Neste 3 de decembro, día internacional das persoas con discapacidade, a campaña "SOS, soidade eu tamén conto" centrouse na soidade non desexada destas persoas; ademais esta soidade ten nome de muller: o 74% das persoas con discapaciade que viven soas son mulleres.
O 24 de outubro é o Día da Biblioteca; no noso país está dedicado especialmente ao público infantil e xuvenil. Desde o ano 1997 A Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil promove a celebración do Día da biblioteca .
A proposta xorde da Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e Xuvenil, apoiada polo Ministerio de Cultura, en recordo da destrución da Biblioteca de Saraievo, incendiada o 1992 durante o conflito balcánico.
A iniciativa naceu para trasladar á opinión pública a importancia da biblioteca como lugar de encontro dos lectores de todas as idades coa cultura, e como un instrumento de mellora da formación e a convivencia humana.
Preténdese educar aos nenos e maiores nos valores da lectura e a cultura, destacar como non, a misión das bibliotecas como centros socializadores e integradores e demostrar que os libros están ao alcance de todos os veciños.
Este ano difúndense 5000 carteis de Carme Solé e o pregón de Antonio Rodríguez Almodovar entre as Bibliotecas de España.
Desde 1997 a Asociación Española de Amigos do Libro Infantil e
Xuvenil promove esta celebración en recordo do incendio da Biblioteca de Saraxevo
durante o conflito dos Balcáns en 1992.
Tras este brutal ataque,
o médico e historiador croata Mirko D. Grmek acuñou o termo memoricidio para definir a destrución da
memoria e o tesouro cultural do “outro”, do adversario, do inimigo.
Bibliotecas públicas, privadas, universitarias, especializadas,
escolares, nacionais, móbiles…Todas elas albergan grandes tesouros, e
destruílas ou non protexelas, que vén a ser o mesmo, é un memoricidio a pequena ou gran escala.
Por fortuna, para moita
xente o Día da Biblioteca segue sendo todos os días do ano. Así que,
celebrémolo hoxe e mañá, e a semana que vén e a outra.
Que a festa bibliotecaria non pare!
Pasa pola biblioteca, hoxe día 24 de Outubro. Esperámoste con
algo especial!!!
Con motivo da celebración deste día velaquí as propostas que nos achegan de
De sempre hoxe, o día 15 de maio se celebrou o S. Cidre, o día do labrego. Agora a Asamblea Xeral das Nacións Unidas celebra o Día Internacional da Familia cada 15 de mao dende 1994.
O lema deste año é 'Familias, educacióne e benestar', unha temática que pretende resaltar a importancia do traballo de todos aqueles membros da familia que se dedican ó cuidado dos seus fillos, os seus padres, os seus irmáns, os seus netos, etc.
En España, coma no resto del mundo, las familias no son lo que solían ser. Xa se pasou de moda ese concepto formado por un matrimonio entre
muller e home con fill@s. Nos colexios, os institutos e as
universidades, é frecuente tratar con persnas cuxos pais son
homosexuais ou proveñen de familias monoparentais. Ademais, a
tendencia demostra que cada vez son mais os moz@s que viven en parella
pero non están casados nin teñen fill@s. ¿No son eles tamén unha
familia?
O Día Internacional da Familia preséntase como unha alternativa lóxica e razonable ó Día do Pai e o Día da Nai.
Porque os tiempos avanzan, camiña ti tamén polo mundo da
igualdade e a tolerancia.
Este 22 de abril, como todos desde que no 2009 a ONU decidiu esta celebración en recoñecmento á necesidade de concienciar sobre a importancia de coñecer o planeta e protexelo e a todos os seus habitantes, facémonos eco desta celebración que promove, este ano, acabar coa contaminación que provocan os plásticos.
E mañá día mundial do libro e do dereito de autor; día simbólico para a literatura mundial porque nesta data de 1616 morreron Miguel de Cervantes e William Shakespeare. No Ceip facemos o amadriñamento/apadriñamento lector: todo un espectáculo.
Velaquí unha extraordinaria película, un documental para ver do que poidemos gozar o sábado na noite temática. Ademais poñemos nesta entrada un artigo do nos amigo Antón Pinto, que coma sempre escribe con moito tino.
POUCO QUE celebrar no mundo da
infancia aínda que vimos de facelo no Día Universal do Neno. Neste tema,
como noutros da axenda global, a balanza está desequilibrada. Unha
minoría vai coa mochila cargada de dereitos, mentres a inmensa maioría
de nenos e nenas dos mundos máis aló do primeiro mundo, cargan no lombo
un pesado fardo de deberes. E poucos dereitos que levar á boca.
Camino a la escuela, multipremiada película francesa, recolle
catro historias de nenos e nenas afrontando cada día o durísimo camiño á
escola. É dicir, camiño ao paraíso da educación vedado para tantos. Ao
fin, é o camiño para conquistar dereitos humanos con rostro de neno. E
construír un mundo máis humano e vivible.
A película de Pascal Plisson, 75', é imprescindible. As catro historias
do camiño de casa á escola, erizado de dificultades, contrastan coa nosa
sobreprotección aos nenos, forma sibilina de maltrato que converte a
tantos pais e nais en taxistas ou nunha sorte de gali- ñas chocas.
