Mostrando entradas con la etiqueta ceiprosalia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ceiprosalia. Mostrar todas las entradas

6/2/20

Recreos, residuos cero

Tal e como recolle este cartel que temos na entrada do Ceip: Accións polo clima.


Promovemos desde o comezo de curso a realización dunha comparativa entre as aulas contabilizando o lixo que xeramos co "envoltorio" no que traemos o sobrealmorzo, premiando á aula máis respectuosa co medio. 
Así, de cando en vez, alguén (José Luís E. como fotógrafo) pasa polas clases e pide que se poña enriba da mesa o que trouxemos para tomar no recreo; así dialogamos, valoramos, concienciamos, entre outras cousas, sobre a utilización de recipientes, envases reutilizables (panos de tela de algodón, cera de abella e aceite de jojoba- antibacteriano-...) e posibilitamos a reducción no emprego de plásticos. 

4/2/20

O reporteiro de Voz Natura estivo no noso centro

Pois si, unha vez máis tivemos con nós a Alejandro e na aula fixouse nos sementeiros que temos de tomates, pementos, feixóns, cabaceiras, etc. E fixose eco, desta pequena acción, na web de voz natura. Grazas!

SEMENTEIROS NA AULA


No CEIP Rosalía de Castro de Xinzo de Limia preparan os seus sementeiros e aprenden sobre os cultivos que chegarán ao seu horto dentro de moi pouco. Mentres duren as choivas os alumnos poden ver o proceso de xerminación.

http://www.voznatura.es/articulo-de-actualidad-1849-Semilleros-en-el-aula&idioma=Galego

O alumnado de Primeiro fomos de "Safari"

Onte, inserido no programa de artes escénicas para escolares de Afundación, e da man de La Baldufa Companyia ide Comediants asistimos á obra de teatro “Safari”, dirixida a escolares de 1º e 2º de Educación Primaria.
O bullying é o tema a abordar neste espectáculo, en que nenas e nenos poderán entender as súas ameazas a partir do comportamento dos seus protagonistas: os animais da sabana. A preocupación dos nosos investigadores, Piñote e Calabacín, será a de descubrir que está a suceder e axudar estes animais ensinándolles que, a través das nosas actitudes e comportamentos en positivo, podemos convivir dunha maneira doce e tranquila, respectando a todo o mundo.
Educación inclusiva e en valores, temática que está moi presente no noso Proxecto de Centro Educativo e no noso día a día!







3/2/20

Espazos educativos

    Xadrez, parchís, oca... Outras alternativas para os nosos tempos de lecer no Ceip. A maiores do tenis de mesa (cada xornada teñen acceso a ela, durante os recreos, o alumnado dunha aula) tamén nos corredores do primeiro andar, do edificio principal, habilitamos unhas mesas con estes xogos incorporados. 




30/1/20

Día da Paz 2020

Este ano toda a comunidade educativa do CEIP Rosalía de Castro conmemoramos o Día Internacional pola Paz trasladándonos ata a Praza Maior de Xinzo de Limia, onde dúas compañeiras, en representación de tod@s nós leron este "Manifesto pola Paz":

Hoxe, 30 de xaneiro, estamos aquí reunidos para celebrar o Día Escolar pola Paz e a Non Violencia. Con este acto queremos manifestar o noso rechazo a toda forma de violencia nas nosas aulas, no noso patio, no noso cole, na nosa vila e no mundo. Queremos renovar unha vez máis o noso compromiso pola Paz. 
Pero… que é a Paz?
É a capacidade que temos os seres humanos para vivir en calma, con sosego. Non significa soamente ausencia de loitas, implica tamén vivir nun entorno libre de toda forma de violencia.
Conseguila non é cousa dun só día, senón que cada día todos e todas temos que poñer o noso gran de area e alzar as nosas voces para esixir Paz.
Por moi insignificante que nos pareza o noso esforzo, cada un de nós é a gota de auga que pode apagar o lume da violencia. Xuntos podemos cambiar as cousas.
Para conseguir Paz temos que respectarnos uns a outros, temos que respectar as opinións dos demais, as súas crenzas, a súa cultura… porque a base da Paz é o respecto e a tolerancia.
Todos e todas temos que intentar mellorarnos a nós mesmos para conseguir ese obxectivo que temos en común.
Como di Juanes na súa canción….

