Mostrando entradas con la etiqueta biblioteca creativa. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta biblioteca creativa. Mostrar todas las entradas

4/11/19

Novembro. Datas sinaladas



6 : Día para  a prevención da explotación do medio ambiente nas guerras
10: Día mundial da ciencia para a paz e o desenvolvemento
16: Día internacional do Patrimonio Mundial
20: Día internacional dos dereitos do nen@
24: Darwin publica A orixe das especies, en 1859
29: Día mundial sen compras


7/10/19

Biblioteca creativa: robótica e impresión 3D

O noso Ceip, un dos oito da provincia de Ourense, que estará no apartado de Centros de continuidade coa asignación de 1120 € para robótica e impresión 3D.


O Portal Educativo publica a Resolución de 3 de outubro de 2019, da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos pola que se relacionan os centros de nova incorporación ao programa BIBLIOTECA CREATIVA para o curso 2019/2020, unha ver resolta a convocatoria publicada con data de 3 de setembro de 2019. Tamén se detallan os centros  integrados en convocatorias anteriores  e que solicitaron continuidade. Desta forma, aparecen incluídos neste programa un total de 79 centros con alumnado de ensino infantil e primaria e pertencentes ao Plan de mellora de bibliotecas escolares no actual curso 2019/2020 . 
TEXTO DA RESOLUCIÓN

4/10/19

Concurso de creación literaria: "A PATACA, A LIMIA E TI"

Iniciativa do Concello de Vilar de Barrio en colaboración cos centros educativos da Comarca da Limia para promover a creación literaria no ámbito escolar. Actividade enmarcada dentro da celebración da FESTA DA PATACA.

TEMA: A pataca

BASES
1.-PARTICIPANTES
Alumnado dos centros de ensino da comarca da Limia de forma individual ou en grupo.
2.-CATEGORÍAS
1. De 4º a 6º de Primaria
2. 1º e 2º da ESO
3.-FORMATO
Serán traballos inéditos en prosa, en verso ou cómic en lingua galega, escritos a man ou ordenador que poderán ter un debuxo ou ilustración, como complemento ou integrado no texto.
Tamaño: un folio A4 por unha cara.
Todas as composicións deberán ir encabezadas por un título.
4.-PRESENTACIÓN
O alumnado entregará o traballo ó profesor/a identificado pola parte de atrás cun pseudónimo e un sobre pechado que levará por fóra o pseudónimo e dentro os seguintes datos : nome e apelidos, curso e centro educativo.
Os traballos orixinais e os sobres (ambos unidos cun clip) entregaranse na dirección do centro, onde serán custodiados ata que sexan recollidos.
5.- PRAZO
Data límite o 7 de outubro
6.-XURADO
Unha comisión nomeada polo Concello.
7.-PREMIOS
O premio, para todos os participantes, consistirá nun libro que o Concello editará posteriormente, no que se recollerán todos os traballos.
Haberá unha mención especial para os tres primeiros de cada categoría
8.-FALLO DO XURADO
O fallo do xurado farase público o 13 de outubro pola tarde durante os actos de
conmemoración da festa da pataca.
9.- DIFUSIÓN
A participación neste certame implica a aceptación das bases e o consentimento para a
publicación das obras nun libro que editará o Concello.

3/10/19

"Paramos para non parar. Calamos para que se nos oia mellor."

http://www.cdroviso.org/

MANIFESTO PARO ESPAÑA BALEIRADA
 4 OUTUBRO 2019. 12.00h

Fai seis meses na rúas de Madrid, en festiva marcha reivindicativa compartida con miles de cidadáns chegados de tantos pobos e cidades da España interior, desa España rural, lenta e silenciosamente baleirada. Hoxe, aquí, na praza do pobo ou ás portas do Concello ou ao pé mesmo do noso lugar de traballo, volvemos xuntarnos de novo, non para unir a nosa voz airada e firme senón o noso silencio, o silencio das galegas e galegos que, xunto ao silencio de miles de cidadáns en máis de vinte e tres provincias españolas, debe resoar como un eco sereno e claro no aire limpo de España.

Goberno de España, Goberno de Galicia, institucións públicas e axentes sociais da provincia de Ourense, escoitade o noso silencio que é portador dunha mensaxe cargada á vez de desazón e de esperanza: Queremos un verdadeiro Pacto de Estado contra o despoboamento, contra a desvertebración territorial de España e contra a crecente desigualdade de oportunidades entre cidadáns españois! O momento das boas intencións, das promesas inútiles, das accións que só viven no papel quedou definitivamente atrás. Agora correspóndelle ao Goberno de España e aos Gobernos Autonómicos deseñar e desenvolver unha verdadeira estratexia a favor da España Baleirada con actuacións ben definidas, con orzamentos suficientes e prazos ben marcados e a salvo dos vaivéns políticos de carácter partidista.