O documental, co apoio da Onu, Unesco, Unicef e Axuda en Acción, éche
unha declaración de principios. Só con educación poderán mellorar o
mundo no que viven. Aínda que, curiosamente, a película será vista polos
que te- ñen a escola á porta da casa, e aínda así chegan cada día ás
aulas no colo do coche.
Xusto cando vimos de celebrar o Día Universal do Neno, tamén o Día do
Mestre, percatámonos do malgasto de prescindir de millóns de cerebros e
abandoar á súa sorte aos que naceron no lugar, na familia, ou co sexo equivocado. E iso que todos nacemos libres e iguais. Uns máis que outros.
O mundo é así de inxusto cos nenos que, como di Galeano, nacen coas
raíces no ar. Cinco millóns morren nos primeiros anos de enfermidades
que se poden previr. Quiñentos millóns están afectados por guerras e
emerxencias. Catrocentos millóns malviven en extrema pobreza. Cento
setenta millóns traballan...
Tantas cores escuras non ocultan os progresos das últimas décadas. A
mellora da nutrición e a reducción da mortalidade permitíu a millóns
deles rachar co círculo maldito da pobreza. O mundo é así pero ben pode
ser doutro xeito: máis fermoso e habitable se hai decisión política para
revertir a situación que condena aos máis febles. Investir na infancia
non é só un imperativo moral, é apostar polo presente e colocar
alicerces de futuro. A escola é unha oportunidade moi valiosa para
centos de millóns de nenos.
As historias de Salomé e Jackson en Kenia, Carlitos e Micaela na
Patagonia, as de Zahira, Zineb e Noura no Alto Atlas, a de Samuel na
cadeira de rodas que empuxan dous irmáns pequenos mostran historias
conmovedoras, cheas de coraxe, determinación e un millón de sorrisos.
Catro horas, hora e media, dúas horas cada día nunha teimuda e esperanzada loita diaria. Camiño da escola.
O Día Internacional da Non violencia conmemórase o 2 de outubro polo aniversario do nacemento de Mahatma Gandhi, líder do movemento da Independencia da India e pioneiro da filosofía e a estratexia da non violencia. O principio da Non violencia ten unha relevancia universal e busca conseguir unha cultura da paz, tolerancia e comprensión. Como dixo Ghandi «a Non violencia é a maior forza a disposición da humanidade. É máis poderosa que a arma de destrucción máis poderosa concebida polo inxenio do home».
Pequeno gran home, hoxe considerado “Pai da nación India” (“Bapu”) polo seu relevante papel na loita pola Independencia fronte ó Imperio Británico e pola súa capacidade de unificar a millóns de persoas.
Na actualidade símbolo da paz e da verdade, Gandhi destacou pola súa capacidade de mobilización, a súa humildade e a súa forza de vontade.
Este sábado, 22 de abril, é o día intenacional da Nai Terra. Un día para tomarmos conciencia de que o seu coidado está nas nosas mans; unha oportuinidade para que tod@s os habitantes da Terra recoñezamos que ela é o noso fogar.
O domingo 23 é o día internacional do libro; nós xa o celebramos no centro o venres 21 co amadriñamento /apadriñamento lector... Un fin de semana na que está convocada unha andaina solidaria da que vos deixamos aquí información por se vos animades a participar.
A Organización das Nacións Unidas declarou o seguinte a través do seu portal:
"O tema de 2017 para este día é: "As mujeres nun mundo laboral en transformación: hacia un planeta 50-50 en 2030".
O día 8 de marzo todas as mulleres do mundo se unen por unha tradición de 106 anos, a celebrar o seu día, separadas por todas as fronteiras, as relixións, razas, etnias ou cultura, demostrando así ser todas elas unhas mulleres loitadoras que son capaces de todo por defender os sus dereitos tal e como o merecen, obtendo igualdade en moitos ámbitos da, ás veces, inxusta sociedade mundial.
¿Sabes en que disciplinas destacaron estas mulleres? Anímate a facer este trivial.
Obtención do dereito ó voto das mujeres dalgúns países
Nueva Zelanda
1893
Australia
1901
Finlandia
1906
Noruega
1913
Dinamarca
1915
Reino Unido
1918 (+30 años)
Alemania, Países Bajos
Polonia, Rusia, Austria
1918
Bélgica
1919
Estados Unidos, República Checa, Eslovaquia
1920
Suecia
1921
España, Portugal
1931
Francia, Italia
1945
Grecia
1952
Suiza
1974
Estas datas son indicativas, pois moitas veces o proceso de obtención dos dereitos políticos das mulleres foi longo e complexo. Un exemplo é Portugal: en 1931 as mulleres con estudios superiores ou secundarios obtiveron o dereito de votar. Haberá que esperar, despois, ata 1974, coa caída da dictadura, para que se poida falar propiamente de voto feminino. Moitos dos países que obtiveron o dereito de voto no período de entreguerras, España é un bo exemplo, pasaron posteriormente por longas etapas dictatoriais nas que o voto feminino, e masculino, foi suprimido ou absolutamente adulterado. http://www.historiasiglo20.org/sufragismo/triunsufrag.htm
Hoxe, 16 de novembro celebramos o Día Internacional para a Tolerancia, declarado así polas Nacións Unidas. O objectivo disto é que exista unha comprensión entre culturas e pobos. Fomentar o respecto e a aceptación.
