ao crecemento económico, a diversidade biolóxica, a agricultura sostible e a seguridade alimentaria.
  • A erradicación da pobreza, o empoderamiento da muller, as medidas para facer fronte ao cambio climático e o aumento da dispoñibilidade de auga.
  • A desertificación, a degradación da terra e a seca son problemas mundiais que seguen supondo un desafío para o desenvolvemento sostible, en particular nos países en desenvolvemento.
  • A sustentabilidade dos recursos limitados do chan mediante a mellor información científica dispoñible e tendo en conta todas as dimensións do desenvolvemento sostible.
  • Cada cinco segundos se erosiona unha superficie equivalente a un campo de fútbol.





https://galego.lavozdegalicia.es/noticia/lavozdelaescuela/2019/12/04/

4/11/19

Novembro. Datas sinaladas



6 : Día para  a prevención da explotación do medio ambiente nas guerras
10: Día mundial da ciencia para a paz e o desenvolvemento
16: Día internacional do Patrimonio Mundial
20: Día internacional dos dereitos do nen@
24: Darwin publica A orixe das especies, en 1859
29: Día mundial sen compras


10/10/19

"Misión# PlasticFree"


CONCURSO ESCOLAR para o alumnado de 3º- 4º (Cat. A) 

e 5º - 6º de primaria (Cat. B).

        Deseñar a imaxe e o lema inspirador para a bolsa sustentable de Leroy Merlín.

Porque España é o 2º país en Europa que máis plástico verte no Mediterráneo; porque o plástico ten compoñentes que o planeta non pode dixerir... Velaquí a oportunidade de participar na "Misión #PlasticFree" .  
@voz natura

Máis información (inscripción, datas, como participar, criterios de avaliación...) neste enlace

27/9/19

Venres 27: Parón no recreo cos cartaces




Nesta semana polo clima tivemos para este día un parón, para amosar os nosos traballos de concienciación sobre esta temática. Na xornada do xoves preparamos uns cartaces que amosan a nosa preocupación pola saúde da Terra. Atallar a actual situación de emerxencia converteuse nesta semana nun contido a traballar todos os días sabendo que é unha materia non só do alumnado e profesorado... É de toda a sociedade. 
Porque o planeta está sufrindo un dano (irreparable?) e as consecuencias poden ser letais.  Así que nos comprometemos a coidar o planeta implicando tamén ás nosas familias e veciñ@s (mantendo limpo o noso medio-equipos de supervisión ambinetal-, facendo un consumo responsable -sobrealmorzos que tenden a residuos cero-  e apostando por unha mobilidade sostible )  porque neste reto tod@s somos necesarios. @voz natura

23/9/19

Luns 23: Un minuto de silencio pola Terra

Accións Semana polo clima: 20-27 de setembro de 2019. 

Aínda que as nosas non aparecen neste enlace https://praza.gal/movementos-sociais/asi-vai-ser-a-semana-polo-clima-en-galicia tamén, desde o Ceip Rosalía de Castro seguimos concienciándonos sobre o cambio climático. 
Velaquí unhas imaxes e un vídeo deste luns de portas adentro e tamén na vila, acudindo ó Concello para reclamar o dereito infantil a un futuro sostible (seguindo o exemplo da activista sueca Greta Thunberg). @voz natura

  No patio do Ceip:





E tamén unha representación do Ceip no salón de plenos do Concello, coa presenza de dous Concelleiros do equipo de goberno.








20/9/19

Semana polo Clima

O colectivo "Teachers For Future Spain" (mestras e mestres preocupados pola crise climática que queremos cambiar as cousas) súmase á mobilización polo clima prevista do 20 ó 27 de setembro, cunha proposta de accións concertadas cos colectivos "Madres por el Clima" e "Families For Future BCN". @voznatura






Cinco portavoces de Fridays For Future de distintos puntos da Galiza apresentaron en rolda de prensa o calendario de movilizacións da folga global polo clima, convocada para o 27 de setembro. Este movemento de xente nova preocupada polo clima —iniciado por Greta Thunberg na Suecia— e que conta con implantación en distintas comarcas do País, recentemente decidiu sumarse á construcción dunha plataforma con outras organizacións e colectivos que “levan décadas traballando polo mesmo e cuxa presenza é necesaria”, comenta unha das portavoces. Desta ampliación xurdiu a plataforma Movemento Galego polo Clima que se apresentou o 18 de setembro na compostelana libraría Couceiro.