 Paramos para non parar. Calamos para que se nos oia mellor. Facemos nosas as palabras do poeta Antonio Machado: nós somos a voz da España da rabia e da idea. Somos a rabia serena dunha España baleirada, que se desangra ante o esquecemento e a indiferenza dos que debesen ser os seus principais valedores. Pero somos tamén a idea dunha España viva, esencial, de alma inconformista e brava que, farta de promesas incumpridas, pide a palabra e quere ser escoitada. Somos a aciñeira que abriga o abatido páramo, o carballo que non retrocede, o chopo que verdea as amables ribeiras, o piñeiral interminable que non maldí do silencio, somos, amigo Antonio, como o teu vello olmo crebado polo raio que ve renacer a esperanza dunha póla verdecida.

                       VIVA A REVOLTA DA ESPAÑA BALEIRADA!

27/9/19

Venres 27: Parón no recreo cos cartaces




Nesta semana polo clima tivemos para este día un parón, para amosar os nosos traballos de concienciación sobre esta temática. Na xornada do xoves preparamos uns cartaces que amosan a nosa preocupación pola saúde da Terra. Atallar a actual situación de emerxencia converteuse nesta semana nun contido a traballar todos os días sabendo que é unha materia non só do alumnado e profesorado... É de toda a sociedade. 
Porque o planeta está sufrindo un dano (irreparable?) e as consecuencias poden ser letais.  Así que nos comprometemos a coidar o planeta implicando tamén ás nosas familias e veciñ@s (mantendo limpo o noso medio-equipos de supervisión ambinetal-, facendo un consumo responsable -sobrealmorzos que tenden a residuos cero-  e apostando por unha mobilidade sostible )  porque neste reto tod@s somos necesarios. @voz natura

"Pupas, sustos e outros desgustos"

   Este semana tivemos no Ceip un equipo de profesionais de enfermería pertencentes á Xerencia Integrada de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras que están levando a cabo un proxecto de primeiros auxilios destinado ás crianzas de 3º e 4º de primaria. 
   O proxecto consiste na realización dun obradoiro maioritariamente práctico para aprendermos a través do xogo e a colaboración a actuar ante determinadas situacións que poidan afectar á nosa saúde e á das persoas da nosa contorna.
   Antes e despois do obradoiro cada participante cumplimenta un cuestionario anónimo de cinco preguntas, o mesmo; temos así unha avaliación inicial e final. Ademais pásase outro cuestinario para valorarmos a satisfacción coa actividades desenvolvida.
   Resultou moi interesante (xa se viu ó longo do mesmo), moi proveitoso (eles mesmos desequida se deron conta ó pasarlles o cuestionario por segunda vez dos erro que cometeran)  así que parabéns e grazas ó equipo.

Aquí unha mostra con imaxes do desenvemento da actividade



23/9/19

Luns 23: Un minuto de silencio pola Terra

Accións Semana polo clima: 20-27 de setembro de 2019. 

Aínda que as nosas non aparecen neste enlace https://praza.gal/movementos-sociais/asi-vai-ser-a-semana-polo-clima-en-galicia tamén, desde o Ceip Rosalía de Castro seguimos concienciándonos sobre o cambio climático. 
Velaquí unhas imaxes e un vídeo deste luns de portas adentro e tamén na vila, acudindo ó Concello para reclamar o dereito infantil a un futuro sostible (seguindo o exemplo da activista sueca Greta Thunberg). @voz natura

  No patio do Ceip:





E tamén unha representación do Ceip no salón de plenos do Concello, coa presenza de dous Concelleiros do equipo de goberno.








17/6/19

Ti e máis eu. Celso E. Ferreiro e a Banda da Loba

Música, poesía, diversidade, rapazada, lingua de signos... 


TI E MAIS EU Celso Emilio Ferreiro

(Non falemos dos bobos
que tódolo adeprenden nos libros.
Non falemos dos parvos
con cara de domingo;
nin dos sapientes memos,
nin dos túzaros listos,
nin do eterno mal gusto
dos probes novos ricos).
Falemos de ti e min
xa que vivimos.
Ti i eu nos ventos
e nos solsticios.
Ti i eu nos bosques
e nos ríos.
Ti i eu, historia
de corpos nidios.
Ti i eu, saudade
de árbores íntimos.
Ti i eu sin tempo
polo tempo imos.
Ti i eu cantando,
chorando e rindo.