De acordo coa ONU, a tolerancia consiste en recoñecerlle ós demais o dereito a que se respecte a súa persoa e identidade.
O 25 de novembro, conmemórase en todo o mundo o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, porque é a data na
que, en 1960, tres activistas políticas dominicanas, as irmás Mirabal,
foron asasinadas polo dictador Trujillo.
Para honrar este día e conmemoralo a cantante e gaiteira gallega Guadi Galego (que nestes días ven de publicar un novo traballo "O Mundo está parado") sacara esta canción que homenaxea ás matriarcas gallegas, as mulleres que sobre a súas costas levan adiante non só as súas familias senón que sustentan a base do Fogar de Breogán (Galicia,
como di o seu himno) ó que chama “o país dos alalás”.
Sumámonos a este máis que merecido homenaxe ás matriarcas galegas e convidámosvos a que gocedes desta espectacular obra de arte:
Como nos contan os nosos amigos Pili e Eloi en "Son de Pau" esta Gaiteira, compositora é unha das voces imprescindibles da música contemporánea galega. Despois de "Benzón" e "Lúas de outubro e agosto", chega "O mundo está parado": o terceiro disco en solitario de Guadi Galego.
Na súa intensa traxectoria musical, a compositora galega tamén formou parte de proxectos como Berrogüetto, Nordestin@s, Espido ou a CadaCanto.
Poñemos aquí unha mostra das actividades que ao redor desta data levamos a cabo: obradoiros coa participación do CIX da Limia (CDR "O Viso"), Cruz Vermella e CIM de Xinzo e actividade central no patio.
Con motivo da celebración do Día Internacional contra a violencia de xénero esta semana temos distintos actos no Ceip para concienciarnos desta grave problemática. Así, hoxe martes, está o alumnado de 6º realizando un obradoiro que prepararon desde o CIX da Limia (CDR O Viso), o CIM (Centro de Información á muller, Concello de Xinzo). e, nas aulas estamos preparando o acto que faremos tod@s o venres e que consistirá:
1.- Na lectura dun manifesto en contra da dita violencia (Pódelo ler aquí abaixo)
2.- En gardar un minuto de silencio en memoria da vítimas
3.- Na elaboración dun mural que recolla as pegadas dans mans pintadas; unha por cada muller falecida.
4.- En cantarmos tod@s xuntos "Que nadie calle tu verdad" de Manuel Carrasco e Malú.
MANIFESTO
Neste día
tan especial, conmemoramos o Día Internacional contra a Violencia de Xénero e a
Comunidade Educativa do Colexio Rosalía
de Castro comprometémonos a traballar
por unha educación igualitaria e non sexista co seguinte manifesto:
- Todos e todas, homes e mulleres, nenos
e nenas, temos os mesmos dereitos e as mesmas obrigas.
- Debemos resolver os nosos problemas con
diálogo. O
uso da violencia é inútil e só lleva a máis violencia.
- Debemos respetar e tolerar ás persoas sen
ter en conta o seu xénero.
- Ningunha persoa é dona de ninguén nin
escrava de ninguén.
- Non se debe utilizar a forza contra os
máis débiles.
- Non debemos de ameazar para conseguir
aquelo que queremos.
- Debemos respetar ás persoas no uso da
súa palabra.
- Ninguén ten dereito a agredir, todos e todas somos iguais e facelo é un feito inxusto.
- Todos e todas somos iguais, non se debe
permitir que ninguén maltrate ás mulleres, polo feito de selo.
- A violencia de xénero é una loucura, os
homes non deben de crerse superiores ás mulleres, todos e todas somos iguais.
- É intolerable pechar os ollos ante os
casos de violencia de xénero en casa, na escola ou na rúa.
- Solidarizámonos coas mulleres que sofren
este tipo de maltrato, todos e todas deberíamos poñer os medios necesarios para
evitar que sucedan estas desagradables accións.
- Estes feitos son negativos, e afectan
de cheo, non só ás mulleres que o sofren, senón a toda una sociedade que o
coñece e o consinte.
Para eliminar a Violencia de Xénero
pensamos que:
- O
diálogo e o debate son o vehículo idóneo para sensibilizar a toda a
sociedade sobre este grave problema.
- A educación debe recorrer un largo
camiño para formar a homes e mulleres na tolerancia e o respeto.
- Un comportamento tolerante significa
comprensión, recoñecemento, consideración e respeto ante posturas distintas ás nosas.
- Debemos demostrar Tolerancia Cero con todas aquelas
condutas ou manifestacións que supoñan violencia de xénero.
- Para conseguir unha ensinanza xusta e
igualitaria, é necesario reforzar a formación de toda a comunidade educativa.
- O nsoso cole será un espazo educativo de Tolerancia Cero contra todas
estas situacións.