Mostrando entradas con la etiqueta adquisicions. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta adquisicions. Mostrar todas las entradas

17/5/18

Pendentes da incubadora

 

 


Neste curso conseguimos unha incubadora espectacular para o Ceip. Grazas a algúns membros da comunidade educativa (sempre é necesaria esta implicación: comunidade, familias, centro educativo) poidemos traela, montala e agora aí estamos contando os días que faltan para ver se comezan a nacer os poliños; temos ovos de diferentes galiñas e de diferentes lugares (moita mestizaxe porque hai Araucanas, de Mos, Piñeira, de kikas... que viñeron de Lodoselo, Rairiz de Veiga, Vilar de Barrio, Lamas, Baronzás...); pero tamén temos algún ovo de Pava, de Oca, de Galiñas de Guinea... Os primeiros ovos metémolos o martes da pasada semana, 8 de maio, e desde entón temos ido metendo algúns así que ide botando contas para estar pendentes e a ver se temos a sorte de velos nacer. 
Moitas grazas a todas as persoas que contribúen a que estas pequenas accións vaian adiante. 

25/1/18

Presentación de "O Froilán", ilustrado por Ana Mon

Asistimos hoxe No Liceo Recreo Ouresán á presentación do primeiro libro de Mercedes Gallego Esperanza titulado "O Froilán", que ten como ilustradora á nosa profe Ana Mª Mon Delgado. Non temos máis que felicitacións por este marabilloso traballo e informar á toda a nosa comunidade educativa que xa dispomos dun exemplar deste título ao voso dispor na nosa Biblioteca Escolar e outro na Biblioteca de nais/pais. Non dubidedes en solicitalo en préstamo!