Posteriormente, signamos a canción de Juanes "Paz" como símbolo de integración co maior número de persoas no mundo...
Día Moi especial que seguro que permanece por moito tempo na nosa memoria.... Moitas grazas ao Concello de Xinzo de Limia, Policía Local e Protección Civil pola súa colaboración na organización e seguimento deste día.

https://www.dendealimia.com/articulo/xinzo-de-limia/non-hai-camino-paz-paz-camino-mahatma-ghandi/20200130193545019210.html


28/1/20

Campionato comarcal de campo a través 2020

O pasado xoves 23 de xaneiro, acompañad@s pol@s profes Juan, Jorge e Elena, participamos no campionato comarcal de campo a través nas instalacións  de A Moreira de Xinzo de Limia cunha grande representación do noso alumnado. Foi unha xornada de convivencia entre todas as nenas e nenos da Limia dos distintos centros educativos da nosa zona. Moitos parabéns a tod@s @s participantes!!! (e grazas á profe Elena polas fotos)








21/1/20

O alumnado de quinto e sexto de primaria gozaron co "Alice World"

Hoxe asistimos a representación de "Unboxing Alice" na que xa  pasou moito tempo desde que Alicia visitou Wonderland por última vez. Chegou o momento de actualizarse! Tweedle Dee e Tweedle Dum soben ao carro dos youtubers e serán os encargados de nos guiar por unha viaxe esmendrellante para desvelarnos a verdadeira natureza de Alice! Todo un «unboxing video»! Nesta obra houbo gran participación do público (Lucía e David do noso cole sábeno....) e foi unha experiencia práctica e divertida para asimilar novos coñecementos e aprender a expresarse en inglés.
Despois o alumnado de sexto visitaron no Edificio Marcos Varcárcel a exposición de "ARTE PRIVADA EN OURENSE cOLECTIVA". Esta exposición acomete un percorrido, cun discurso cronolóxico e estético, polas coleccións particulares da cidade desde o s. XVI ao XX. Recolle obras de arte de gran valor cultural que sairán, en moitos casos, por primeira vez á luz pública.
Por outra banda as nenas e nenos de quinto fixeron un percorrido polo centro urbán de Ourense coñecendo as principais estatuas que alí poden atopar.

Para todas e todos.... Unha mañá de aprendizaxe diversa e diferente !!

18/1/20

Certame de cooperativismo no ensino


A Consellería de Economía, Emprego e Industria vén de publicar as bases reguladoras do Certame de Cooperativismo no Ensino 2020.
obxectivo deste programa é difundir e promover o cooperativismo entre o alumnado dos centros de educación infantil, primaria, secundaria, educación especial, formación profesional e ensinanzas de réxime especial de Galicia, impulsando a realización de actividades de fomento do cooperativismo nos centros educativos.
Establécense as seguintes modalidades de participación:
  • Actividades artísticas: dirixidas ao alumnado de educación infantil e primaria.
  • Actividades cooperativizadas: dirixidas ao alumnado de educación secundaria obrigatoria.
  • Proxectos empresariais cooperativos: dirixidas ao alumnado de formación profesional e de ensinanzas de réxime especial.
O orzamento total ascende a 28.000 euros.
O prazo de presentación de solicitudes finaliza o 30 de abril de 2020.
Para consultar a orde completa, preme aquí.
Para que vos animedes a participar e veades unha mostra dalgúns dos traballos que fixeron os rapaces noutras edicións, podes visualizar este vídeo.

16/1/20

Concurso de debuxo e expresión plástica


 Da Asociación Cultural a Pantalla que traballa no eido do respecto, sentimento e tradición cara o legado cultural e identidade da Limia, a través da figura da Pantalla e doutras máscaras da comarca, recibimos esta convocatoria dun Concurso de artes plásticas.
  

