5/3/16

Estivemos con Antón Riveiro Coello, amigo e admirado escritor limiao





 Onte, venres tivemos a sorte de estar con Antón Riveiro Coello en Ítaca, onde se presentou a súa última obra "Os elefantes de Sokúrov". Na mesa acompañárono: o representante de Galaxia, Fernando Fernández González; o escritor Xesús Laíño; o xerente do café Ítaca, Gonzalo Peláez e  concelleiro de Turismo de Xinzo, Carlos Gómez. Amig@s, coñecid@s e veciñ@s, ninguén quixo perderse a oportunidade de escoitar a Antón Riveiro Coello falando sobre a súa nova obra. O local quedouse pequeno. 
 As fotos que poñemos aquí (gracias a Fernando, de Galaxia) recollen a un grupo de alumn@s deste curso e do curso pasado que quedamos ó final para que nos asinara os libros e para falar con el; xa lle dixeron (queriamos que fose un segredo, pero...) que temos moitos textos del polo Ceip adiante (microrrelatos) e convidámolo a vir ó Rosalía de Castro.  Moitas grazas, Antón! Moitas grazas por tanta complicidade e por compartir tantos soños.
   

1 comentario:

  1. Un dos momentos máis interesantes e emotivos do venres foi precisamente compartir historias con esa morea de artistas que me fixeron rir un cacho (aínda me vén un sorriso á boca cando lembro a pregunta dunha delas que quería saber se eu tiña limousine). Con todo, o máis importante foi comprobar que, xunto á espontaneidade, aínda fervía un fermoso galego nos seus beizos. Dádelles unha aperta de elefante para todos eles, e outra para os que os levaron á presentación. Un millón. Antón R.

    ResponderEliminar