19/9/19

Semana Europea da Mobilidade: día sen coches

Manual

A SEMANA EUROPEA DA MOBILIDADE celébrase cada ano entre o 16 e o 22 de setembro.
 Esta iniciativa europea anima a introducir e promover medidas de transporte sostible e invitar á ciudadanía a probar alternativas ó uso del automóvil. 
A Comisión Europea ten establecido dous ambiciosos obxectivos para a mobilidade urbana: eliminar os coches de combustibles convencionais nas cidades para 2050 e  avanzar cara unha loxística urbana sen emisións nos principais centros urbanos para 2030.
 En 2018 a campaña superou o récord de participación: 2792 cidades de 54 países organizaron actividades durante a semana. Máis da metade das cidades participantes implantaron medidas permanentes que ascendían a un total de 8848, centradas principalmente na xestión da mobilidade, a accesibilidade e unhas instalacións para bicicletas novas ou melloradas.
A semana culmina no Día sen Coches, no que as cidades participantes dedican unha ou varias zonas exclusivamente ós peóns, os ciclistas e o transporte público durante un día completo. En 2018, celebraron o Día sen Coches 1153 cidades.
@voznatura

12/9/19

Datas voz natura: setembro


16: Día Internacional da preservación da capa de ozono
22: Día mundial sen coches
27: Día marítimo mundial
@voznatura

6/9/19

Sobre o cambio climático (moi interesante)

CAMBIO CLIMÁTICO

El polvo de hadas de la Amazonia


El investigador del Instituto Nacional de Pesquisas da Amazonia (INPA), Antonio Nobre, desvela los cinco secretos del bosque amazónico y alerta sobre el peligro de su deforestación

https://elpais.com/elpais/2014/08/14/planeta_futuro/1408010925_555437.html

24/5/19

Aprendendo ó aire libre


No patio, na horta, na rúa, no parque... nas moitas saídas que cada semana facemos: sempre aprendendo e mellor ó aire libre. Aquí temos ó alumnado de 6º de ed. Infantil na horta e no espazo onde están algúns dos animais que baixamos estes días da incubadora: ocas, pato indio, pavos e poliños.

Esta semana, o día 23 de maio, celebrouse o Día das clases ó aire libre. E o alumnado de 4º de Ed. Infantil estivo en Lodoselo; velaquí un enlace á web do CDR O Viso onde os podemos ver amasando e preparando a fornada de pan no forno comunitario, dando un paseo no carro que tira o burro Fariñeiro, no recuncho do "Carballo con Botas", cos patos, poliños, coellos, ovellas...

2/4/19

Abril: Datas voz natura



Día 7. Dïa Mundial da Saúde

Día 8. Día Internacional contra os transxénicos

Día 17. Día Internacional da loita campesiña

Día 21. Día Mundial da Terra

Día 24. Día Internacional da concienciación sobre o ruído

20/3/19

Equinoccio de primavera

Día da árbore, da auga e a poesía.
Se o 5 de marzo celebrabamos o día mundial da eficiencia enerxética e o 14 día internacional de acción polos ríos o 21 de marzo, mañá, é o Día internacional dos bosques. O día seguinte, 22, o día mundial da auga e o 23 día mundial da meteoroloxía.
https://elpais.com/elpais/2019/03/20/ciencia/1553061843_009077.html

Conciencia medioambiental a través da lectura

1/2/19

O casamento dos paxariños

O día 2 de febreiro, véspera do San Brais, di a tradición galega que é o día que casan os paxariños.

