Mostrando entradas con la etiqueta coren. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta coren. Mostrar todas las entradas

17/5/18

Pendentes da incubadora

 

 


Neste curso conseguimos unha incubadora espectacular para o Ceip. Grazas a algúns membros da comunidade educativa (sempre é necesaria esta implicación: comunidade, familias, centro educativo) poidemos traela, montala e agora aí estamos contando os días que faltan para ver se comezan a nacer os poliños; temos ovos de diferentes galiñas e de diferentes lugares (moita mestizaxe porque hai Araucanas, de Mos, Piñeira, de kikas... que viñeron de Lodoselo, Rairiz de Veiga, Vilar de Barrio, Lamas, Baronzás...); pero tamén temos algún ovo de Pava, de Oca, de Galiñas de Guinea... Os primeiros ovos metémolos o martes da pasada semana, 8 de maio, e desde entón temos ido metendo algúns así que ide botando contas para estar pendentes e a ver se temos a sorte de velos nacer. 
Moitas grazas a todas as persoas que contribúen a que estas pequenas accións vaian adiante. 

8/12/14

Visita do alumnado de 6ºA á Fundación COREN

Era a quenda dos rapaces e rapazas de 6º A... Pasamos unha xornada diferente onde aprendemos algunhas cousas sobre cooperativismo, enerxías renovables, ... e outras historias interesantes... E os pitiños! Non podemos esquecernos dos pitiños!!! Son tan adorables....