Mostrando entradas con la etiqueta deporte escolar. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta deporte escolar. Mostrar todas las entradas

30/3/14

Na busca do tesouro..

O pasado mércores 26 de marzo levouse a cabo no noso cole unha carreira de orientación. Xa é o segundo ano no que podemos disfrutar e participar neste tipo de disciplina. Nesta ocasión tamén se transladaron ata o noso centro os rapaces/as do colexio de Rairiz.
A primeira parte da xornada consistiu nunha breve iniciación e presentación da orientación a través dos medios audiovisuáis. Posteriormente, os nenos/as de 6º de ambos coles participaron nunha sinxela carreira de orientación polo patio.
Agradecemos á agrupación Limiactiva a oportunidade de poder disfrutar desta disciplina e desexamos poder repetilo nos vindeiros anos.












14/3/14

Xogando co atletismo

Esta mañá, un gran número de alumnos/as do cole participaron nas diferentes probas de atletismo que se desenvolveron na Moreira.
Nesta xornada practicouse o lanzamento de pelota, lanzamento de peso, salto de lonxitude, e carreira de velocidade (60m).
Ademáis dos/as atletas rosalianos/as tamén participaron nestas actividades outros colexios e agrupacións, como o colexio de Rairiz, o colexio de Vilar de Barrio e a agrupación deportiva Limiactiva.
Os/as rapaces regresaron ao colexio encantados despois de practicar deporte, almorzar con novos/as amigos/as e animar ao resto de participantes.
Aqui deixamos algunha imaxe para recordar o día.


Coñecendo o karate...

Onte, día 13, os/as rapaces/as do 2º ciclo recibiron a visita dun campión.
O sete veces campión do mundo de kick-boxing Cipri Gomes acercouse ao noso centro para mostrarlles os/as nenos/as os fundamentos máis básicos do karate, tanto no referente á súa historia, valores... como á súa práctica.
Esta visita xerou grande espectación no centro e axudou a achegar aos rapaces, unha vez máis, que o deporte non é só competición ou loita, senón que agocha moitos máis aspectos e valores.







23/2/14

Provincial campo a través.

Xornada estupenda o pasado sábado 22 de febreiro no campionato provincial de campo a través celebrado no complexo deportivo de Monterrei (Ourense).
O Rosalía participou nesta actividade con máis dunha decena de rapaces/as.
A experiencia vivida foi moi gratificante tanto para os nenos/as como para nós, os acompañantes.
E como unha imaxe vale máis que mil palabras...


22/2/14

2ª Xornada comarcal de campo a través

Aínda que o tempo nolo puxo difícil, por fin pudemos levar a cabo a 2ª xornada de cross na Moreira.
Para esta cita só estaban convocados ao redor dos trinta primeiros clasificados en cada categoría da anterior proba comarcal.
A participación deste centro foi moi numerosa contando con 56 corredores/as en total.
A climatoloxía para o día da competición ( o pasado mércores 19 de febreiro) foi inmellorable, favorecendo a fluidez das diferentes carreiras, evitando lesións e posibilitando que todos os rapaces/as puderan animar e xalear aos seus compañeiros/as.
Ao rematar as seis carreiras procedeuse á entrega de medallas para os tres primeiros clasificados en cada unha delas. Foi un momento moi emocionante no que tanto as caras dos gañadores como as do resto dos participantes reflexaban moita alegría e orgullo por ver no podio ós seus amigos/as.
O vindeiro sábado 22 de febreiro celebrarase o campionato provincial desta disciplina en ourense, no que participarán 14 alumnos/as do Rosalía.
Aquí deixamos unha breve mostra fotográfica do vivido o pasado mércores.





11/2/14

Capoeira no CEIP Rosalía

O alumnado do centro recibiu nestes días a visita de Adel, monitor de capoeira. 
Grazas a elo os rapaces e as rapazas de 3º, 4º, 5º e 6º tiveron a oportunidade de iniciarse e coñecer esta modalidade deportiva de orixen brasileiro, que consiste nunha mestura entre arte marcial e danza.
A experiencia foi moi gratificante. Os nenos/as quedaron encantados con esta nova modalidade e desexosos de volvela a practicar nun futuro. 
Esperamos poder levar a cabo máis actividades deste tipo, transmitindo aos rapaces a grande cantidade de deportes e actividades que poden practicar no seu tempo libre e primando a necesidade da realización de actividade física como un hábito saudable na vida cotiá.
Aquí deixamos unha breve mostra do realizado.








3/2/14

1ª Xornada comarcal de campo a través.

O pasado venres 24 de xaneiro celebrouse na Moreira (Xinzo de Limia) a primeira carreira comarcal de campo a través correspondente ó curso escolar 2013/2014.
A participación de alumnado por parte deste centro foi moi importante, contando con corredores/as nas seis categorías.
As sensacións e actitudes xeradas nesta actividade foron moi positivas, tendo en conta tanto os resultados como o comportamento, integración, esforzo, etc.

Esperamos poder seguir brindando ós rapaces/as moitas máis experiencias deste tipo.
Aquí mostramos un breve resumo en imaxes do realizado durante esta xornada.