As bases son as seguintes:

 1 O tema da obra é “O Ciclo do Entroido de Xinzo”.
 2 Cada obra debe ir acompañada dun título.
 3 Os datos de cada participante deben aparecer detrás de cada composición.
 4 Establécense tres categorías de participación: 
 - Categoría infantil, 1º e 2º de primaria: DEBUXO. 
 - Categoría de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria: BANDA DESEÑADA. 
 - Categoría de educación secundaria: BANDA DESEÑADA. 
5 O tamaño pode oscilar entre DIN A3 ou DIN A4. 
6 Só se permite unha obra por participante. 
7 O xurado darase a coñecer ao emitirse o fallo, será xente relacionada coa Asociación A Pantalla o Entroido e o mundo artístico. 
8 A data máxima de presentación será o día 14 de febreiro ás 20:00h. 
9 Os traballos enviaranse de maneira escaneada coa mellor calidade ó mail da Asociación: asociacionapantalla@gmail.com, indicando a que etapa educativa corresponde cada un. 
10 A entrega de premios farase nun acto realizado na sede da Asociación Cultural A Pantalla. O fallo darase a coñecer a través da páxina web e do Facebook da Asociación, informando tamén aos centros educativos por correo electrónico. 
11 Haberá dous premiados/as por cada categoría. 
12 Os gañadores ou gañadoras entregarán a obra orixinal e serán publicadas nas redes sociais da Asociación Cultural A Pantalla. Os dereitos de publicación serán cedidos a dita Asociación. 
13 As autoras ou autores gañadores, recibirán un bonito obsequio relacionado co Entroido de Xinzo. 

Quentando motores no Ceip

Tema Entroido: Seres máxicos e mitolóxicos.
Cartaz de Iria Prol (Eu son... Rosalía): Parabéns!!!


E xoves de compadres (13), xoves de comadres (20)...


15/1/20

Novos artigos sobre bibliotecas escolares


A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional vén de facer público o novo número da Revista Galega do Ensino (EDUGA),  que conta cunha sección fixa de Bibliotecas Escolares . Neste número 78 de decembro de 2019 publícanse un total de 8 artigos, nas tres sub-seccións: Biblioteca escolarBoas prácticas e Hora de ler. Nestes artigos, atopamos reflexións e actividades arredor dos programas de Biblioteca Creativa, Radio na biblio,  Voluntariado na biblioteca escolar, Lecturas no Canmiño, Clubs de lectura e Traballos por proxectos. Unha revisión destes artigos, e do resto de traballos publicados en números anteriores da revista, serve para achegarse á realidade das bibliotecas escolares galegas, auténticos motores de innovación e viveiros de cidadanía.

  As bibliotecas gañan espazos. Avaliar para aprender.
 Asesoría de Bibliotecas Escolares
  Protagonistas. Axudantes de biblioteca Escolar.
 IES Valadares (Vigo-Pontevedra)
  A voz da Mata. Podcast Os Cabaqueiros.
 CPI Manuel Suárez Marquier (O Rosal-Pontevedra)
  Sementando curiosidade.
 CEIP Enrique Barreiro Piñeiro (Cambados-Pontevedra)
  Falarte: un proxecto documental integrado da EOI de Lugo
 Escola Oficial de Idiomas de Lugo
  Lecturas no canmiño. Lecturas apoiadas por cans.
 Marta Jaquet e CEIP Lamas de Abade  (Santiago de Compostela- A Coruña)
  Ler para facer. Retos do espazo creativo e traballo co texto instrutivo.
 CEIP de Leirado (Salvaterra do Miño-Pontevedra)
  Un club sobre rodas. As viaxes literarias como motores dos clubs de lectura.
 Ies Universidade Laboral de Ourense
https://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/?q=node/1278

13/1/20

Retos lectores 2020

Un ano máis poñemos en marcha os retos lectores. Así que, se te animas, pásate pola biblioteca, recolle o teu pasaporte de lectura e atoparás 9 ou 10 retos dependendo de se es alumn@ do 1º, 2º ou 3º ciclo. A continuación segue as bases de participación que atoparás no teu pasaporte. Velaquí tés a portada dos pasaportes:



Querid@s estudantes:

Hoxe é unha data importante porque iniciamos unha nova viaxe fantástica. Para esta viaxe, precisaredes un documento de identificación e de constancia do voso percorrido: Un pasaporte!!!

Neste caso será un pasaporte de lectura que reflectirá a vosa viaxe pola fantasía, a ilusión e o coñecemento que os libros nos aportan a todos/as. FELIZ VIAXE!!!