3/6/19

Datas voz natura: Xuño

Sen plásticos


Día 5: Día mundial do Medio Ambiente
Día 8: Día Mundial dos Océanos
Día 12: Día Mundial da descontaminación acústica
Día 15: Día Mundial do vento
Día 17: Día Mundial contra a desertificación e a seca
Día 21: Día Mundial do Sol
Día 24: Día Mundial contra a contaminación electromagnética

15/5/19

Seguimos celebrando o Día das Letras

Hoxe e todos os días.


A poesía invade as rúas de Xinzo para celebrar o día das letras


 O alumnado dos institutos e colexios da vila pintou nos pasos de peóns versos de escritores da comarca para conmemorar o día das Letras Galegas deste ano.
 Por Beatriz G. Caneda | Xinzo de Limia | 15/05/2019 |
 O alumnado dos centros de primaria e secundaria de Xinzo de Limia saíu este mércores 15 de maio á rúa co obxectivo de "poetizar a vila". A iniciativa, que consistiu en escribir versos de autores da comarca nos pasos de peóns da capital limiá, parte dos departamentos de Dinamización Lingüística dos centros educativos da vila.
 O alumnado dos centros de Xinzo 'poetiza' as rúas da vila  En total "poetizáronse" 12 pasos de peóns, os dous máis próximos aos centros de primaria e outros dez nunha das rúas principais. Os versos foron elixidos polo profesorado atendendo a que tivesen un sentido completo e fixeran referencia á comarca con topónimos ou xentilicios. Os poetas seleccionados teñen un forte vínculo coa comarca e entre eles atópanse Xabier XiI Xardón ou Chus Pato.
 O obxectivo do proxecto é "crear un sentimento identitario respecto á lingua e á comarca a través das palabras de autores próximos" explicou Asun Caneda, profesora e integrante do equipo de Dinamización Lingüística do IES Cidade de Antioquía. "Intentamos buscar un sentido identitario nos versos a través de topónimos como Antioquía ou referencias aos habitantes", engade.
 Na actividade participou alumnado dos IES Cidade de Antioquía e Lagoa de Antela e dos CEIP Carlos Casares e Rosalía de Castro, contando coa colaboración do Concello da vila.
http://www.galiciaconfidencial.com/noticia/94141-poesia-invade-ruas-xinzo-celebrar-dia-letras

7/5/19

Capoeira no Ceip

A semana pasada tivemos unhas sesións de Capoeira no colexio. Estiveron con nós Sasqwat e Pocahontas para aprendernos e amosarnos esta arte marcial que provén de Brasil. 

Coa práctica deste deporte desenvólvense calidades físicas: flexibilidade, forza músculos; desenvólvense a coordinación e a axilidade, ademais de traballar en gran medida a resistencia cardiovascular. Tamén é un bo traballo de autocoñecemento, autoestima e desexo de superación. Un camiño para chegar ao equilibrio entre corpo, mente e alma.

Aínda que a capoeira teña movemento danzarios, está dentro das artes marciais. Moitos opinan que ten connotacións relixiosas; descríbena como fusión do corpo e mente e está estreitamente ligada ao espiritismo xa que hai cantos e rituais desa índole.

A capoeira execútase nun círculo dentro do cal se enfrontan dúas persoas finxindo que lanzan e esquivan os golpes da loita ao son de berimbau. As pelexas consisten en pasos, patadas, golpes diferentes, varridas, lanzamentos, técnicas de escape e acrobacia. Os practicantes deben pelexar co ritmo da música. Os instrumentos utilizados para tocar a música chámanse: Berimbau, Atabaque e Pandeiro,entre outros.

30/4/19

Creactivity.


Algún alumnado de 4º e 1º de primaria puideron participar desta actividade-obradoiro da Obra Social La Caixa. Tamén animamos ás familias a que participaran acudindo á Praza Carlos Casares pola tarde e na xornada do 1 de maio onde está o camión.
Que é Creactivity?
Un espazo enmarcado no movemento Design Thinking, que pon en xogo a creatividade, a experimentación e a innovación. Proponse unha exploración libre, individual ou colectiva, que permite planificar, crear e construír para dar resposta a retos suxeridos ou propios, mediante a manipulación, observación e exploración de materiais e fenómenos. As propostas, abertas e interdisciplinarias, abarcan disciplinas STEAM e pretenden empoderar ao alumnado para intervir no mundo que lles rodea.

11/4/19

Posta en marcha da incubadora


Se neste segundo trimestre tivemos a Leo (o coello que veu de San Pedro de Laroá) no Ceip, agora e con vistas a que comecen a nacer a primeira semana que nos incorporamos tras as vacacións de Semana Santa, puxemos en marcha o pasado venres 5 de abril a Incubadora.