Estamos ante unha das festas do ciclo da invernía, que ten lugar xusto na metade do inverno  e que prepara a inminente chegada da primavera e, con ela, o renacer da natureza. Coa cristianización, que absorbeu canta celebración puido, convertiuse na Candeloria e traduciuse no costume de acender candeas. Coincide tamén coa celebración celta do Imbolc, tamén vencellada ao lume, que en Irlanda foi cristianizado como o Día de Santa Bríxida.
Este día sinala o retorno das aves migratorias e os cortexos que preludian o renacer da primavera. “É unha data dedicada ao amor e á fecundidade, os paxaros serven como referencia de observación da natureza e como obxectos de construción simbólica”, segundo sinala o antropólogo Rafael Quintía, presidente da Sociedade Antropolóxica Galega.
Desde algúns blogs mesmo se defende que o día 2 debería ser a data do amor romántico na nosa cultura. O noso refraneiro popular tamén lembra que “a partir da Candeloria, ningunha ave voa soa”. E o antropólogo Anxo Rosales ten documentado un exemplo máis dramático desta tradición en Santa Mariña de Covelo (Pontevedra), onde aínda se di que “o paxariño que non consiga compañeiro neste día, suicídase”.
Do mesmo xeito, Rosales lembra que Murguía, ademais doutros estudosos, ten rexistrado o costume de ceibar pombas por parte dos nenos o día da Candeloria na misa que se dedicaba á virxe en Compostela.
Como previsión meteorolóxica
A Candeloria tamén serve para anunciar a chegada máis ou menos próxima da primavera: “Cando a Candeloria chora, o inverno xa vai fóra; cando a Candeloria ri, o inverno está por vir”. É o mesmo concepto que o Día da Marmota estadounidense, cando este animal prevé a chegada inminente da nova estación (ou non). Noutras culturas, como a francesa, é un oso que sae do seu tobo, sinala Rosales.
En Sorbia, unha festa viva
Os sorbios, unha minoría cultural e lingüística en Alemaña, celebran o 'Vogelhochzeit' (Casamento dos paxariños) o 26 de xaneiro. Ese día os nenos póñenlle pratos con comida e lambonadas típicas para os paxaros e nas escolas celébrano con cantos e outras actividades.

Mentres, en Galiza é unha tradición que aínda segue viva na memoria sobre todo do rural, pero que se non se actualiza corre o perigo de desaparecer ao igual que outras moitos costumes e lendas.

14/1/19

Xaneiro: datas voz natura

26: Día da educación ambiental
28: Día mundial pola reducción das emisións de CO2
30: Día escolar da paz e a non violencia


O CEIDA como centro de referencia para a educación ambiental en Galicia, está comprometido coa "educación ambiental de tódolos sectores sociais" do país e articula, para acadar este fin, unha serie de programas de educación e sensibilización ambiental dirixidos a todos os cidadáns e cidadás.
Moito se ten falado da función da educación ambiental na construcción do chamado "desenvolvemento sustantábel", mais para o CEIDA os obxectivos que debe perseguir son claros:
  • A educación ambiental ten que ser social, un proceso participativo que implique ás persoas e a os colectivos sociais, como centros de ensino, xestores e políticos, etc., na toma de conciencia, negociación e resolución dos problemas ambientais.
  • A educación ambiental ten que ser práctica, dirixida sempre á resolución da crise ambiental actual, identificando as relacións causa-efecto dos problemas socioambientais e investigando as boas prácticas que axudan a resolvelos.
  • A educación ambiental ten que ser crítica, denunciando as accións e desigualdades que causan ou agravan moitos dos problemas ambientais actuais.
  • A educación ambiental ten que ser integradora, xa que non desbota ningún coñecemento, ciencia, técnica ou ferramenta que axude no proceso pedagóxico, e tampouco desbota ningún eido, xa que contempla coa mesma relevancia o máis específicamente local e o mais global.
Todos estes principios son asumidos polo equipo educativo do CEIDA na súa praxe educativa, constituíndo tamén un criterio de calidade para os programas de educación e sensibilización ambiental que desenvolve.

2/12/18

Decembro: datas voz natura

3 Día mundial do non uso de praguicidas
5 Día mundial do solo
10 Día dos dereitos humanos
11 Día mundial das montañas
15 Créase o PNUMA, o programa de Nacións Unidas para o Medio Ambiente, en 1972.
20 Día internacional da solidariedade 

3 de decembro: día mundial do non uso de plaguicidas



Esta conmemoración foi establecida en 1989 polas 400 organizacións membros de PAN (Pesticide Action Network) en 60 países.

A data lembra a catástrofe ocurrida en Bhopal (India) en 1984, cando 3.500 persoas morreron e outras 10.000 quedaron afectadas por un escape dun gas tóxico empregado na elaboración dun plaguicida da Corporación Unión Carbide. 

Esta efeméride quere chamar a atención e sensibilizar á cidadanía sobre as implicacións do uso de agroquímicos na agricultura mundial. 

Os organizadores defenden que estos axentes desequilibran os ecosistemas, contaminan, deterioran o medioambiente e, incluso, acarrean graves problemas de saúde entre os humanos.

Información. Blog  voz natura