FIN DA VIAXE: 5-6-2020

5/1/20

5 de xaneiro: Memorias dun neno labrego



O 5 de xaneiro de 1961 sae do prelo Memorias dun neno labrego.
Dedicado a todos os nenos e todas as nenas que falan galego, trátase dunha novela de denuncia social de Xosé Neira Vilas publicada na Arxentina pola editorial Follas Novas. 
Máis de 700.000 exemplares vendidos; traducións ao castelán, inglés, francés, alemán, checo, ruso… foi traducido tamén ao maia, o esperanto e o braille. 
En maio de 1968, coincidindo co Día das Letras Galegas, saíu a segunda edición en Ediciós do Castro, con ilustracións de Isaac Díaz Pardo.
(Asociación Socio-Pedagóxica Galega)

20/12/19

Bo Nadal e feliz 2020

E rematamos o 1º trimestre con moita actividade: diferentes actividades por cursos, niveis e ciclos. Velaquí algunhas imaxes do "Ti si que vales" e dos que se dedicaron a pedir o aguinaldo polo colexio e a pesares da chuvia na Residencia Santa Mariña e no Centro de día; aquí ademais xa nos tiñan preparada unhas fotocopias para podermos cantar tod@s xuntos coa música do ande, ande, ande...
"Vamos, vamos, vamos con moita alegría
e todos cantamos como unha familia.
Vamos, vamos, vamos, vamos con amor
e todos cantamos con moita ilusión."
   E con este estribillo ata dez estrofas con moita sabedoría; como mostra este botón:
"Aínda que sexamos vellos
temos moito que aportar
escoitade ben atentos
o que vos imos cantar."
Moitísimas grazas e  
"Este canto de nadal   
xa chegou ó seu fin
esperamos para o ano
que o poidamos repetir"

19/12/19

Concurso tarxetas de Nadal

Como todos os anos, convocamos entre todo o alumnado do centro o VII Concurso de tarxetas de Nadal do CEIP Rosalía de Castro.Temos que dicir que o nivel cada ano é máis alto e lle resulta moito máis difícil ao xurado do concurso (que é todo o claustro do profesorado do centro) escoller o traballo gañador.
Este ano foi Hallany Parejas Dos Santos a artista da tarxeta gañadora, que será a que o centro utilice para felicitar as festas a todos os membros da nosa comunidade escolar, así como ao resto dos centros de ensino da vila, as autoridades educativas e civís, nas súas redes sociais e páxina web e ao resto de compromisos que o centro poida ter. 
Hoxe fíxémoslle entrega dun pequeno agasallo para que recorde que ela foi a gañadora deste ano e o seu traballo pasará á exposición que temos no Edificio Administratiivo co resto dos traballos gañadores dos anos anteiores. Parabéns de novo, Hallany!






E aquí o resto dos traballos finalistas.... Noraboa a tod@s!!


Fomos buscando o aguinaldo!!

O alumnado de tres anos fomos visitando @s nos@s compañeir@s cantando panxoliñas para acadar o tan desexado aguinaldo... e penso que o conseguimos!!

O boletín da biblioteca


Como un ano máis... lecturas para tod@s!



18/12/19

Preparando as panxoliñas para saír a pedir o aguinaldo

Velaquí ó alumnado de 4º de infantil agasallándonos coa panxoliña que mañá xoves irán a cantar á casa do Concello de Xinzo e escoitando a que nós tamén estamos preparando; nunha das aulas de 3º de primaria que tamén sairemos o venres a pedir o aguinaldo polo pobo. 


 







17/12/19

Visitáronnos as súas Maxestades de Oriente....

Hoxe foi un día moi especial no CEIP Rosalía de Castro... As súas Máxicas Maxestades comprobaron que todas as nenas e nenos máis pequenos do cole portánronse ben este ano para poder atender ás súas peticións. Mañá chea de maxia para @s máis pequen@s do cole....

Fomos ó teatro na casa de cultura


  


O alumnado de 3º e 4º de primaria do noso Centro estivemos na Casa de cultura acompañados polos compañeiros e compañeiras de 1º, 2º e 3º de primaria do Ceip Carlos Casares no Teatro para escolares dentro do programa Nadal 2019.