Desde entón temos ido metendo cada día algúns ovos de diferentes galiñas ata hoxe día 11 na que grazas á xenerosidade de Ángel Isaac tamén incorporamos ovos de Oca, pavo, galiña de
Guinea, patos mudos e patos indios. Setenta e un ovos!!!

Agora a facerlle o seguimento, controlar a temperatura, humidade, volteos... e contar os días. Nuns casos 21-22, noutros 25-28-30, 33-35... 

Uns días antes de que lles vaia tocando nacer pasalos á nacedora e... a gozar do espectáculo se todo vai ben!!! 

A Oca que naceu o pasado curso na nosa incubadora pacendo e de gardiana en Lodoselo

27/3/19

Imos ó Teatro: Bon appètit

https://www.afundacion.org/ga/area-educativa/evento/xenerica.-bon-appetit.-escolares-2018-2019
Unha mestura de teatro físico, música, monicreques e un texto de enredo con moito xogo de palabras, isto é Bon Appètit, a obra de Teatro dos Ghazafellos.
 Esta programación está dirixida exclusivamente a centros escolares. 
 Música / teatro  
Teatro dos Ghazafellos 
Galego / 60 min 
3º e 4º Educación Primaria 
Comedia en clave de clown onde tres chefs «franceses» tentarán mostrar os segredos da cociña galega, seguindo o prestixioso libro de receitas escrito por Álvaro Cunqueiro, A Cociña Galega: «A cociña é arte, a expresión cultural que un pobo desenvolve ao longo do tempo». Cunha posta en escena colorista, estes personaxes enganchan @s nen@s desde o primeiro momento, facéndoos partícipes das desventuras, malos entendidos e solucións para cada prato.

26/3/19

Día Mundial do Teatro



O Día Mundial do Teatro ( World Theatre Day) celébrase o mércores 27 de Marzo de 2019.
O día mundial do teatro creouse en 1961 polo Instituto Internacional de Teatro ( IIT). Celébrase todos os anos o 27 de Marzo polos centros do IIT e a comunidade teatral internacional. Organízanse distintos eventos de teatro nacional e internacional para resaltar esta ocasión. Un dos máis importantes é a distribución da Mensaxe Internacional tradicionalmente escrito por unha personalidade do teatro de talla mundial convidada polo Instituto Internacional de Teatro.

É bo día para lembrar as sabias palabras de Federico García Lorca: «O teatro é a poesía que se levanta do libro e faise humana. E ao facerse humana, fala e grita, chora e desespérase».

21/1/19

Seguimos mellorando os espazos e as actividades

 

    
 


 Velaquí como ten ido collendo un aspecto atraínte este espazo, antigo laboratorio, despois sala de informática e agora espazo creativo anexionado á biblioteca do centro.
Ultimamente púxose unha pantalla e proxector e por fin comezaron os distintos recunchos (non todos) a funcionar. Hoxe, ademais dos ordenadores, seguían os xogos de mesa, os experimentos e o noso escornaRa... Seguiremos informando.
Cada semana, na hora de recreo os cursos dun mesmo nivel poderán acceder a este espazo e gozar das distintas actividades que temos planificadas. Ademais no horario semanal que cada aula ten da biblioteca os titor@s poden acceder ós recursos que seguimos incorporando.  

18/1/19

No mercado, cos bolechas, con Lito e no Xpazo

Si, algo de todo. Actividades fóra do Centro: no Mercado (peixería, carnicería, Coren...) o alumnado de Infantil, no Xpazo, coñecendo de primeira man este proxecto social e cultural alternativo con un mes de vida, o alumnado de 4º de primaria; recreando neste acolledor local e alentados polos artífices que o promoven unha actividade de colaboración, emprendemento, innovación... Grazas a todas estas persoas que nos posibilitan estas visitas e actividades. 
E tamén no centro; o alumnado de 1º e 2º de primaria cunha actividade moi dinámica e divertida dos bolechas: os electrecos nunha importante misión ecoloxista: axudar a reducir e reciclar os residuos de aparellos eléctricos e electrónicos. E se nesta actividade o animador era un crack xusto co alumnado de 6º de primaria tivemos outro, ben coñecido aquí entre nós: Lito cos xogos populares do Centro de Cultura Popular Xaquín Lourenzo. Graciñas e parabéns.

15/12/18

Torneo escolar de Xadrez

Os beneficios de xogar ao Xadrez : 
1.- Eleva o coeficiente intelectual
2.- Exercita ambos hemisferios cerebrais.
3.- Mellora a creatividade.
4.- Potencia a memoria.
5.- Axuda a resolver problemas.
6.- Facilita a concentración....
Por toso esto, dende a ANPA, presentamos....


30/10/18

Presentación da nosa escornaRá



 Primeiros pasos: biblioteca creativa. Escornabot / Robótica... EscornaRá